Canón do Sil

val ocupado polo río Sil, entre as provincias de Lugo e Ourense
(Redirección desde «Canóns do Sil»)

Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]

Modelo:Xeografía físicaCanón do Sil
Imaxe
Tipochine (en) Traducir
Zona de especial conservación
espazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPantón, España, Sober, España, Nogueira de Ramuín, España e Parada de Sil, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°24′05″N 7°24′58″O / 42.401389, -7.416111
Bañado porRío Sil Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie5.933,41216 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349152 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES1120014 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2006 Editar o valor en Wikidata

Este tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.

Xeografía e xeoloxía

editar

Orografía

editar

A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m). Conta con encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro.

Xeoloxía

editar

O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. No cuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle pola que flúe o río Sil.[Cómpre referencia]

O seu clima é mediterráneo-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas das ladeiras de solaina é mediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa como atlántico-superhúmido.

Flora e fauna

editar

As ladeiras da marxe dereita están orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en socalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son os bidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou as abeleiras (Coryllus avellana).

As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e o espiñento (Gasterosteus aculeatus).

Hai varías especies de réptiles e anfibios, entre os que destacan a ra patilonga (Rana iberica), a píntega (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagarta brava (Psammodronus algirus).

Entre as aves, están presentes o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como a aguia caudal (Hieraetus pennatus), a aguia albela (Circaetus gallicus), o abelleiro europeo (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de papuxa (Sylvia) existentes na Galiza.

Destacan entre os mamíferos o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), a xeneta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris).

Patrimonio

editar

Patrimonio cultural

editar

A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros.

Sendeirismo

editar

O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da Rivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir de Santo Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".

O itinerario máis completo (22 km) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo catamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina.

Galería de imaxes

editar
  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Canóns do Sil". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar