Judith Rumelt, máis coñecida polo seu pseudónimo de escritora Cassandra Clare, nada o 27 de xullo de 1973 en Teherán (Irán), é unha autora estadounidense de ficción adulto-xuvenil coñecida pola súa serie best-séller The Mortal Instruments.

Modelo:BiografíaCassandra Clare

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Judith Rumelt Editar o valor en Wikidata
27 de xullo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Teherán, Irán Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBarnard College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFicción especulativa e literatura dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, novelista, xornalista, escritora de literatura infantil, guionista, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoLiteratura xuvenil Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCassandra Clare Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoshua Lewis Editar o valor en Wikidata
PaiRichard Rumelt Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcassandraclare.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3673996 Allocine: 413744 Allmovie: p716125
Twitter: cassieclare BNE: XX4794143 Musicbrainz: ec28339e-2741-4c8b-b521-6be91e228391 Discogs: 4557957 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pais estadounidenses naceu en Teherán (Irán). É filla do tamén autor Richard Rumelt e neta do produtor de cine Max Rosenberg.

Tras unha infancia na que viaxou moito (Suíza, Inglaterra, Francia...), afincouse nos Ánxeles para cursar a educación secundaria. A partir de entón compaxinou este lugar de residencia con Nova York, onde traballou en diversas revistas de entretemento, como The Hollywood Reporter.

Mentres vivía en California comezou a escribir fan ficion empregando o pseudónimo de Cassandra Clare. The Drako Triology, baseada en Harry Potter, en concreto no personaxe de ficción Drako Malfoy, e The Very Secret Diare baseado no Señor dos Aneis foron moi populares. Con todo, Cassie, retirou de Internet estas obras xusto antes de que saíra publicada a súa primeira novela, City of Bones.

É amiga da escritora Holly Black e, en ocasións, os seus libros sobrepóñense. Cassie fai referencia aos personaxes de Holly e viceversa, como en Valliant cos personaxes Val ou Luis de Holly.

Na actualidade reside en Amherst (Massachusetts) co seu marido Joshua Lewis e tres gatos.

City of Bones

editar

En 2004, Cassie comezou a traballar na súa primeira novela, City of Bones, inspirada na paisaxe urbana de Manhattan. Esta novela foi lanzada por Simon & Schuster en 2007.

City of Bones é unha historia fantástica contemporánea que xira en torno os personaxes de Clary Fray, Jace Wayland e Simon Lewis. Esta novela converteuse nun auténtico bestseller do New York Times dende o seu lanzamento. City of Ashes e City of Glass completan a triloxía, da que saíu, en 2011, unha cuarta parte, City of Fallen Angels e en 2012 unha quinta, City of Lost Souls, convertendo a triloxía nunha saga que finalizou en 2014 coa sexta entrega, City of Heavently Fire.

En 2009, Cassie tamén anunciou unha nova triloxía, precuela da anterior saga, chamada The Infernal Devices ambientada no mesmo universo ca The Mortal Instruments, pero situada na era vitoriana. Libros que conforman esta triloxía: Clockwork Angel, publicado no 2010, Clockwork Prince, publicado no 2011, e Clockwork Princess, publicado no 2013.

En 2013, City of Bones, foi levado ao cine por Unique Features e Constantin Film. Foi Jessica Postigo quen escribiu o guión e foi protagonizada pola actriz Lily Collins, quen interpretou o papel protagoista con Clary Fray, e Jamie Campbell Bower, quen interpretou o de Jace Wayland.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar