Zamburiña
Zamburiña Mimachlamys varia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758) |
A zamburiña (Mimachlamys varia) é un molusco bivalvo da orde dos pectínidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, unha das 18 especies integradas no xénero Mimachlamys.[1]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Ostrea varia.[1]
Distribución e hábitat
editarDistribución
editarEsta especie vive no mar do Norte, na Canle da Mancha, nas costas do océano Atlántico e no mar Vermello.[2]
Hábitat
editarÉ unha especie que vive en augas pouco profundas, até uns 100 m de profundidade, ao longo de zonas rochosas costeiras. Habitualmente vive debaixo de pedras ou entre algas.[2]
Características
editarA cuncha é ovalada, de até 60 mm de diámetro, coas orellas moi diferentes: as anteriores son alongadas e as posteriores moito máis pequenas; entre elas hai un pequeno canal. A valva superior presentga numerosas costelas, fortes, radiais, e que case sempre son escamosas preto do bordo. A cor é moi variábel, en xeral parda violácea escura.[3]
Vive en fondos de cascallo, desde o litoral inferior até os 30 m de profundidade, moitas veces fixada ao substrato por un biso.[3]
É moi abundante en Galicia nalgunhas zonas.[3]
É comestíbel, polo que ten sido moi procurada para a súa comercialización, principalmente en conserva.[3]
Protección
editarMimachlamys varia está en hábitats protexidos en Strangford Lough, en Irlanda do Norte, e debido ao seu rápido declive alí, polo que está catalogada como unha especie prioritaria de Irlanda do Norte.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Oakley, J. A. (2007): Variegated scallop (Chlamys varia). Marine Life Information Network.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Rolán & Otero-Schmitt 1966, p. 208.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zamburiña |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de zamburiña |
Bibliografía
editar- Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1966): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
- Anuario de pesca 2017. Anexo III cos nomes das especies, publicado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán).