Carles Casals Ribes
Carles Casals i Ribes, nado en Barcelona en 1852 e finado en Bonastre en 1908, foi un organista, pianista e compositor moi vinculado á vila de El Vendrell (Cataluña). Os seus fillos Enric e, moi especialmente Pau Casals foron músicos de renome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1852 Sants-Montjuïc, España |
Morte | 1908 (55/56 anos) Bonastre, España |
Actividade | |
Ocupación | organista, catedrático, pianista, compositor |
Instrumento | Órgano |
Familia | |
Cónxuxe | Pilar Defilló Amiguet |
Fillos | Pau Casals, Enric Casals Defilló |
Traxectoria
editarCando tiña 20 anos presentouse para a praza de organista da igrexa parroquial de El Vendrell, gañándoa; posteriormente dirixiría tamén o coro. Entre os anos 1890 e 1891 renunciou á praza de organista e trasladouse a Barcelona coa súa familia. Carles Casals tiña execentes cualidades para a pedagoxía musical e gañouse a vida dando clases de solfexo e piano, onde tivo un gran número de discípulos, entre os que salientan a súa dona, Pilar Defilló e os seus fillos Enric e Pau; tamén o foron os músicos de El Vendrell Benvingut Socias (pianista), Bonaventura Dini (violonchelista) e Pau Palau Calaf.
Obras
editarNotas
editar- ↑ "L’orgue del Vendrell en la obra “Los pastorcillos en Belen” de Carles Casals" (en catalán). 2008-12-31. Consultado o 2020-01-31.