Caixa de aforros

institución financeira

Unha caixa de aforros é unha institución financeira de carácter público que ten unha finalidade social aínda que actúa segundo criterios de mercado.

Historia e características

editar

As caixas de aforros ofertan os mesmos produtos e servizos cós bancos comerciais, a diferenza fundamental radica na súa estrutura de propiedade e no repartimento dos beneficios. As caixas de aforros son unhas fundacións de carácter especial que poden ser de orixe pública ou privada, non teñen uns accionistas cos que repartir os seus beneficios. Estes beneficios destínanse a reservas para garantir o futuro da entidade e a Obra Social que fai revertir o beneficio da entidade no resto da sociedade.

Caixas de aforros

editar