Cebú (boi)
Cebú | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||
Bos taurus indicus Linnaeus, 1758 [1] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O cebú[2], Bos taurus indicus (ás veces denominado Bos primigenius indicus), é unha subespecie de bovino doméstico orixinaria de Asia.
Taxonomía
editarNo pasado discutiuse moito a identidade deste animal, chegando a ser considerado como unha especie independente (Bos indicus), así como a súa orixe. Tras suxerirse a súa descendencia d gauro (Bos gaurus) e do banteng (Bos javanicus), demostrouse hoxe en día que o cebú é en realidade un descendente da subespecie de uro que habitaba antigamente na India, Bos primigenius namadicus, e que foi domesticada contra 8000 a. C. En consecuencia, o cebú pertence á mesma especie Bos primigenius que calquera das outras subespecies e razas de gando vacún que existen, aínda que seguen sen descartarse posíbeis cruzamentos no pasado coas outras dúas especies de bois salvaxes asiáticos citadas.
Características
editarOs cebús caracterízanse pola presenza de cornos normalmente curtos, orellas caídas, xiba pronunciada sobre os ombros e ampla papada. A pelaxe é curto e de cor clara, frecuentemente branca, e uniforme, aínda que nalgúns individuos pode estar salpicada de manchas pequenas escuras.
Utilidade
editarA súa utilidade como animal doméstico está fóra de dúbida, pois podemos dicir que serve para case todo. Utilízase como animal de carga e tiro, tanto nos carros como nos arados. E tamén se aproveita o seu leite, a pel e a carne, aínda que esta só é consumida polos practicantes do hinduísmo cando o animal morreu previamente de vello.
A grande utilidade deste animal desde hai tanto tempo acabou por convertelo na tradición brahmánica nunha reencarnación da fertilidade da terra. Darlle a morte, ou o simple feito de molestalo por nada, é considerado un sacrilexio. Como consecuencia disto, a India é actualmente o país coa maior cabana bovina do mundo, e os cebús pasean con total tranquilidade incluso por rúas atestadas de tráfico.
Os cebús tamén están presentes no sur da China, Indochina, Malaisia, Indonesia e Filipinas, así como no Oriente Medio e na península Arábiga. A súa resistencia á calor e ás enfermidades tropicais fixeron que xa na época do Imperio Novo fora introducido en Exipto, e posteriormente en toda a África oriental e en Madagascar.
Durante os séculos XIX e XX leváronse exemplares a Australia, os Estados Unidos e América Latina, en especial ao Brasil, Colombia e Centroamérica onde se cruzou coas razas locais.
En 2011 no Brasil descifrouse o xenoma da subespecie Bos taurus indicus coa finalidade de mellorar a calidade da súa carne, que representa a maior parte das exportacións deste tipo do país.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Bos taurus indicus Linnaeus, 1758 en SIIT (en inglés)
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cebú.
- ↑ "Investigación liderada por Brasil descifra el genoma del cebú" (en Español urlmorta=si). Xinhua. 11 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 2 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cebú |
Ligazóns externas
editar- Chenost, M. e C. Kayouli (1997): Utilisation des fourrages grossiers en régions chaudes. Roma: FAO.