Carnota - Monte Pindo
Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.[1][2][3][4][5][6]
Tipo | Zona de especial conservación | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Carnota, España, Cee, España, Dumbría, España e Mazaricos, España | |||
| ||||
Características | ||||
Punto máis alto | Monte Pindo (627 m ) | |||
Superficie | 4.673,85 ha | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.[4][5][6]
Hábitats
editarO ambiente mariño do parque é de augas oligotróficas e mesotróficas. No litoral conta con furnas mariñas e áreas de area sempre cubertas polo mar. Ademais na costa hai calas e baías pouco fondas e arrecifes. Na primeira fronte do litoral hai chairas de lama ou areosas, na marisma, e lagoas costeiras, no seu interior.[6]
Os ríos, como o Miñóns, o Xallas ou Valdebois, van dos pisos de basal á costa. Nos cantís aparecen vexetación típica da costa atlántica e báltica, con argazos e vexetación perenne de coídos. Nas zonas pioneiras da vexetación, como as áreas de lama ou area, aparecen especies pioneiras como Salicornia. Os pasteiros do litoral teñen Spartina ou outras especies halófilas atlánticas. As matogueiras, máis do interior do litoral, son de especies mediterráneas e termoatlánticas. No caso dos bosques, hainos con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior nas beiras das augas e de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[6]
O espazo natural con dunas tanto móbiles que están comezando a súa formación como outras litorais, dunas brancas, nas que está Ammophila arenaria. Hai outras dinas xa fixas, non móbiles, onde medra a vexetación e semellan dunas grises, e outras xa fixas e descalcificadas ou vexetación esclerófita. Entre as dunas hai áreas de depresión, ou caídas, nas que se forman zonas húmidas.[6]
As turbeiras nos altos do parque seguen activas. Nalgúns substratos de turbas formados por Rhynchosporion fórmanse ocos ou depresións. Sobre das rochas de silíceos aparece vexetación pioneira na sucesión ecolóxica.[6]
Os queirogais que hai son propios de rexións húmidas e fórmano as especies Erica ciliaris e Erica tetralix, e outros queirogais de zonas secas europeas. Laurus nobilis nalgunhas zonas forma matogueiras. Hai estepas de gramíneas, en áreas máis secas, e prados húmidos onde medran especies de Molinia e prados de sega nas chairas máis baixas do espazo natural.[6]
Flora e Fauna
editarAs especies da flora e fauna en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son[6][7]:
Flora
editarEspecie[6] |
---|
Arnica montana |
Iris boissieri |
Narcissus bulbocodium |
Narcissus triandrus |
Ruscus aculeatus |
Fauna
editarInvertebrados
editarEspecie[6] |
---|
Cerambyx cerdo |
Coenagrion mercuriale |
Elona quimperiana |
Geomalacus maculosus |
Hirudo medicinalis |
Lucanus cervus |
Peixes
editarEspecie[6] |
---|
Alosa alosa |
Alosa fallax |
Chondrostoma duriense |
Anfibios
editarEspecie[6] |
---|
Alytes obstetricans |
Bufo calamita |
Chioglossa lusitanica |
Discoglossus galganoi |
Rana iberica |
Rana perezi |
Triturus marmoratus |
Réptiles
editarEspecie[6] |
---|
Chalcides bedriagai |
Coronella austriaca |
Iberolacerta monticola |
Lacerta schreiberi |
Aves
editarMamíferos
editarNotas
editar- ↑ "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ 4,0 4,1 "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Carnota - Monte Pindo, Código do ZEC ES1110008. Conselleraría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2017-07-06.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. LIC Carnota-Monte Pindo
- ↑ Listado de especies Especies da lexislación DC92/43/CEE e da DC2009/147/CE.