Castro de Vigo
poboado fortificado en Vigo
O Castro de Vigo é un castro, un antigo poboado fortificado, situado no Monte do Castro, na cidade de Vigo. Ten unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas que comprende construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización).
Está datado entre os séculos II antes de Cristo ao III despois de Cristo[1] coincidindo coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización. Nos primeiros anos do século XXI a escavación arqueolóxica é restaurada e convertida nun museo a ceo aberto.
Notas
editar- ↑ "Xacemento do Castro". Turismo de Vigo. 2012-10-29. Consultado o 2021-06-20.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Vigo |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Hidalgo Cuñarro, José Manuel (1983). Excavaciones arqueológicas en el Castro de Vigo (en castelán). Museo Municipal Quiñones de León. ISBN 84-500-8678-7.
Ligazóns externas
editar- Castro de Vigo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.