Capricho (música)
Un capriccio ou capricho (ás veces en plural: caprichos ou, en italiano, capricci) é un termo que comezou a aplicarse no século XVI, é unha peza musical habitualmente de forma libre e de carácter vivo e animado. Pódese dicir que o capricho é unha forma predominantemente instrumental; tamén se pode dicir que a súa mesma condición de libre fai que sexa unha especie de estudo. O capricho habitual é aquel que é de natureza rápida, intensamente penetrada e ás veces virtuosística.
Exemplos
editar- Osvaldas Balakauskas: Capriccio para piano e orquestra (2004)
- Petr Ilich Chaikovskii: Capricho italiano (1880)
- Cécile Chaminade: Capriccio para violín e piano (1881)
- Aldo Clementi: Capriccio para viola e 24 instrumentos (1980)
- Lorenzo Ferrero: Capriccio para piano e orquestra de cordas (1996)
- Leoš Janáček: Capriccio (1926)
- Wolfgang Amadeus Mozart: Capricho en do maior para teclado, KV 395 (1777)
- Niccolò Paganini: 24 Caprichos para violín solo (1802–17)
- Krzysztof Penderecki: Capriccio para violín e orquestra (1967)
- Walter Piston: Capricho para arpa e orquestra de corda (1963)
- Nikolai Rimskii-Korsakov: Capricho español (1887)
- Igor Stravinskii: Capriccio para piano e orquestra (1929)
- Francisco Tárrega: Capricho árabe (1892)
- William Walton: Capriccio burlesco (1968)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Capricho musical: edición do 5 de oct. do 2012 de Música antigua, programa de Radio Clásica.