Carmen Blanco García

escritora galega

Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954,[1] é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Modelo:BiografíaCarmen Blanco García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, ensaio e narración Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClaudio Rodríguez Fer Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX930573 BUSC: blanco-garcia-carmen-1954 Dialnet: 1391989
Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022.

Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Traxectoria

editar

Traxectoria vital

editar

A comezos dos setenta participou no movemento feminista galego a través de organizacións como a Asociación Galega da Muller (AGM) ou Feministas Independentes Galegas.[2] Tamén colaborou coa revista Festa da Palabra Silenciada e con A Saia. No ano 2000, fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá". Dedicou boa parte do seu activismo ao feminismo e ao estudo das relacións entre a literatura e a muller, do que son mostra os libros Literatura galega da muller (1989), Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995), O contradiscurso das mulleres (1995), Mulleres e independencia (1995), Sexo e lugar (2006), Feministas e libertarias (2010) ou Letras lilas (2019).

 
Esta placa co texto "Amo, mais non teño amo", de Carmen Blanco, foi instalada nun monólito o 25/11//2008 en memoria das vítimas da violencia de xénero, na praza de Emilia Pardo Bazán do Carballiño.

Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española, con primeiro destino en Santiago de Compostela e segundo en Chantada, e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio, con destino en Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e na Facultade de Humanidades de Lugo. En 1994 leu na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas, dirixida por Anxo Tarrío.[3] Exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.

É autora dunha morea de obras ensaísticas do seu campo profesional de coñecemento, a filoloxía e a literatura galegas, con libros referidos a moitas das grandes figuras como Ricardo Carvalho Calero, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra ou María Mariño. Colaborou en gran cantidade de libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Dende 1974 comparte vida e parte da súa actividade profesional e civil con Claudio Rodríguez Fer, con quen ten unha filla.[4][2] Con el fundou no 2005 a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, onde exerceu de secretaria. Formou parte do Consello da Memoria, recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2014) e é autora, con Rodríguez Fer, da exposición “Vermellas” (2009) e do libro Vivas en nós (2011), en homenaxe ás mulleres represaliadas polo levantamento militar de 1936.

Traxectoria artística

editar

Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[5] dende 1996.

A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira (BVG, 2004), Un mundo de mulleres (Biblos, 2011) e Lobo amor (Unión Libre, 2011).

A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos (Xerais, 2004) e Atracción total (Xerais, 2008).

Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982) -Premio da Crítica Española en 1982-, Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor, e foi tamén a creadora do logotipo de Unión Libre.

A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura (Linteo, 2007) e poemas da serie “Lobo azul” (Unión Libre, 2005).

Obra en galego

editar

Ensaio

editar

Narrativa

editar

Poesía

editar

Conversas

editar

Traducións

editar
  • Do amor e da literatura (2007). Ourense: Linteo.
  • "Dos hortos de Afrodita en Lesbos. Paráfrases de Safo", de Enma Luaces, en Do amor e da literatura (2007). Ourense: Ediciones Linteo.

Edicións

editar
  • Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza (1991). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Umha voz na Galiza, de Ricardo Carvalho Calero (1992). Santiago: Sotelo Blanco. Reedición en 2020 con Pilar García Negro, Universidade da Coruña.
  • A casamenteira, de Antonio Benito Fandiño (2000). Ourense Ediciones Linteo. Con Xosé Ramón Barreiro e Laura Tato Fontaíña.
  • Antoloxía poética, de Uxío Novoneyra (1997). Vigo: A Nosa Terra/AS-PG.
  • Historias fidelísimas, de Luz Pozo Garza (2003). Santiago: PEN Clube de Galicia.
  • Memoria solar, Obra poética, de Luz Pozo Garza (2004). Ourense: Linteo.
  • María Mariño Carou. Día das Letras Galegas 2007 (2007). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014 (2014). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Manuel María. Día das Letras Galegas 2016 (2016). Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 9788416533626

Obras colectivas

editar

Con Claudio Rodríguez Fer

editar
  • Tigres de ternura (1981, 1982). Deseñadora. Reprografía 1846.
  • Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1989). Vigo: Xerais. Coeditora. 9ª edición revisada en 2019 en Xerais.
  • Os eidos, de Uxío Novoneyra (1990). Vigo: Xerais. Coeditora. ISBN 978-84-7507-455-9
  • Vermellas. Chamábanlles "rojas" (2009). Universidade de Santiago de Compostela. 60 páxs.
  • Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936 (2011). Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. 36 páxs.
  • Correspondencia con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer., de Isaac Díaz Pardo (2020). Sada: A.C. Irmáns Suárez Picallo.
  • Arte epistolar. Envíos, poemas e debuxos para Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer de Luz Pozo Garza con Claudio Rodríguez Fer (2020). Lugo: Unión Libre, Cadernos de vida e culturas.
  • Nós. Galicia mártir. Milicianos. Atila en Galicia, de Castelao (2022). Madrid: Akal.

Obra en castelán

editar

Traducións

editar

Edicións

editar
  • La mujer del porvenir. La mujer de su casa, de Concepción Arenal. Ateneo de Santiago - Universidade de Santiago de Compostela. Edición facsimilar bicentenario 1820-2020.
  1. "Carmen Blanco García – ilustradora y anarcofeminista". puertoreal.cnt.es. Arquivado dende o orixinal o 10-03-2018. Consultado o 10-03-2018. 
  2. 2,0 2,1 "Carmen Blanco". Biblioteca Virtual Galega. Arquivado dende o orixinal o 04-04-2008. Consultado o 10-03-2018. 
  3. "Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas". dialnet. Consultado o 10-03-2018. 
  4. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Blanco García, Carmen". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 70-71. ISBN 84-8064-113-4. 
  5. Unión libre. Cadernos de vida e culturas
  6. Versión en castelán como El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997) ISBN 84-87709-53-2. Traducida por Olga Novo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar