Bulbo olfactorio
Os bulbos olfactivos[1] son dúas zonas do encéfalo, situadas debaixo da parte anterior de cada un dos hemisferios cerebrais, protexidas e apoiadas polas láminas cribriformes. O bulbo olfactivo é a sede central para a elaboración das impresións olfactivas transmitidas polo nervio correspondente. A lámina cribrosa presenta varias aberturas polas que pasan os distintos feixes nerviosos que forman o nervio olfactivo, un dos 12 pares de nervios craniais.
Estes bulbos son a principal área olfactiva do cerebro. Cando captan un cheiro, as células receptoras envían sinais eléctricos aos glomérulos, que están situados no bulbo olfactivo. Un bo cheiro é capaz de espertar emocións fortes nunha persoa, isto pódese explicar pola influencia das conexións do sistema olfactivo co sistema límbico, responsable das emocións.
Notas
editar- ↑ "Termo 'olfactivo' no dicionario da RAG". DRAG. Consultado o 2-1-2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bulbo olfactorio |