Castor Cordal Garrido
Castor Cordal Garrido, nado en Corvillón (Cambados) en 1909 e finado en Portela o 15 de setembro de 1936, foi un electricista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Corvillón, España |
Morte | 15 de setembro de 1936 (26/27 anos) Portela, España |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
Lugar de sepultura | fosa no cemiterio de Curro (–2009) |
Actividade | |
Ocupación | electricista |
Traxectoria
editarElectricista, pertencía á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en diferentes lugares até que foi descuberto por un delator. Detido en setembro, estivo na prisión do pazo de Fefiñáns e foi asasinado con Ramón Barreiro Rodríguez nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa en Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos detrás do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. A súa irmá Josefina non puido entrar á escola por ser irmá de "rojo". Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.[1][2]
Notas
editar- ↑ Elena Larriba (22 de outubro de 2009). "Setenta y tres años después". La Voz de Galicia.
- ↑ "Ramón Barreiro y Castor Alonso, identificados 74 años después". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fajardo, Montse (2015). "O pizarrillo na ventá". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 71–82. ISBN 978-84-608-1274-6.
Ligazóns externas
editar- "Cando o levaron sabía que ía morrer". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2009.