Caracal aurata

especie de felino

O Caracal aurata,[1] é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.

Caracal aurata
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Caracal
Especie: C. aurata
Nome binomial
Caracal aurata
(Temminck, 1827)
Especie tipo
Felis aurata
Temminck, 1827
     Área de distribución confirmada de C. aurata.      Presenza posíbel ou erro de recoñecemento.
     Área de distribución confirmada de C. aurata.      Presenza posíbel ou erro de recoñecemento.

     Área de distribución confirmada de C. aurata.      Presenza posíbel ou erro de recoñecemento.
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Profelis aurata (Temminck, 1827)

É un gato de tamaño medio que vive nas selvas tropicais húmidas de África central e occidental, desde Guinea-Bissau ás rexións fronteirizas de Kenya e Tanzania, incluíndo toda a cunca do río Congo.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1827 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, co nome de Felis aurata a partir dun exemplar da zona costeira do golfo de Guinea.[2]

Variacións e controversias taxonómicas

editar

Posteriormente foi clasificado dentro do xénero Profelis, xunto a Catopuma temminckii e ao gato de Borneo. Estes dous animais foron trasladados a un xénero diferente, Catopuma, (Catopuma temminckii e Catopuma badia, respectivamente), ao comprobarse que as similitudes con Caracal aurata obedecían a un proceso de converxencia evolutiva e non a un estreito parentesco. Na década de 2010 incluíuse no xénero Caracal.[1]

Pero durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][4]

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6]

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[6][7]

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[1] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[6][8]

Por outra parte, algúns autores consideran válido o nome de Profelis aurata para esta especie.[2][9][10][11][12] sendo o único membro deste xénero.[10][11][13][14] De prevalecer esta postura, tanto os xéneros Caracal como Profelis serían monotípicos.

Subespecies

editar

Recoñecense dúas subespecies:[2]

  • Caracal aurata aurata (Temminck, 1827)
  • Caracal aurata cottoni (Lydekker, 1907)

Filoxenia

editar

Desde 2006, as relacións filoxenéticas do caracal establecéronse como se indica a continuación:[6][15]

Pardofelis

Gato marmorado (P. marmorata)

Catopuma

Gato rubio de Borneo (Catopuma badia)

Catopuma temminckii

 

Caracal
(liñaxe)
Leptailurus

Serval (L. serval)

Caracal

Caracal (Caracal caracal)

Caracal aurata

lineage

Leopardus

Lynx

Acinonyx

Puma

Otocolobus

Prionailurus

Felis

Características

editar

Os exemplares adultos presentan tamaños moi variábeis, entre os 61 e os 101,5 cm de longo, cunha cola de 16 a 46 cm e unha altura na cruz de 38 a 55 cm. Os machos son máis robustos que as femias, cun peso que pode variar entre os 11 e os 18 kg fronte aos de 5,5 a 6,2 que alcanzan estas. O seu aspecto xeral pódese describir como similar ao dun gato doméstico pero algo máis poderoso e alongado, coa cola curta e as orellas pequenas. A pesar dos seus nomes científico e vulgar, a cor da súa pelaxe tamén é moi variábel, cunha gama de tonalidades que van desde a avemellada á amarelada, ou incluso á gris fume. Aínda que a maior parte do corpo presenta unha pelaxe uniforme, pódense observar manchas de tonalidade, tamaño e formas variábeis no ventre e, no caso dunha das subespecies, a cabeza. Estas manchas nunca son de cor negra, senón simples tonalidades algo máis escuras da súa cor xeral. Os animais que se manteñen en catividade alcanzan os 15 anos de vida.[16][17]

Bioloxía e ecoloxía

editar

Hábitat e distribución

editar

Aínda que nas Rexións Neotropical e Indomalaia viven varias especies de felinos simpátricos dependentes dos bosques, esta é a única de África. Caracal aurata encóntras principalmente nas selvas tropicais húmidas primarias da África central e occidental, aínda que na periferia da súa principal área de distribución penetra nas rexións de sabana ao longo dos bosques de ribeiea. Tamén se ve en bosques montanos e páramos alpinos no leste da súa área de distribución.[18][19] Dous estudos de excrementos, no bosque Ituri do Congo (Hart et al. 1996)[20] e do bosque Dzanga-Sangha da República Centroafricana (Ray & Sunquist 2001),[21] encontraron resultados similares.

Comportamento

editar

Dentro da selva chuviosa, o hábitat dos Caracal aurata é tan variábel como o seu aspecto, o que se explica pola súa ampla área de distribución. Animais solitarios, pódense encontrar tanto en terras baixas como en montañas, nas ribeiras dos ríos e nos bosques de bambús, aínda que en todos os casos necesitan dunha boa cobertura arbórea.[16][17]

A forma de cazaren non se basea tanto na espreita coma nos ataques fortuítos, tanto sobre e desde as árbores coma no chan. Entre as súas presas inclúense pequenos antílopes (como os duiqueros), monos, roedores, damáns e aves. Os hábitos de apareamento non se coñecen en profundidade debido á dificultade para estudar esta especie no seu medio.[16][17]

Alimentación

editar

Os roedores e os esquíos son as súas principais preas (o 70 % e o 62 %, respectivamente), seguidos por duiqueros e pequenos e medianos antílopes (25 % e 33 % respectivamente). Os primates constitúen o 5 % das súa capturas nos estudos de Hart et al. e Ray e Sunquist,[20][21] e hai varias observaciónes feitas por investigadores de primates de Caracal aurata que cazan primates arbóreos.[1][5] Kingdon (1977) informou sobre os mesmos constituíntes da súa dieta no Parque Nacional Bwindi de Uganda.[22] Tamén cazan aves, e se encontraron con frecuencia restos de pangolíns en excrementos no Parque Nacional Tai de Costa do Marfil.[18]

Reprodución

editar

Non se coñecen os detalles da súa actividade reprodutiva na natureza (de feito é un dos animais menos coñecidos). As crías probabelmente nacen en ocos de árbores.[17] Por iso, o coñecemento dos hábitos reprodutivos de Caracal aurata baséase no estudo de individuos en catividade. As femias paren un ou dous gatiños despois dun período de xestación de ao redor de 75 días. As crías pesan de 180 a 235 g ao naceren. Abren os ollos ao cabon dunha semana, e desléitanse entre as 6 a as 8 semanas. Crecen e desnvólvense rapidamente en comparación con outras especies de gatos pequenos. Informouse de que un individuo estaba gabeando unha parede de 40 cm aos 16 días do nacemento, o que reflicte un alto grao de axilidade física desde as idades temperás. As fembras alcanzan a madurez sexual aos 11 meses de idade, e os machos contra os 18 meses. En cativerio, viven até 12 anos. Descoñécese a súa lonxevidade na natureza.[23]

Depredadores

editar

Os Caracal aurata forman parte da dieta do leopardo, o único felido que habita nos bosques húmidos de África. Se encontraron restos de Caracal aurata en 5 de 196 leopardos do Parque Nacional Lopé de Gabón,[24] e un único morto por un leopardo no P. N. de Ituri.[20]

Ameazas

editar

Caracal aurata está ameazado pola extensa deforestación das selvas tropicais, para convertelas en plantacións de palmeiras aceiteiras, xunto coas actividades mineiras e a construción de estradas, destruíndo así o seu hábitat.[1]

Tamén está ameazado pola caza de animais silvestres para obter carne, particularmente na cunca do Congo.[1]

Status

editar

A caza de Caracal aurata está prohibida en Angola, Benín, Burkina Faso, Congo, Costa do Marfil, Ghana, Kenya, Liberia, Nixeria, Ruanda, Serra Leoa e a República Democrática do Congo. En Gabón, Liberia e Togo, está permitida, pero sometida a regulación.[1]

A especie está incluída no Apéndice II do CITES, e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o seu status como VU (vulnerábel).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Bahaa-el-din, L., Mills, D., Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 M. E. Sunquist & F. C. Sunquist (2009). "Family Felidae (Cats)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2009). Handbook of the Mammals of the World. Vol I. Carnivores (en inglés). Barcelona: Lynx edicions. pp. 142–143. ISBN 978-84-96553-49-1. 
  3. Caracal en MSW.
  4. Caracal Gray, 1843 no ITIS.
  5. 5,0 5,1 Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". En: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  7. Kingdon, Jonathan et al. 2015, p. 168.
  8. Caracal Gray 1843 Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  9. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  10. 10,0 10,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Profelis aurata (TSN 621874)" (en inglés). 
  11. 11,0 11,1 Profelis. African golden cat na ADW.
  12. Flanders, Frank B. (2012): "Profelis genus" en Exploring Animal Science. New York, NY, USA: Delmar. ISBN 978-1-4354-3952-8, páx. 765.
  13. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  14. Profelis aurata Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine. no CITES.
  15. Werdelin, L.; Yamaguchi, N.; Johnson, W. E. & O'Brien, S. J. (2010): "Phylogeny and evolution of cats (Felidae)" . Biology and Conservation of Wild Felids: 59–82.
  16. 16,0 16,1 16,2 Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 142-143.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 231.
  18. 18,0 18,1 Nowell, K. & Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland & Cambridge, UK.: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
  19. Ray, J. & Butynski, T. (2013): "Profelis aurata". En: J. Kingdon & M. Hoffmann (eds), The Mammals of Africa. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses, London: Bloomsbury Publishing.
  20. 20,0 20,1 20,2 Hart, J. A., Katembo, M. & Punga, K. (1996): "Diet, prey selection and ecological relations of leopard and golden cat in the Ituri Forest, Zaire". African Journal of Ecology 34: 364-379.
  21. 21,0 21,1 Ray, J. C. & Sunquist, M. E. (2001): "Trophic relations in a community of African rainforest carnivores". Oecologia 127: 395-408.
  22. Kingdon, J. (1977): East African Mammals: An Atlas of Evolution in Africa. Volume IIIA (Carnivores). London, UK: Academic Press. ISBN 978-0-2264-3721-7.
  23. Sunquist, M.; Sunquist, F. (2002). "Asian golden cat". Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. pp. 246–251. ISBN 0-226-77999-8. 
  24. Henschel, P., Abernethy, K. A. & White, L. J. T. (2005): "Leopard food habits in the Lope National Park, Gabon, Central Africa". African Journal of Ecology '43: 21-28.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar