Boaventura de Bagnoregio

Boaventura de Bagnoregio nado na Toscana en 1221 e finado en Lión en 1274 foi un filósofo e teólogo, profesor da Universidade de París, superior da Orde franciscana e cardeal da Igrexa católica.

Modelo:BiografíaDoutor da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Boaventura de Bagnoregio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Bonaventura Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Fidanza Editar o valor en Wikidata
1221 Editar o valor en Wikidata
Bagnoregio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1274 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Cardeal
3 de xuño de 1273 –
Cardinal-Bishop of Albano (en) Traducir diocese de Albano
1273 (Gregoriano) – 1274 (Gregoriano)
← Raoul de Grosparmy (pt) TraducirBentivegna de Bentivegni (pt) Traducir →
Bispo
Ministro Xeral da Orde dos Franciscanos
Superior xeral
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, administration and management of the church (en) Traducir, Escolástica, predicación, Christian ministry (en) Traducir, scientific writing (en) Traducir, filosofía, cristianismo místico (pt) Traducir, educación, Oración e religious formation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, clérigo regular, profesor de educación superior, profesor universitario, escritor, presbítero regular, filósofo, místico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlexandre de Hales (pt) Traducir, Eudes Rigaud e Jean de la Rochelle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohn Peckham (en) Traducir e Matteo d'Acquasparta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGregorio X Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de xullo Editar o valor en Wikidata
Patrón deCochiti Pueblo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бонавентура)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 34553 BNE: XX875119

Traxectoria

editar
 
San Boaventura nunha pintura de Francisco Herrera el Viejo, 1628, Museo do Prado.

O seu primeiro nome foi Giovanni da Fidanza. Obtivo o diploma en Arte. En 1243 pediu o ingreso na Orde franciscana ou de Freires Menores e asumiu o nome de Boaventura. Matriculouse na Facultade de Teoloxía de París obtendo os títulos de bacharel bíblico e bacharel sentenciario. A súa tese defendida para poder adicarse ao ensino versou sobre Cuestións verbo do coñecemento de Cristo.

Sufriu unha forte oposición por parte das autoridades académicas e relixiosas. Agromou unha violenta polémica debido a que círculos eclesiásticos moi influentes eran radicalmente contrarios ás innovacións que supoñían as ordes mendicantes seguindo os exemplos de Domingos de Guzmán e Francisco de Asís, non inseridos directamente na xerarquía eclesiástica e tendo a pobreza como eixo da súa vida. Neste conflito mediou o propio Papa Alexandre IV, que apoiou a presenza dos mendicantes na Universidade. Así, en 1257 acadou o título de doutor xunto co dominico Tomé de Aquino. Moi cedo, renunciou a ese cargo ao ser elixido como ministro xeral da Orde franciscana.

Boaventura dirixiu a Orde nun momento de grande expansión desta dende Marrocos ata China. Loitou por preservar o espírito de pobreza da Orde e conseguiu neutralizar os riscos de fractura debido as maneiras diferentes de interpretar a mensaxe do fundador. En 1260 o capítulo xeral de Narbona aceptou os seus principios e regras.

O Papa Gregorio X confioulle a preparación do II concilio de Lión cuxo principal obxectivo era conseguir a unidade da Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa.

Pensamento

editar

Deus, orixe do universo, fonte de amor, é a verdade esencial e transcendente. Para chegar a el propón a vía iluminativa. As criaturas, animais, plantas e obxectos son coma unha linguaxe que manifestan vestixios do divino. O mundo expresa a Deus, é un libro escrito para ser lido polo home e lembrarlle sen cesar o amor do seu autor. A beleza de cada cousa e do universo enteiro convídanos a percibir directamente a Deus. As cousas fálannos da súa causa eficiente, formal e final. Porén onde atopamos unha auténtica imaxe do creador é no fondo da nosa interioridade, na alma mesma.

O entendemento do home non capta plenamente os obxectos se non a partir do ser puro absoluto e total. Isto permítenos coñecer os obxectos como o imperfecto e o relativo. A noción mesma de Deus implica a súa existencia. Boaventura concorda con Agostiño de Hipona en que o home encontra a Deus afondando en si mesmo. Isto non significa que o home poida comprender a esencia divina que sempre será para el inalcanzable. Pola súa parte, ningunha criatura é por si mesma unha razón suficiente da súa existencia

Aínda que defendeu o espírito de pobreza e o igualitarismo propios da orde franciscana, Boaventura saíu ao paso da idea en voga naquel momento dun ritmo trinitario da historia. Moitos franciscanos vían en Francisco de Asís o inicio dunha era do Espírito que superaba ás dúas eras anteriores: a do Antigo Testamento ou era do Pai, e a do Novo Testamento ou era do Fillo. Para Boaventura Deus é un e trino ao longo de toda a historia e é a Santa Trindade quen a conduce en todo o seu percorrido.

Porén, non renuncia a sacar conclusións da novidade que supuxo Francisco de Asís, o que lle leva a defender que, en teoloxía e nos acontecementos históricos, pode xurdir o novo. A historia conducida por Deus é renovación e progreso. Francisco de Asís pon de manifesto que a Palabra encarnada en Xesús de Nazaret e a acción do Espírito son inesgotables. A partir de Boaventura, os Pais da Igrexa, aínda que seguen a ser os grandes mestres no eido da teoloxía cristiá, xa non son considerados como o cumio ao que hai que ancorarse, senón que se empeza a admitir que poden agromar outras luces, que pode abrollar o novo. A obra de Cristo non retrocede senón que avanza.

Significación

editar

Foi canonizado o 14 de abril de 1482 e en 1588 foi nomeado doutor da Igrexa.

  • Itinerarium mentis in Deum
  • Quaestiones disputatae
  • De reductione artium ad theologian
  • Breviloquium
  • Commentarii in Quattuor Libros Sententiarum Petri Lombardi
  • De scientia Christi
  • Legenda Maior
  • Legenda Minor

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Schauber-Schindler, Bildlexikon der heiligen. Múnic 1999
  • Étienne Gilson, La Philosophie au moyen age. París, 1952
  • Etienne Gilson, La Philosophie de Bonaventure, París, 1924
  • Pedro R. Santidrián, Diccionario de pensadores cristianos. Estella, 1999
  • Buenaventura, biógrafo e intérprete de Francisco de Asís, en José Antonio Guerra: Francisco de Asís, Escritos, Biografías, Documentos de la época, Madrid, 1995
  • Bissen, L´exemplarisme divine selon Bonaventure, París, 1929
  • Opera Omnia, trad. castellana en 6 vols, Madrid, 1955