Carta das Nacións Unidas

A Carta das Nacións Unidas é o tratado internacional fundador do organismo, e que fai ás veces da súa constitución interna.[1] O documento foi subscrito o 26 de xuño de 1945 na cidade de San Francisco, Estados Unidos, suxeito á ratificación de diferentes países. Os primeiros en facelo foron Nicaragua e O Salvador, seguidos polos Estados Unidos.

Carta das Nacións Unidas
Acrónimo国連憲章
Tipotratado constitutivo, carta e estatuto jurídico
Data de fundación1945
37°46′39″N 122°24′59″O / 37.7775, -122.4164
Na rede
https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/No Volume/Part/un_charter.pdf
BNE: XX313023
editar datos en Wikidata ]

Estrutura da Carta

editar

A Carta consiste dun preámbulo e unha serie de artigos divididos en capítulos.

  • Capítulo I. Suscita os principios e propósitos das Nacións Unidas, incluíndo as provisións importantes do mantemento da paz internacional e seguridade.
  • Capítulo II. Define o criterio para a membresía nas Nacións Unidas.
  • Capítulo III. Describe os órganos da ONU.
  • Capítulo IV. Define a Asemblea Xeral.
  • Capítulos V-VI-VII. Definen o Consello de Seguridade, arranxo pacífico de controversias, accións en casos de ameaza da paz e defensa rexional.
  • Capítulo IX. Sobre a cooperación internacional económica e social.
  • Capítulo X. Sobre o Consello Económico e Social.
  • Capítulos XI-XII-XIII. Declaración relativa aos territorios non autónomos, réxime internacional de administración fiduciaria e establece o Consello de Administración Fiduciaria.
  • Capítulo XIV. Establece as funcións e integración da Corte Internacional de Xustiza.
  • Capítulo XV. Establecen as funcións da Secretaría Xeral.
  • Capítulos XVI e XVII. Disposicións varias e acordos transitorios de seguridade.
  • Capítulo XVIII. Define os mecanismo de reforma da Carta.
  • Capítulo XIX. Define a forma da sinatura e rectificación da Carta.

Capítulos importantes

editar

Capítulos importantes son os que tratan sobre a estrutura e poder dos organismos da ONU.

  • O Capítulo VI describe o poder do Consello de Seguridade para investigar e mediar disputas.
  • O Capítulo VII describe o poder do Consello de Seguridade para autorizar sancións económicas, diplomáticas e militares así como o de forzas militares para resolver disputas. Fundándose neste capítulo creáronse os Tribunais Penais Internacionais para Ruanda e Iugoslavia.
  • Os Capítulos IX e X describen os poderes da ONU para a cooperación económica e social e ao Consello Económico e Social que vixía estes poderes. Estes capítulos son a base de todo o sistema de axencias económicas, sociais e culturais especializadas e técnicas das Nacións Unidas
  • Os Capítulos XII e XIII describen o réxime internacional de administración fiduciaria e establecen o Consello de Administración Fiduciaria
  • Os Capítulos XIV e XV que establecen as funcións e integración da Corte Internacional de Xustiza e a Secretaría Xeral da ONU respectivamente.
  1. "Introductory Note". United Nations Organization. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2005. Consultado o 9 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar