Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1914 Friol, España |
Morte | 1986 (71/72 anos) Lugo, España |
Causa da morte | suicidio, afogamento |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, funcionario |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | María Luisa Maceda Méndez |
Fillos | tres (Celestino, Luís e Alberto) |
Pai | Higinio Fernández de la Vega Pasarín |
Descrito pola fonte | Diccionario enciclopédico galego universal Dicionario biográfico de Galicia Diciopedia do século 21 |
Traxectoria
editarFoi o sexto de oito fillos do notario Higinio Fernández de la Vega Pasarín, de Castroverde, e Ánxela Pardo Saavedra, de Friol. Con once anos de idade abandonou a súa vila natal para mudarse a Lugo coas súas irmás mais vellas e estudar o bacharelato.[1] En 1930, para compracer os desexos do seu pai, comezou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois de catro anos foi rematala a Madrid. Alí coñeceu a Pío Baroja. Pouco despois de realizar os últimos exames foi mobilizado e combateu no bando nacional durante a Guerra civil española, pasando por Estremadura, Teruel e Asturias.[2]
Rematado o conflito, comezou a preparar as oposicións a técnico da Administración, que gañou en 1940, e foi destinado ao Goberno Civil de Lugo. Alí foi asiduo de varios parladoiros con Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antonio Figueroa, Luciano Penedo e Ramón Piñeiro. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e colaborou en publicacións como El Progreso, La Noche, Grial ou Galicia Emigrante.
Fernández de la Vega tratou de pór en valor o que entendía como características fundamentais do ser galego: a saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo. Importantes obras súas que tratan estes temas son "Abrente e solpor da paisaxe" de 1958[3] e mais O segredo do humor.[4] Foi autor de numerosos artigos xornalísticos. Formou parte da comisión do patrimonio histórico-monumental de Lugo e foi o encargado de escribir sobre Lugo na Gran Enciclopedia Galega.[5]
O humor, segundo a concepción do autor estaba entre medias do lado serio do cómico e o ridículo do serio. Para Fernández de la Vega o humorista máis relevante das literaturas hispánicas do século XX foi o nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[6]
Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.[cando?]
No ano 1980 sufriu un infarto e entrou nun estado de forte aprehensión.[7] Tras desaparecer do seu domicilio o 25 de marzo de 1986, o seu corpo foi achado no río Miño o día 15 de abril.[8]
Obra
editarEnsaio
editar- O segredo do humor, 1963, Galaxia.[9]
- El enigma de Santa Eulalia de Boveda, 1970, Lugo.
- Ensaios a proba do tempo, 2009, Galaxia.[10] Inclúe:
- (1951) "Cultura y comunicación", en Presencia de Galicia. Colección "Grial" 1. Galaxia.
- (1951) "Perfil gallego de Valle-Inclán", en Seara Nova (Lisboa)
- (1952) "Campanas de Bastabales", en 7 ensayos sobre Rosalía» (Galaxia)
- (1958) "Abrente e solpor da paisaxe", en Homaxe a Otero Pedrayo no seu LXX aniversario do seu nacemento (Galaxia)
- (1959) "Vida e poesía de Luís Pimentel" en Sombra do aire na herba (Galaxia)
- (1956) "Introdución a Da esencia da verdade" en Da esencia da verdade (Galaxia)
- (1963) "Braque, pintor de lo nunca visto", en Grial n.º 2.
- (1967) "Sobre la persona y la obra de García-Sabell", en Grial n.º 15.
- (1969) "Presencia de Rof Carballo" en El Progreso.
- (1988) "Heidegger e Nietzsche" en Luzes de Galiza n.º 12, pp. 35-38.
Traducións
editar- Do alemán ao galego [11]
- Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, con Ramón Piñeiro, 1951, Galaxia.
- Da esencia da verdade, de Martin Heidegger, con Ramón Piñeiro, 1956, Galaxia.[12]
- Do galego ao castelán
- Dos ensayos sobre la saudade, de Ramón Piñeiro, Buenos Aires: Ed. Alén-Mar, 1961.
- Do alemán ao castelán
Traduciu, do alemán ao castelán, manuais de dereito administrativo que lle foron encargados polo Estado español.[13][5]
- De Otto Nass, Reforma administrativa y ciencia de la administración, Madrid: Estudios Administrativos, 1964.
- De P. Neumann, La administración reguladora de la economía, Madrid: Estudios Administrativos, 1964.
- De E. Forsthoff, Sociedad industrial y Administración Pública, Madrid: Estudios Administrativos, 1967.
- De E. R. Hubber, Administración autónoma de la Economía, Madrid: Estudios Administrativos, 1967.
- De K. Behlert, Principios de organización, Madrid: Estudios Administrativos, 1967.
Notas
editar- ↑ Arias Gómez 2017, p. 3.
- ↑ López Vázquez 2007, p. 29.
- ↑ "Abrente e solpor da paisaxe", en VVAA (1958). Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Vigo, Editorial Galaxia, pp. 103-128.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. pp. 429–431. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ 5,0 5,1 Arias Gómez 2017, p. 6.
- ↑ "Celestino Fernández de la Vega" na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Arias Gómez 2017, p. 7.
- ↑ "Celestino Fernández de la Vega, escritor". El País (en castelán). 17 de abril de 1986..
- ↑ Publicada traducida ao castelán, en Buenos Aires, en 1967.
- ↑ Fernández de la Vega, C. (2009). Ensaios a proba do tempo. Galaxia. ISBN 978-84-9865-188-1.Fernández de la Vega&rft.btitle=Ensaios a proba do tempo&rft.date=2009&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-9865-188-1&rft.pub=Galaxia&rft_id=https://books.google.es/books?id=fWfbrtlIc5kC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Celestino Fernández de la Vega na Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Da esencia da verdade en Google Books.
- ↑ López Vázquez 2007, p. 142.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 67. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 58.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 892. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 83. ISBN 84-7680-288-9.
- Arias Gómez, Noelia (2017). Celestino Fernández de la Vega e as súas publicacións no diario lucense El Progreso. Facultade de Humanidades. USC. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2022. Consultado o 07 de xaneiro de 2022.Arias Gómez&rft.btitle=Celestino Fernández de la Vega e as súas publicacións no diario lucense El Progreso&rft.date=2017&rft.genre=book&rft.pub=Facultade de Humanidades. USC&rft_id=https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15848&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 72.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=72&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Fernández, Carlos (1988). O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega. Caixa Galicia.Fernández&rft.btitle=O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega&rft.date=1988&rft.genre=book&rft.pub=Caixa Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 151.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.genre=book&rft.pages=151&rft.place=Sada&rft.pub=Ediciós do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- López Lorenzo, Siro (2001). Celestino Fernández de la Vega. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2981-2.López Lorenzo&rft.btitle=Celestino Fernández de la Vega&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=84-453-2981-2&rft.pub=Xunta de Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- López Vázquez, J. Ramón (1993). Celestino Fernández de la Vega: pensamento universal desde a provincia. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-645-9.López Vázquez&rft.btitle=Celestino Fernández de la Vega: pensamento universal desde a provincia&rft.date=1993&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-645-9&rft.pub=Ediciós do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ————————— (2007). Celestino Fernández de la Vega: pensador do novo galeguismo (PDF). CIRP. ISBN 978-84-453-4476-7.López Vázquez&rft.btitle=Celestino Fernández de la Vega: pensador do novo galeguismo&rft.date=2007&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-453-4476-7&rft.pub=CIRP&rft_id=http://www.cirp.es/pub/docs/varios/celestino.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Marín Escudero, Juan Luis (1988). Lenguaje y alteridad : Celestino F. de la Vega en diálogo con la filosofía francesa contemporánea (en castelán). Caixa Galicia. ISBN 84-505-7987-2.Mar�n Escudero&rft.btitle=Lenguaje y alteridad : Celestino F. de la Vega en diálogo con la filosof�a francesa contemporánea&rft.date=1988&rft.genre=book&rft.isbn=84-505-7987-2&rft.pub=Caixa Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Piñeiro, Ramón; et al. (2005). "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Gran Enciclopedia Galega (DVD). ISBN 84-87804-88-8.Piñeiro&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 210. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA. Revista Grial, numero 95, 1987 Arquivado 19 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine..
Outros artigos
editarA Galicitas posúe citas sobre: Celestino Fernández de la Vega |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Celestino Fernández de la Vega |
Ligazóns externas
editar- Xenealoxía Arquivado 02 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- Cartas de Celestino Fernández de la Vega a Luís Seoane. Proxecto epístola. CCG.
- Caravel, María (19/2/2014). "Celestino Fernández de la Vega por fin tiene placa". La Voz de Galicia (en castelán).Caravel&rft.chron=19/2/2014&rft.genre=article&rft.jtitle=La Voz de Galicia&rft_id=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/02/19/celestino-fernandez-vega-fin-placa/0003_201402L19C12991.htm&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">