Cancro colorrectal
O cancro colorrectal, tamén chamado cancro de colon, inclúe calquera tipo de neoplasias do colon, recto e apéndice.[1] Pénsase que moitos dos casos de cancro colorrectal nacen dun pólipo adenomatoso no colon.[2] Estes crecementos celulares en forma de fungo son usualmente benignos, pero de cando en vez vólvense cancerosos co tempo. Na maioría dos casos, o diagnóstico do cancro localizado é por colonoscopia. O tratamento é polo xeral cirúrxico, e en moitos casos é seguido por quimioterapia. Os sinais e síntomas poden incluír sangue nas feces, alteracións nos movementos intestinais, perda de peso e sensación permanente de cansazo.[3]
Cancro colorrectal | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Diagrama do tracto gastrointestinal baixo. | |
OMIM | 114500 |
DiseasesDB | 2975 |
MedlinePlus | 000262 |
eMedicine | med/1994 ped/3037 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Epidemioloxía
editarÉ a terceira forma máis común de cancro e a segunda causa máis importante de mortalidade asociada a cancro en América. O cancro colorrectal causa 694 000 mortes a nivel mundial cada ano.[4]
Factores de risco
editarO risco de contraer cancro de colon nos Estados Unidos é de ó redor do 7%. Certos factores aumentan o risco de que unha persoa desenvolva esta enfermidade, entre eles:
- Idade. O risco de contraer cancro colorrectal increméntase ó aumentar a idade. A maioría dos casos ocorren entre os 60 e 70 anos, mentres que antes dos 50 anos é pouco común, a menos que haxa unha historia familiar de aparición temperá de cancro colorrectal.
- en particular pólipos adenomatosos. A eliminación de pólipos do colon durante a colonoscopia diminúe o risco subsecuente de cancro de colon.
- Historia de cancro. Os individuos que previamente sexan diagnosticados e tratados por ter cancro teñen un maior risco que a poboación xeral de contraer cancro colorrectal no futuro. As mulleres que teñan cancro de ovario, útero ou do seo teñen un risco aumentado da aparición de cancro de colon.
- Herdanza:
- Historia na familia de cancro colorrectal, en especial dun familiar achegado menor de 55 anos ou múltiples familiares.
- Polipose adenomatosa familiar, leva preto dun 100% de risco de contraer cancro colorrectal para a idade de 40 anos, se non foi tratado.
- Síndrome de Lynch ou cancro colorrectal hereditario non asociado a polipose.
- Colite ulcerosa crónica ou enfermidade de Crohn, aproximadamente 30% a partir dos 25 anos se o colon enteiro está afectado.
- Fumar. É máis probable que unha persoa que fuma morra de cancro colorrectal que unha persoa non fumadora. A Sociedade Americana de Cancro fixo un estudo onde se atopou que era un 40% máis probable que as mulleres que fuman morresen de cancro colorrectal que unha muller que nunca fume. Os fumadores masculinos teñen un risco 30% maior de morrer desta enfermidade que os seus homólogos non fumadores.
- Dieta. Os estudos demostran que unha dieta rica en carne e baixa en froitas, vexetais, aves de curral e peixes aumenta o risco de cancro colorrectal (o cal é discutible, pois outros estudos mostraron maior incidencia en vexetarianos).[5] En xuño de 2005, unha investigación polo Estudo Prospectivo Europeo Sobre Cancro e Nutrición suxeriu que as dietas altas en carnes vermellas, do mesmo xeito que aquelas baixas en fibra, están asociadas a un risco de cancro colorrectal. Aqueles que frecuentemente comen peixe mostraron un risco diminuído.[6] Porén, outros estudos poñen en dúbida a aseveración de que unha dieta rica en fibra diminúa o risco de cancro colorrectal, máis ben, as dietas baixas en fibra están asociadas a outros factores de risco que é o que causou a confusión de asociala con cancro,[7] de maneira que a relación entre a fibra dietética e o risco de cancro colorrectal permanece aínda en controversia.
- Actividade física. Aqueles que son activos fisicamente teñen un menor risco de desenvolver cancro colorrectal.
- Colanxite esclerosante primaria, ofrece un risco independente á colite ulcerativa.
- Baixo contido corporal de selenio.
Notas
editar- ↑ "Colon Cancer Treatment (PDQ®)". NCI. 12 de maio de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2014.
- ↑ "Defining Cancer". National Cancer Institute. Consultado o 10 de xuño de 2014.
- ↑ "General Information About Colon Cancer". NCI. 12 de maio de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2014.
- ↑ "Cancer". World Health Organization. febreiro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2007.
- ↑ Véxase http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19279082
- ↑ Véxase reporte del BBC news (inglés)
- ↑ Park Y, Hunter DJ, Spiegelman D, Bergkvist L, Berrino F et al. Dietary fiber intake and risk of colorectal cancer: a pooled analysis of prospective cohort studies. JAMA 2005;294:2849-57. PMID 16352792.