Cambio climático e xénero

O cambio climático e o xénero son un xeito de interpretar os impactos dispares do cambio climático sobre homes e mulleres, baseado na construción social dos roles e relacións de xénero.

Colleita en Kenya por muller agricultora.

O cambio climático aumenta a desigualdade de xénero, [1] reduce a capacidade das mulleres para ser independentes financeiramente, [2] e ten un impacto negativo global sobre os dereitos sociais e políticos das mulleres, especialmente en economías fortemente baseadas na agricultura. En moitos casos, a desigualdade de xénero significa que as mulleres son máis vulnerables aos efectos negativos do cambio climático.[3] Isto débese aos roles de xénero, especialmente no mundo en desenvolvemento, o que significa que as mulleres adoitan depender do medio natural para o seu medio de vida e ingresos. Ao limitar aínda máis o acceso xa restrinxido das mulleres a recursos físicos, sociais, políticos e fiscais, o cambio climático adoita poñer máis tensión nas mulleres que nos homes e pode aumentar a desigualdade de xénero existente.[4][5]

Tamén se identificaron diferenzas de xénero en relación coa sensibilización, a causa e a resposta ao cambio climático e moitos países desenvolveron e aplicaron estratexias e plans de acción para o cambio climático de xénero. Por exemplo, o goberno de Mozambique adoptou unha estratexia e un plan de acción para o xénero, o medio ambiente e o cambio climático a principios de 2010, sendo o primeiro goberno do mundo en facelo.[6]

A incorporación da perspectiva de xénero na análise dos efectos do cambio climático implica analizar as relacións de poder desiguais en outro conxunto de categorías de análise, como a raza, a clase e a etnia. Isto quere dicir que a análise non está centrada exclusivamente no binario home-muller.[7]

As mulleres non son só vítimas do cambio climático. Son importantes axentes de cambio e unha parte central das estratexias de mitigación e adaptación ó cambio climático.[8] As mulleres poden desempeñar un papel transformador nas respostas ó cambio climático.[9] Ademais, as mulleres a miúdo teñen un rol de custodia e creación en prácticas de coñecemento tradicional, achegando para a conservación da biodiversidade e a riqueza xenética dos alimentos.[10]

  1. Eastin, Joshua (2018-07-01). "Climate change and gender equality in developing states". World Development (en inglés) 107: 289–305. ISSN 0305-750X. doi:10.1016/j.worlddev.2018.02.021. 
  2. Goli, Imaneh; Omidi Najafabadi, Maryam; Lashgarara, Farhad (2020-03-09). "Where are We Standing and Where Should We Be Going? Gender and Climate Change Adaptation Behavior". Journal of Agricultural and Environmental Ethics (en inglés) 33: 187–218. ISSN 1573-322X. doi:10.1007/s10806-020-09822-3. 
  3. Habtezion, Senay (2013). Overview of linkages between gender and climate change. Gender and Climate Change. Asia and the Pacific. Policy Brief 1. (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  4. Aboud, Georgina. "Gender and Climate Change." (2011).
  5. Dankelman, Irene. "Climate change is not gender-neutral: realities on the ground." Public Hearing on "Women and Climate Change". (2011)
  6. Republic of Mozambique, Mozambique Climate Change Gender Action Plan (ccGAP) Report Arquivado 17 de xuño de 2020 en Wayback Machine., consultado o 25 de decembro de 2019.
  7. UN Environment, ed. (2018-05-19). "Global Gender and Environment Outlook (GGEO)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-29. 
  8. Casas Varez, Marina (2017-04-01). Comisión Económica para América Latina y el Caribe, ed. La transversalización del enfoque de género en las políticas públicas frente al cambio climático en América Latina (en castelán). CEPAL. Consultado o 2020-11-29. 
  9. Towle, Allison. "París. Mujeres. ¿Y ahora qué?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 2020-11-29. 
  10. UN Environment, ed. (2018-05-19). "Global Gender and Environment Outlook (GGEO)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-29. 

Véxase tamén

editar

Artigos relacionados

editar

Bibliografía

editar
  • MacGregor, Sherilyn. "A Stranger Silence Still: The Need for Feminist Social Research on Climate Change." The Sociological Review 57 (2010): 124–140. Web. 25 Oct. 2014.
  • Nussbaum, Martha C. Creating Capabilities: The Human Development Approach. Cambridge, MA: Harvard University Press, 2011.
  • Olsson, Lennart et al. "Livelihoods and Poverty." Climate Change 2014: Impacts, Adaptation, and Vulnerability. Part A: Global and Sectoral Aspects. Contribution of Working Group II to the Fifth Assessment Report of the Intergovernmental Panel on Climate Change. Ed. C. B. Field et al. Cambridge e Nova York: Cambridge University Press, 2014. 793–832.
  • Schneider, Stephen H., Armin Rosencranz, Michael D. Mastrandrea, e Kristin Kuntz-Duriseti. Climate Change Science and Policy. Washington, DC: Island Press, 2010.
  • Tuana, Nancy. "Gendering Climate Knowledge for Justice: Catalyzing a New Research Agenda." Research, Action and Policy: Addressing the Gendered Impacts of Climate Change. Ed. Margaret Alston e Kerri Whittenbury. Dordrecht: Springer Netherlands, 2013. 17–31.