Biblioteca Gallega
A Biblioteca Gallega, foi unha editorial galega, fundada na Coruña en 1885 por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.[1]
Biblioteca Gallega | |
---|---|
Tipo | colección literaria |
Data de fundación | 1885 |
Fundador(es) | Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarMartínez Salazar ocupouse da dirección e administración e Fernández Latorre da impresión, nos talleres de La Voz de Galicia. Os exemplares vendíanse a dúas pesetas para os subscritores e a tres o número solto.
A Biblioteca Gallega difundiu cincuenta e dous volumes, en galego e castelán.
Localización ideolóxica
editarA Biblioteca Gallega estivo influída pola corrente ideolóxica do seu principal fundador: Martínez Salazar. O movemento político ao que era afín, e ao que pertencen os autores que publicaron na súa editorial, foi o rexionalismo.
No ano 1871, ao comezar a vivir na Coruña, Martínez Salazar, a pesar de non ser galego, “formouse como tal” debido á súa amizade co autor Manuel Murguía, home de Rosalía de Castro. Murguía foi o principal modelo que lle serviu de referencia para construír as bases da súa ideoloxía.
Por outra banda, o federalismo que anos atrás enunciaba foi en aumento debido ao contacto que tivo con Murguía, Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, cos que iniciou o movemento rexionalista, e favoreceuno coa súa participación nas primeiras asociacións e cos impresos que producía.
Murguía, xa na introdución ao seu libro Los precursores, acusa aos galegos non nacionalistas de traidores:
“Pero si creéis que os hemos engañado, que hemos tomado por realidad los sueños de nuestra alma, y que cuanto pasó, pasó inútilmente, que nada os dejamos, ni nada tenéis que hacer en todo esto, entonces cerrad mi libro; no se escribió para vosotros. Somos ciudadanos de una patria distinta, servimos otros altares, no queremos por hijos a los que desertan de las banderas a cuya sombra combatieron sus padres.”[2]
Tamén Brañas, ao inicio do Rexionalismo, presenta a división dos galegos: "Porque es necesario mostrar a los buenos y malos gallegos cual es el camino derecho que deben de seguir para llegar en breve plazo a la conquista de su regeneración política y moral!”.[2]
Biblioteca Gallega
editarPreviamente á “Biblioteca Gallega” tivo a súa primeira acción no campo da edición como promotor da cultura galega a través desta actividade. Iniciou a editorial “Andrés Martínez” publicando obras como:
- Foguetes, de Pérez Ballesteros.
- Ferruxe, de Aurelio Ribalta.
- Contiños, de Benito Losada.
- Proezas de Galicia, de José Fernández y Neyra.
- Poesías, de Alberto Camino.
Porén, aínda que Galiza tiña unha escasa produción editorial, Martínez Salazar continuou co seu proxecto e comunicou a un político liberal (da obediencia de Eugenio Montero Ríos) a súa intención de publicar unha “Biblioteca Gallega”.
A “Biblioteca Gallega” publicou cincuenta e dúas obras en castelán e en galego a partir de 1885. A súa finalidade era editar vellos textos esquecidos ou perdidos, á par que se daría a coñecer a produción máis recente dos escritores vivos dese momento.
Los Precursores de Murguía foi o primeiro volume, en 1885, mais, pese ao interese histórico e literario do tema, apenas se vendeu. Ao ano seguinte (1886), saíu Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, esta vez obtivo un maior número de vendas.[Cómpre referencia]
Neste mesmo ano viron a luz cinco volumes, un grande esforzo editorial neste momento debido á atonía cultural do país e á escaseza de medios. Estas obras eran os tres tomos de El idioma gallego, de Antonio de la Iglesia, Soaces d’un vello de Benito Losada Astray (quen xa publicara baixo a editorial de Martínez Salazar no pasado) e Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. A pesar da variedade e a calidade destas publicacións a venda seguiu a decrecer.
Debido as baixas vendas, os dous editores, que figuraban no pé editorial baixo a razón social de “Latorre y Martínez”, reconsideraron seguir coa actividade editorial. Martínez Salazar manifestou a súa decisión de continuar e a partir dese momento o pé editorial reduciuse a “Andrés Martínez”, ficando como único responsábel, investindo os seus bens na súa empresa.[Cómpre referencia]
Títulos publicados
editar- Los precursores: Manuel Murguía.
- Aires d'a miña terra: Manuel Curros Enríquez.
- El idioma gallego: Antonio de la Iglesia (3 tomos).
- Soaces d'un vello: Benito Losada Astray.
- Queixumes dos pinos: Eduardo Pondal.
- Historia crítica de la literatura gallega: Augusto González Besada (vol. I e II).
- Breve compendio de los varones ilustres de Galicia: José Pardiñas y Villalobos.
- Romancero de Galicia: Victorino Novo García.
- Elogio del P. M. Feijoó: Marcelo Macías.
- La campaña de ultramar: Aurelio Ribalta.
- La propiedad foral en Galicia: Eduardo Vincenti.
- Ocios de camarote: Xoaquín de Arévalo Otero.
- Estudios sobre Galicia: Leandro de Saralegui Medina.
- Poesías selectas: José María Posada.
- Caldo gallego: Xoán Neira Cancela.
- Poesías gallegas y castellanas: Francisco Añón.
- El cerco de la Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: Andrés Martínez Salazar.
- Artículos y novelas: José Rodríguez Seoane.
- El mundo rural: José Ogea.
- Chorimas: Alberto García Ferreiro.
- Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia: Lisardo Barreiro.
- Sucesos militares de Galicia en 1809: Manuel García del Barrio.
- Cousas d'a aldea: Aureliano Pereira.
- Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia: Luciano Cid Hermida.
- Ecos de mi patria: Waldo A. Insua.
- Rimas: Juan Barcia Caballero.
- Los guerrilleros gallegos de 1809, tomo I: Manuel Pardo de Andrade.
- Primicias: Salvador Cabeza de León.
- Los guerrilleros gallegos de 1809, tomo II: Manuel Pardo de Andrade.
- Juvenilia: Camilo Placer.
- El último hijodalgo: Manuel Amor Meilán.
- Folerpas: Eladio Rodríguez González.
- Crepusculares: Emilia Calé.
- Galicia, León y Asturias: Ramón Álvarez de la Braña.
- Contos da terriña: Heraclio Pérez Placer
- El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento): Antolín López Peláez.
- A tecedeira de Bonaval: Antonio López Ferreiro.
- Por Galicia: cuartillas y apuntes: José Novo García.
- Recuerdos de Galicia: Teodosio Vesteiro Torres.
- Pé das Burgas: Francisco Álvarez de Nóvoa.
- Galicia en el ultimo tercio del siglo XV: Antonio López Ferreiro (2 tomos).
- Fugaces: Sofía Casanova.
- Por las rias bajas: Alfonso Pérez Nieva.
- Poesias selectas: Aurelio Aguirre.
- Los escritos de Sarmiento: Antolín López Peláez.
- Los hidalgos de Monforte: Benito Vicetto.
Análise
editarA Biblioteca Gallega está formada por cincuenta e dúas obras, mais hai unha ausencia de seis pezas. No libro Algunos temas gallegos, o autor enumera cincuenta e dúas obras, porén, soamente cita corenta e seis delas.
Esta editorial publicaba obras en castelán e en galego. Algunhas en galego son: Queixumes dos pinos de E. Pondal, Aires d’a miña Terra de M. Curros e A tecedeira de Bonaval de Antonio López Ferreiro. Outras importantes en castelán eran: Los Precursores de M. Murguía, El idioma gallego de A. de la Iglesia e Recuerdos de Galicia de Teodosio Vesteiro Torres.
Unicamente hai nove obras escritas en galego das cincuenta e dúas totais. A pesar de estaren escritas en castelán, estas obras reivindicaban a cultura galega, como por exemplo o libro de receitas de cociña galega: Caldo gallego de J. Neira Cancela. As obras en galego adoitaban ser de carácter costumista, intimista e facían unha denuncia social. Canto á ideoloxía, seguían á liña rexionalista de Murguía.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Gallega |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Biblioteca Gallega |
Bibliografía
editar- Durán, José Antonio (2005). "Biblioteca Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- López, Teresa, "Andrés Martínez Salazar, os xograis galegos e as fanadas edicións galegas dos cancioneiros medievais", en Fernández Roca, X. Anxo e Martínez Mª José (eds.) (2002). Vir Bonus Docendi Peritus. Homenaxe a José Pérez Riesco, UDC. (pp. 227–239).
- Martínez Salazar, Andrés (1981). Algunos temas Gallegos, II. A Coruña, Gráficas do Castro/Moret.
- Murguía, Manuel (2004). Los precursores, edición especial para La Voz de Galicia.
- Risco, Vicente (1976). Manuel Murguía.Conciencia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. ISBN 9788471542434
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fernández del Riego, F.: "O fundador da «Biblioteca Gallega»" La Voz de Galicia, 4/4/2001.
- "A "Biblioteca Gallega" e a Academia Galega. Os estudos gramaticais" AS-PG.