Cabo Setentrional
A provincia Cabo Setentrional, ou Cabo Norte, (en afrikaans: Noord-Kaap, en inglés: Northern Cape) é unha grande e escasamente poboada provincia de Suráfrica, creada en 1994 cando a provincia do Cabo se dividiu en tres.
IPhondo yaseMntla-Koloni (xh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suráfrica | ||||
Capital | Kimberley | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.355.946 (2022) (3,64 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua ǀxam (pt) Língua nǀu (pt) Língua korana (pt) Vaal–Orange (en) Língua xiri (pt) Lingua xhosa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 372.889 km² | ||||
Altitude | 1.084 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 27 de abril de 1994 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Northern Cape Executive Council (en) | ||||
• Premier of the Northern Cape (en) | Zamani Saul (en) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Northern Cape Provincial Legislature (en) , (Escano: 30) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ZA-NC | ||||
Sitio web | northern-cape.gov.za | ||||
O seu territorio ocupa unha superficie de 361 830 km², unha extensión que pode ser comparada coa de Alemaña. Nela viven 1 145 861 habitantes.
A provincia subdivídese en 5 distritos con 27 municipios, entre os que destaca a capital, Kimberley (a chamada "capital dos diamantes"), que é a única cidade da provincia que supera os 100 000 habitantes.
Inclúe o Parque Nacional Kalahari Gemsbok, que forma parte dun parque transfronteirizo con Botswana. Tamén inclúe as cataratas Augrabies e as rexións mineiras de diamantes en Kimberley e Alexander Bay. As cidades de De Aar e Colesberg (no sur) forman parte do Gran Karoo, e son os principaies nós de transporte entre Johannesburgo, Cidade do Cabo e Port Elizabeth.
O río Orange flúe a través da provincia e forma as fronteiras coa provincia do Estado Libre (no sueste do territorio) e con Namibia (ao noroeste). Este río utilízase para regar os numerosos viñedos cerca de Upington.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |