Pseudochondrostoma polylepis

(Redirección desde «Chondrostoma polylepis»)

A boga (Pseudochondrostoma polylepis) é unha especie de peixe teleósteo da familia dos ciprínidos.

É un endemismo da conca do Texo, na Península Ibérica e foi introducida nas concas do Xúcar e Segura. O seu hábitat natural son os ríos e cursos de auga intermitentes. Está ameazada por perda de hábitat. En España chega a alcanzar os 40 cm de longo. É de cor prateada e as súas aletas son case brancas. A súa alimentación é omnívora. A boga é un dos ciprínidos máis apreciados en España por pescadores recreativos xa que é un peixe de bo tamaño.

Na Península Ibérica, outras especies coñecidas de bogas son a boga do Guadiana (Pseudochondrostoma willkommii), que soamente habita na conca deste río e algunhas zonas do Guadalquivir e a boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense) endémica da conca do Douro.

  1. Crivelli, A.J. 2005. Chondrostoma polylepis. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. 19 xullo de 2007
  2. Leunda, P. M.; Elvira, B.; Ribeiro, F.; Miranda, R.; Oscoz, J.; Alves, M. J. & Collares-Pereira, M. J. 2009 International standarization of Common Names for Iberian Endemic Freshwater Fishes. Limnetica. 28: 189-202. url = "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2010.  ISSN = 1989-1806