C. George Boeree
Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021[1]) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1952 Badhoevedorp, Países Baixos (en) |
Morte | 5 de xaneiro de 2021 (68 anos) Shippensburg, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Educación | Oklahoma State University–Stillwater (en) Pennsylvania State University |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia da psicoloxía |
Ocupación | psicólogo, profesor universitario, Elefenist (en) , lingüista |
Empregador | Shippensburg University of Pennsylvania (en) |
Sitio web | webspace.ship.edu… |
Biografía
editarRecibiu o seu doutoramento en 1980 da Universidade estatal de Oklahoma[2]. É o autor dos primeiros textos sobre psicoloxía en Internet[3], os cales están dispoñibles gratuitamente desde 1997. Foron traducidos ao alemán[4], o español[5], e o búlgaro[6].
Tamén é o inventor do idioma auxiliar lingua franca nova, aparecido en Internet en 1998.
En 1956 mudouse coa súa familia a Long Island, Nova York. En 1972 casou con Judy Kovarik, con quen tivo tres fillas.
Morreu o 5 de xaneiro de 2021 dun cancro de páncreas na súa casa en Pensilvania[7].
Notas
editar- ↑ "Cornelis G. Boeree". legacy.com (en inglés). Consultado o 2021-01-08.
- ↑ Social Psychology Network
- ↑ http://webspace.ship.edu/cgboer/onlinetexts.html
- ↑ http://www.social-psychology.de/do/PT_intro.pdf
- ↑ Boeree, C. G. and Gautier Roques, R. E. (translator) (2005). Teorías de la Personalidad. Santo Domingo, Dominican Republic: Universidad Iberoamericana.
- ↑ http://moradabg.com/perscontents_bg.htm.
- ↑ Cornelis George Boeree (1952-2021)