Cabo Verde

país africano

Cabo Verde[1] (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos. O arquipélago, está composto por dez illas grandes e cinco menores cunha superficie terrestre combinada duns 4033 km².[2] Estas illas atópanse entre 600 e 850 km ao oeste de Cap-Vert, o punto máis occidental de África continental. As illas de Cabo Verde forman parte da Macaronesia (ecorrexión), xunto coas Azores, as Illas Canarias, Madeira e as Illas Salvaxes.

Modelo:Xeografía políticaCabo Verde
República de Cabo Verde (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoCântico da Liberdade (1996) Editar o valor en Wikidata

Lema«Paz, Trabalho, Pátria» Editar o valor en Wikidata
EpónimoPenínsula de Cabo Verde Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°18′N 23°42′O / 15.3, -23.7
CapitalPraia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Boa Vista
Brava (pt) Traducir
Maio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22
Poboación
Poboación555.988 (2020) Editar o valor en Wikidata (137,86 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa
crioulo caboverdiano Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.033 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico do Fogo (2.829 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoPedra de Lume salt ponds (en) Traducir (−30 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
5 de xullo de 1975Q16643485 Traducir Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataJosé Maria Neves (2021–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataUlisses Correia e Silva Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional de Cabo Verde (pt) Traducir , (Escano: 72) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal de Justiça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.091.741.774 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaescudo cabo-verdiano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cv Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico 238 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia130, 131 e 132 Editar o valor en Wikidata
Código de paísCV Editar o valor en Wikidata

Sitio webgoverno.cv Editar o valor en Wikidata

O arquipélago de Cabo Verde estivo deshabitado ata o século XV, cando os exploradores do Imperio Portugués descubriron e colonizaron as illas, establecendo así o primeiro asentamento europeo nos trópicos. Debido a que as illas de Cabo Verde estaban situadas nun lugar conveniente para desempeñar un papel no comercio de escravos atlántico, Cabo Verde fíxose próspero economicamente durante os séculos XVI e XVII, atraendo comerciantes, corsarios e piratas. Decaeu economicamente no século XIX tras a supresión da trata de escravos atlántica, e moitos dos seus habitantes emigraron durante ese período. Porén, Cabo Verde recuperouse gradualmente economicamente converténdose nun importante centro comercial e un punto de escala útil nas principais rutas marítimas. En 1951, Cabo Verde incorporouse como departamento de ultramar de Portugal, pero os seus habitantes continuaron facendo campaña pola independencia, que lograron en 1975.

Desde principios da década de 1990, Cabo Verde foi unha democracia representativa estable e segue sendo un dos países máis desenvolvidos e democráticos de África. A falta de recursos naturais, a súa economía en desenvolvemento está principalmente orientada aos servizos, cun foco crecente no turismo e no investimento estranxeiro. A súa poboación duns 483.628 habitantes (censo de 2021) é na súa maioría de herdanza mixta africana e europea, e predominantemente Católica Romana, o que reflicte o legado do dominio portugués. Existe unha importante comunidade de diáspora caboverdiana en todo o mundo, especialmente nos Estados Unidos e Portugal, que supera considerablemente os habitantes das illas. Cabo Verde é un estado membro da Unión Africana.

A lingua oficial de Cabo Verde é o portugués.[3] É a lingua de instrución e de goberno. Tamén se usa en xornais, televisión e radio. A lingua nacional recoñecida é o crioulo caboverdiano, que é falado pola gran maioría da poboación.

Toponimia

editar

O seu nome provén da península de Cabo Verde, o extremo máis occidental do continente de África, cerca do cal sitúase a cidade de Dakar (Senegal).

Xeografía

editar
 
Imaxe satélite.

Cabo Verde consiste nun arquipélago en forma de ferradura de dez illas (nove habitadas) e oito illotes, [4] situado no océano Atlántico, preto de 570 km. fronte ás costas do Senegal, formando parte da Macaronesia, as illas divídense espacialmente en dous grupos:

Tres das illas de Cabo Verde, Sal, Boa Vista e Maio, son bastante planas, areosas e secas, as outras son xeralmente máis rochosas con máis vexetación.

 
A praia de Calhau, co Monte Verde ao fondo, na illa de São Vicente

Na illa do Sal atópase o maior aeroporto internacional do país, o aeroporto Amilcar Cabral. Outras illas importantes son Santiago a máis grande e São Vicente, aquelas onde se atopan respectivamente a capital Praia, a principal aglomeración urbana do arquipélago[4] e Mindelo.

As illas son de orixe volcánica, e na de Fogo existe un volcán activo. A maior parte das illas son montañas escarpadas cubertas de cinzas volcánicas, polo que hai pouca vexetación. O clima é seco e caloroso polo que ten un clima tropical seco, cunha media de temperatura de 20/25 °C. Nos meses de xaneiro e febreiro o arquipélago sofre a influencia de tempestades procedentes do Sáhara onde se dá a curta estación chuviosa.

Actualmente este país enfronta problemas ecolóxicos como a erosión, así como a desaparición de varias especies de aves, peixes e réptiles da rexión, ocasionados polo exceso de pastoreo, de cultivos, e de pesca. Desde hai máis de 30 anos sofre unha gran seca[5].

 
Un mapa topográfico de Cabo Verde

Historia

editar

Colonización

editar

Cando os portugueses colonizaron o arquipélago de Cabo Verde, no século XV, as illas facían xustiza a ese nome: cubertas por densa vexetación tropical, contrastando con rochas volcánicas negras e un mar azul. Non hai evidencia de que as illas estivesen poboadas antes do arribo dos colonos, pero considérase probable que os árabes visitasen a illa Sal, para proverse dese elemento, en séculos anteriores. En 1462, os primeiros colonos desembarcaron no que hoxe é Santiago e fundaron a máis vella cidade europea do trópico: Ribeira Grande (hoxe Cidade Velha). Os portugueses iniciaron o cultivo da cana de azucre: o clima seco non foi favorable, pero o desenvolvemento do comercio de escravos (provenientes a maioría da costa oeste de África), deu prosperidade a Cabo Verde. Catrocentos anos despois, a colonización transformou as illas nun «deserto flotante»: gran parte da poboación emigrou, fuxindo da fame.

Descubrimento

editar

Para os portugueses, as illas, entre África, América e Europa, eran dun importante interese estratéxico. No século XVI, Cabo Verde foi escala de navíos, que cargaban escravos cara a América (a escravitude foi abolida en 1876). O asalto reiterado de piratas ingleses, holandeses e franceses obrigou aos portugueses a trasladar colonos agricultores do Alentejo (situado ao sueste de Portugal e coñecido como o «celeiro» dese país), ao arquipélago: debido a unha agricultura pouco adecuada, acabaron co chan fértil, o que provocou, desde o século XVIII, secas periódicas que continúan no presente. A redución da agricultura, famosa entre os séculos XVII e XIX polo seu algodón provocou a emigración masiva de caboverdianos: a maioría cara a Guinea-Bissau (ex colonia portuguesa moi vinculada ao arquipélago); posteriormente continuaron emigrando cara a Angola, Mozambique, Senegal, Brasil e principalmente EUA. En 1800, a prosperidade das illas foi decaendo lentamente pola reiterada escaseza, fame, mala administración e corrupción do goberno colonial.

A loita pola independencia

editar

O status de illas cambiou en 1951 a provincia de ultramar. A loita pola liberación afirmou os lazos entre Guinea-Bissau e Cabo Verde (ver Guinea-Bissau). En 1956 creouse o Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), con militantes comúns de ambos os lados: Amílcar Cabral, fundador e ideólogo, concibiu a loita e o desenvolvemento en conxunto a partir de economías complementarias. En 1961 comezou a guerrilla no continente africano, onde loitaron centenares de caboverdianos. En 1974 caeu o réxime colonial; logo dun goberno de transición, en 1975 proclamouse a independencia: por primeira vez no mundo, un mesmo partido o PAIGC gobernou dous países. Aristides Pereira foi presidente da República de Cabo Verde e, o comandante Pedro Pires o seu primeiro ministro. O PAIGC deu os primeiros pasos cara a unha federación entre Cabo Verde e Guinea-Bissau: as asembleas nacionais de ambos os países constituíron un Consello da Unión.

O país independente

editar

A partir de 1975, a área de bosques de Cabo Verde aumentou, de 3.000 a 45 mil hectáreas: o goberno previu en dez anos outras 75 mil, que autoabastecerían de leña á poboación; nas estacións chuviosas, homes e mulleres deixaban fogares e oficinas para plantar árbores durante unha semana. Implantouse a reforma agraria, con prioridade na produción de alimentos, para consumo da poboación (producíase só o 5%), no canto de favorecer cultivos de exportación característicos do período colonial; a pesar destas accións, a produción agrícola decaeu por grandes secas e o goberno envorcouse a promover a pesca.

Cabo Verde apoiou a Angola na segunda guerra de liberación (ver Angola), debido a que permitiu a ponte aérea de avións cubanos no arquipélago, axudando a derrotar a invasión do territorio angolano por tropas de Zaire e Suráfrica e adoptou unha política de non aliñamento, garantindo que non se instalarían bases militares estranxeiras.

En 1981, cando o PAIGC discutía unha nova Constitución para Guinea e Cabo Verde, foi deposto o presidente Luiz Cabral, de Guinea-Bissau. João Bernardino Vieira asumiu no seu lugar e foi hostil á integración con Cabo Verde. Ese ano, o PAIGC realizou en Cabo Verde un congreso de urxencia debido aos cambios políticos en Guinea-Bissau. Logo de ratificar os principios de Cabral, cambiou o seu nome a Partido Africano para a Independencia de Cabo Verde (PAICV), separándose organicamente do partido de Guinea. As relacións de ambos os gobernos foron tensas, ata que a mediación, en 1982, de Angola e Mozambique, logrou que o presidente mozambicano Samora Machel, reunise en Maputo a Pereira (reelecto en 1981), e a Vieira. Na Conferencia de ex Colonias Portuguesas en África (1982), realizada en Cabo Verde (cidade de Praia), Vieira participou xunto aos seus colegas de Angola, Mozambique, Cabo Verde e São Tomé: as relacións diplomáticas foron normalizadas, aínda que o partido non se reunificou e os plans de unión foron arquivados.

En 1984, a seca reduciu as colleitas 25% respecto de cinco anos antes, o déficit da balanza comercial foi de 70 millóns de dólares e a débeda externa situouse en 98 millóns de dólares: o sistema de distribución de alimentos e a eficiente xestión estatal evitaron que o país caese na fame negra. Pobre en recursos naturais, con só o 10% da terra cultivable, Cabo Verde é altamente dependente da comida importada, introducida sobre todo baixo forma de axuda humanitaria: a escaseza obrigou ao país a depender da axuda estranxeira, complicando os proxectos do «primeiro Plan de Desenvolvemento». En 1986, o «Segundo Plan de Desenvolvemento» deu prioridade ao sector privado da economía, (sobre todo ao informal), e combateuse a desertificación: a meta foi recuperar ata 1990 máis de cinco mil hectáreas de terra e pór a funcionar un sistema único de administración e distribución da reserva de auga do país. Na primeira etapa, construíronse máis de 15 mil diques de contención de augas pluviais e se forestaron 23.101 hectáreas. A pesar da seca, aumentou a produtividade agropecuaria, que abasteceu case totalmente de carne e hortalizas á poboación, sen recorrer á importación.

En 1991, Antonio Mascarenhas Monteiro (quen presidiu por unha década a Corte Suprema de Xustiza), foi electo presidente, nas primeiras eleccións libres e multipartidarias do país: iniciouse a transición a unha economía de mercado, privatizando empresas de seguros, pesca e bancos, segundo as esixencias dos organismos internacionais. A axuda externa era o 46% do PBI, un 15 % máis proviña das remesas de diñeiro dos 700.000 caboverdianos residentes no exterior. O goberno do MPD (centrista), enfrontou un desemprego do 25 % e anunciou a reestrutura do Estado. En 1993, comezou a redución á metade de 12 mil funcionarios públicos, á vez que liberou gradualmente os prezos. O orzamento de 1994, a pesar de recortar o gasto público, aumentou o investimento público (en transporte, telecomunicacións e desenvolvemento rural): de 80 millóns de dólares en 1993 a 138 millóns en 1994.

En 1995, o primeiro ministro Carlos Veiga fixo cambios para favorecer a transición á economía de mercado e fusionou os ministerios de Finanzas, Coordinación Económica e Turismo, Industria e Comercio nun só: Ministerio de Coordinación Económica. O Banco Africano de Desenvolvemento prestou, en 1997, 4,9 millóns de dólares para reconstruír estradas. Cabo Verde tamén recibiu apoio económico da China e creou unha asociación con Angola para investir en saúde e benestar social.

Informes de brutalidade policíaca cos detidos repetíronse entre 1998 e 1999: os presos excedían a capacidade dos cárceres, carentes das instalacións mínimas razoables. A autocensura dos medios era moi común.

As eleccións presidenciais de 2001 deberon repetirse polas acusacións de fraude e a escasa marxe final (50,05 % contra 49,95 %). O resultado final foi decidido pola Suprema Corte, logo de apelacións cursadas por irregularidades na votación: Pires, do PAICV, foi declarado gañador por 17 votos, sucedendo a Monteiro e converténdose no terceiro mandatario desde a independencia. José Maria Pereira Neves foi electo primeiro ministro.

Pires intensificou esforzos para descentralizar e privatizar o sector estatal e asinou, en 2002, un acordo de cooperación con Francia por 610 millóns de euros, que axudaría a ese propósito.

Logo das privatizacións, o custo dos servizos básicos aumentou e o acceso á auga potable nos arredores da capital resultaba difícil. O goberno pretendía que en cinco anos todas as escolas tivesen acceso polo menos a unha computadora e o premier Neves anunciou a posta en marcha do plan de desenvolvemento Operación Esperanza. «A miña investidura existe para dar garantía ao futuro dos nenos de Cabo Verde», salientou.

O ministro de finanzas, João Pinto Serra, prometeu nunha carta oficial dirixida ao Fondo Monetario Internacional (FMI) en setembro de 2004 que axilizaría as reformas estruturais na administración do seu goberno no que restaba do ano para así axilizar as privatizacións. As reformas estarían dirixidas cara aos sectores de enerxía, auga, telecomunicacións, transporte, pesca e navegación.

En maio de 2005, o primeiro ministro Neves sinalou que o país podería intentar ingresar á Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN): O mes anterior, a OTAN elixira Cabo Verde para probar, por primeira vez en África, a súa Forza de Reacción. En xuño, o opositor Movemento para a Democracia chamou a debater «urxentemente» a relación especial entre Cabo Verde e a Unión Europea.

Nas eleccións parlamentarias de xaneiro de 2006, gañou novamente o PAICV e Pires resultou electo presidente.

O presidente Jorge Carlos Fonseca dirixiu o país desde as eleccións presidenciais de Cabo Verde de 2011 e foi reelixido nas eleccións de 2016. Foi apoiado polo Partido Movemento pola Democracia.[6] MpD tamén gañou nas eleccións, recuperando a maioría parlamentaria despois de 15 anos de goberno do Partido Africano. pola Independencia de Cabo Verde (PAICV).[7] En abril de 2021, o Movemento de centro dereita pola Democracia (MpD) do primeiro ministro Ulisses Correia e Silva gañou as eleccións.[8]

O 26 de agosto de 2021, Cabo Verde converteuse no país número 150 en ratificar a Convención e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais de 2005.[9]

En outubro de 2021, o candidato da oposición e ex primeiro ministro, Jose Maria Neves do PAICV, gañou as eleccións presidenciais de Cabo Verde.[10] O 9 de novembro de 2021, José María Neves foi investido como novo presidente de Cabo Verde.[11]

Goberno e política

editar
Véxase tamén: Presidentes de Cabo Verde.

O goberno baséase na Constitución de 1980. Hai eleccións para Presidente e Primeiro Ministro, cuxos mandatos prolongar por un período de 5 anos. Os representantes da asemblea xeral tamén son elixidos por sufraxio directo, así como os xefes da Corte Suprema, aínda que estes últimos sono polo Presidente e o Primeiro Ministro.

 
Mapa Político

Organización político-administrativa

editar

Cabo Verde está dividido en 22 concellos (concelhos) e subdividido en 32 parroquias (freguesias), baseándose nas parroquias relixiosas que existiron durante o período colonial:

Illas Sotavento
Illa Concello Censo 2010[12] Censo 2021[13] Parroquia
Maio Maio 6,952 6,298 Nossa Senhora da Luz
Santiago Praia 131,602 142,009 Nossa Senhora da Graça
São Domingos 13,808 13,958 Nossa Senhora da Luz
São Nicolau Tolentino
Santa Catarina 43,297 37,472 Santa Catarina
São Salvador do Mundo 8,677 7,452 São Salvador do Mundo
Santa Cruz 26,609 25,004 Santiago Maior
São Lourenço dos Órgãos 7,388 6,317 São Lourenço dos Órgãos
Ribeira Grande de Santiago 8,325 7,632 Santíssimo Nome de Jesus
São João Baptista
São Miguel 15,648 12,906 São Miguel Arcanjo
Tarrafal 18,565 16,620 Santo Amaro Abade
Fogo São Filipe 22,228 20,732 São Lourenço
Nossa Senhora da Conceição
Santa Catarina do Fogo 5,299 4,725 Santa Catarina do Fogo
Mosteiros 9,524 8,062 Nossa Senhora da Ajuda
Brava Brava 5,995 5,863 São João Baptista
Nossa Senhora do Monte
Condicións climáticas Temperatura Precipitacións
xaneiro 75F 24C 5.3mm
febreiro 75F 24C 3.8mm
marzo 77F 25C 1.3mm
abril 77F 25C 0.0mm
maio 78F 25C 0.0mm
xuño 79F 26C 0.0mm
xullo 81F 27C 0.8mm
agosto 84F 29C 14.1mm
setembro 85F 29C 33.6mm
outubro 83F 29C 6.5mm
novembro 81F 27C 2.5mm
decembro 77F 25C 1.6mm

Cabo Verde é o país coas temperaturas máis baixas de todo o continente africano, cunha temperatura media de 20 °C.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Cabo Verde.

A súa posición é moi apta para o comercio, aínda que o país sofre a falta de recursos e a súa economía vese prexudicada polas abundantes inundacións e secas que padeceu. A agricultura só é viable en catro illas durante todo o ano. A maior parte do PIB provén da industria e do sector servizos, especialmente o turismo. Hai moitos caboverdianos repartidos por todo o mundo que coas súas remesas de divisas axudan a mellorar a economía do país.

 
Demografía de Cabo Verde

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Cabo Verde.

O censo oficial rexistrou que Cabo Verde tiña unha poboación de 512.096 habitantes en 2013.[14] Unha gran proporción (236.000) dos caboverdianos viven na illa principal, Santiago.[15] O idioma oficial é o portugués. A esperanza de vida é de 71 anos. A media de fillos por muller é de 3.28. O 76.6% da poboación esta alfabetizada.

Un estudo xenético revelou que a ascendencia da poboación de Cabo Verde é predominantemente europea e africana occidental; a porcentaxe é dun 57% africano e un 43% europeo.[16]

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Cabo Verde.
 
Vista parcial da baía de Porto Grande co Monte Cara ao fondo.

A cultura é unha mestura de elementos europeos e africanos. É coñecida pola súa diversidade de músicas que reflicten as distintas orixes da poboación. O país posúe xéneros musicais propios como a morna. Cesária Évora é a cantante caboverdiana máis coñecida internacionalmente. Suzanna Lubrano é a cantante Zouk máis coñecida.

Baltasar Lopes da Silva é un dos escritores máis relevantes da súa historia, sendo a súa novela Chiquinho unha das obras capitais da literatura caboverdiano.

No país, o termo Crioulo úsase para referirse tanto aos residentes, á cultura típica do país e á lingua.

Fauna e flora

editar

Segundo Arechavaleta et al. Arechavaleta, M., Zurita, N., Marrero, M. C. Martín, J. L. (eds.), 2005. Lista preliminar de especies silvestres de Cabo Verde (fungos, plantas e animais terrestres). Consellería de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, Goberno das Canarias, 155 pp. coñécense 3.251 especies no arquipélago, das cales 540 (16,6%) son endémicas e 240 delas son exclusivas dunha das illas. Doutra banda, describíronse 21 xéneros endémicos de Cabo Verde, 1 de fanerógamas, 1 de liques e 19 de artrópodos; destes 10 xéneros son exclusivos dalgunha das illas, en todos os casos artrópodos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caboverdiano.
  2. Tanya Basu (12 de decembro de 2013). "Cape Verde Gets New Name: 5 Things to Know About How Maps Change". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 December 2013. Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  3. "Constituição da República de Cabo Verde" (PDF). ICRC databases on international humanitarian law. Article 9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "The Peace Corps Welcomes You to Cape Verde" (PDF). Peace Corps. abril 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2017.  This article incorporates text from this source, which is in the public domain.
  5. "Cabo Verde sofre a pior seca desde 1977". DW. Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  6. "Cape Verde President Fonseca on track to win re-election". Reuters. 3 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2022. Consultado o 03 de xullo de 2023. 
  7. "Cape Verde opposition wins back parliament". Reuters. 21 de marzo de 2016. 
  8. "Cape Verde ruling party retains power after winning legislative vote". 19de abril de 2021. 
  9. Sharma, Neha (27 de agosto de 2021). "Cabo Verde: 150th state to ratify the 2005 UNESCO Convention". fundsforNGOs News. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2023. Consultado o 03 de xullo de 2023. 
  10. Rodrigues, Julio (18 de outubro de 2021). "Opposition candidate Neves wins Cape Verde election". Reuters (en inglés). 
  11. "Novo presidente de Cabo Verde] José María Neves será investido o 9 de novembro". www.news.cn. 
  12. 12,0 12,1 2010 Census — source: Instituto Nacional de Estatistica.
  13. 13,0 13,1 2021 Census — source: Instituto Nacional de Estatistica.
  14. Instituto Nacional de Estatística, Praia
  15. "Cape Verde: Population". caperverde.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2014. 
  16. "População cabo-verdiana: "57% dos genes são de origem africana e 43 %, de origem europeia"". A Semana. 27 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar