Robert Brett Lunger, nado o 14 de novembro de 1945 en Wilmington, Delaware, é un expiloto dos Estados Unidos. Lunger foi educado na escola de Wilmington, na Holderness School, e na Universidade de Princeton. Abandonou Princeton logo de tres anos para alistarse para o servizo en Vietnam. Destacou nas ciencias políticas.[1] Nese momento preparaba unha tese sobre a política dos Estados Unidos no Sueste Asiático. O Incidente do Golfo de Tonkín refutou a maior parte da súa tese.[2] Ao regresar de Vietnam como tenente retirado dos marines, comezou a súa carreira como piloto de competición, que realizou principalmente en automóbiles privados, finaciados pola fortuna familiar (Lunger era un descendente da familia DuPont). Tamén é coñecido por axudar a rescatar a Niki Lauda do seu Ferrari en chamas no ciruíto de Nürburgring en 1976.

Modelo:BiografíaBrett Lunger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Wilmington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHolderness School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Lunger non se cíou nunha familia entusiasta dos autos. Criárono para gozar do béisbol, do hockey, e do balompé. Interesouse polas carreiras de automóbiles cando un amigo levouno a unha carreira en 1965. En 1966 foi o "neno rico" das Can-Am series. Entre 1972 e 1973 enfrontouse na Fórmula 2 europea, a pilotos do talle de Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Jean-Pierre Jarier. O seu mellor final foi un 4º lugar en Mantorp Park en Suecia, no equipo Space Racing, no seu March-Ford BDA 722. O coche que tiña nese momento non lle permitía facelo mellor. Nun só fin de semana en Rouen, Francia, Lunger rebentou tres motores Ford BDA.

Casou con Jo, a filla de Sir Leonard Crossland, expresidente de Ford en Gran Bretaña e executivo de Lotus en 1975. Lunger usou a casa de campo inglesa da súa esposa como base para negociar cos equipos da Fórmula 1 en 1975.[3]

Andaina nas carreiras

editar

Participou en 43 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 17 de agosto de 1975, sen lograr ningún punto de campionato durante as súas catro tempadas na Fórmula Un.

A carreira na Fórmula Un de Lunger comezou xunto a James Hunt no equipo de Hesketh Racing en 1975, seguido por unha tempada con Surtees en 1976. O Gran Premio do Reino Unido de 1976 foi probablemente a mellor carreira do seu paso polos GP, clasificado na metade da grella, avanzou pola pista para desafiar ao seu compañeiro de equipo Alan Jones, e a volta rápida de Lunger foi mellorada só por 5 pilotos. Para 1977, comezou a tempada cun vello March 761 de Bob Sparshott e participou baixo o nome do seu patrocinador, Chesterfield Racing, pero cambiou a un McLaren M23 logo de tres carreiras. En 1978, permaneceu co McLaren M23 e tamén intentouno co McLaren M261 M26, pero agora co equipo de carreiras de Sparshott, BS Fabrications. Logo dunha única carreira con Ensign ao final da tempada, Lunger pasouse a carreiras de autos deportivos.

Lunger é quizais máis coñecido por ser un dos pilotos, xunto con Guy Edwards, Arturo Merzario e Harald Ertl que salvou a Niki Lauda do seu coche en chamas durante o Gran Premio de Alemaña de 1976. Lunger describiu o accidente de Lauda que ocorreu na 2ª volta. Saíu a unha velocidade de entre 210 km/h e 230 km/h. "Aparentemente estrelouse ao saír, pasou por un par de ringleiras de valas, subiu un muro de terra relativamente empinado e volveu ao centro da pista, co Ferrari, en chamas. Lunger dixo que Edwards foi capaz de esquivar o coche de Lauda, pero Lunger non puido evitar o choque co Ferrari. Fixo contacto porque "estaba na trazada e non puiden pasar polos restos". Ertl seguiuno, chocando co Ferrari e golpeándoo contra o Surtees de Lunger. Os extintores de Lunger foron disparados pola colisión foi unha fortuna e aforrou tempo no rescate. Lunger saíu do seu Surtees que estaba enredado co Ferrari. Os seus extintores amortiguaran un pouco o lume. Os traballadores chegaron e mantiveron o lume abaixo, botando espuma no Ferrari. Isto permitiu a Lunger e Merzario achegarse ao lume, aínda que non puideron liberar a Lauda ao principio. Lauda estaba consciente, loitando por liberarse pola súa conta. Novamente o lume avivouse e mantivo aos homes afastados ao lado do coche. Lunger saltou encima do Ferrari e agarrou a Lauda polos ombreiros. Merzario desabrochou os cintos de seguridade e Lunger e Lauda caeron do coche cando unha parte da cabina rompeuse. Cando Lauda e Lunger saíron, os comisarios rociáronos de escuma. Quedaron uns segundos na herba. O combustible ardente ía cara a eles así que Lunger e Lauda camiñaron 6 ou 8 pasos lonxe do lume.[4]

Rexistro de carreiras

editar

Carreiras sobresaíntes

editar
Tempada Series Posición Equipo Coche
1971 L&M 5000 Continental Championship[5] Competition Research & Development Lola-Chevrolet T192
1972 L&M 5000 Continental Championship[6] Hogan Racing Lola-Chevrolet T300
European Championship for Formula 2 Drivers[7] 24º Peter Bloome Racing
Space Racing
March-Ford BDA 722
1973 SCCA L&M Championship[8] Hogan Racing Lola-Chevrolet T330
Rothmans F5000 Championship[9][10] Hogan Racing
Sid Taylor Racing
Lola-Chevrolet T330
Trojan-Chevrolet T101
European Championship for Formula 2 Drivers[11] 32º Space Racing Chevron -Ford BDA B25
1974 SCCA/USAC Formula 5000 Championship[12] All American Racers Eagle-Chevrolet 73A
1975 CASC Player’s Challenge Series[13] 22º Alan MacCall Racing TUI-Ford BDA BH2
1976 SCCA/USAC Formula 5000 Championship[14] 11º Hogan Racing Lola-Chevrolet T332
1978 Aurora AFX F1 Championship[15] 21º BS Fabrications McLaren-Cosworth M23

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1975 Hesketh Racing Hesketh 308 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT
13
ITA
10
USA
Ret
NC 0
1976 Team Surtees Surtees TS19 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA RSA
11
USW
NSC
ESP
NSC
BEL
Ret
MON SWE
15
FRA
16
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT
10
NED ITA
14
CAN
15
USA
11
XPN NC 0
1977 Chesterfield Racing March 761 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA
14
USW
Ret
ESP
10
MON NC 0
McLaren M23B BEL
NTS
SWE
11
FRA
NSC
GBR
13
ALE
Ret
AUT
10
NED
9
ITA
Ret
USA
10
CAN
11
XPN
1978 Liggett Group / B & S Fabrications McLaren M23B Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX
13
BRA
Ret
RSA
11
USW
NSC
NC 0
McLaren M26 MON
NSCP
BEL
7
ESP
NSC
SWE
NSC
FRA
Ret
GBR
8
ALE
NSCP
AUT
8
NED
Ret
ITA
Ret
Team Tissot Ensign Ensign N177 USA
13
CAN

Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 2

editar

(key) (carreiras en grisa indican pole position, carreiras en itálica indican *volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts
1972 Peter Bloore Racing March 722 Ford BDA MAL
10
24º 3
Space Racing THR
NTS
HOC
Ret
PAU CRY
NSC
HOC
Ret
ROU
NSC
ÖST
NSC
IMO
NSC
MAN
4
PER SAL ALB HOC
DNQ
1973 Space Racing Chevron B25 Ford BDA MAL HOC THR NÜR PAU KIN NIV HOC ROU
7†
MNZ
Ret
MAN KAR
9
PER SAL NOR ALB VAL
Ret
32º 1

† Lunger anotou máis puntos dos que correspondíanlle pola súa posición final, xa que os pilotos que terminaron por diante non podían puntuar.

  1. Lunger's Sputtering Career Revives According To Plan, New York Times, 11 de abril de 1976, p. 164.
  2. Brett Lunger Story: From Rich Kid To Formula 5000 Driver, New York Times, 20 de xaneiro de 1974, p. 213.
  3. Lunger Qualifies for Glen Race As Lauda Gains Pole Position, New York Times, 5 de outubro de 1975, p. 226.
  4. Ferrari 'Boycott' Is Ending In Dutch Grand Prix Today, New York Times, 29 de agosto de 1976, p. 151.
  5. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  6. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  7. "Formula 2 1972 - Final Tables". Formula2.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 2014-05-21. 
  8. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  9. "European Formula 5000 races « Formula 5000 «". Oldracingcars.com. Consultado o 2014-05-21. 
  10. "Formula 5000 Great Britain 1973 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2014-05-21. 
  11. "Formula 2 1973 - Championship Tables". Formula2.net. Consultado o 2014-05-21. 
  12. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  13. "Formula Atlantic Canada 1975 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2014-05-21. 
  14. "Formula 5000 - SCCA 1976 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2014-05-21. 
  15. "British F1 Series 1978 standings | Driver Database". Driverdb.com. Consultado o 2014-05-21. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar