Campe
Na mitoloxía grega, Campe era un monstro mariño, feminino, encargada de vixiar a porta do Tártaro.
Hesiquio de Alexandría, no seu Diccionario ou Lexicón, recolle a descrición do poeta Epicarmo, que a denomina "ceto", nome que designa un monstro particular: a filla de Xea e Ponto, pero tamén ós monstros mariños en xeral.
Represéntase como un monstro con corpo de muller e a metade inferior de dragón, coas pernas envolvidas de serpes e os cabelos feitos tamén de serpes. Na cintura presenta cabezas de león, oso e outros animais perigosos. Porta dúas espadas cheas de veleno.
Cando Cronos se fixo co goberno dos ceos, tras castrar a Urano, encerrou no Tártaro ós Ciclopes e os Hecatonquiros, e puxo na porta a Campe para vixialos. Pero Cronos foi derrocado por Zeus, que matou a Campe e liberou a estas criaturas para que o axudasen a vencer a Cronos (Titanomaquia), tal como profetizara Xea.
"Tras combater por espazo de dez anos, Xea profetizou a Zeus a vitoria se contaba coa axuda dos pechados no Tártaro. Entón, el deu morte a Campe, que os vixiaba, e desatou as súas ligaduras"(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica I, 2, 1)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campe |
Bibliografía
editar- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].