Berti Vogts
Hans Hubert "Berti" Vogts, nado o 30 de decembro de 1946, en Büttgen, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, é un futbolista e adestrador. Formou parte da selección de fútbol de Alemaña.
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (de) Hans-Hubert Vogts | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 30 de decembro de 1946 (77 anos) Büttgen, Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Der Terrier | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 67 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1992 | Eurocopa de Fútbol Suecia 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1978 | Mundial de Fútbol Arxentina 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1976 | Eurocopa de Fútbol Iugoslavia 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1972 | Eurocopa de Fútbol Bélxica 1972 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | Mundial de Fútbol México 1970 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarXogador
editarEn 1954, con 7 anos de idade, únese ao VfR Büttgen, club no que ficou ata 1965, ano no que foi transferido ó Borussia Mönchengladbach. Aquí estivo ata a súa retirada en 1979, sendo unha das pezas clave do equipo que ao longo dos 70 gañou 5 Bundesligas, 1 Copa de Alemaña e 2 Copas da UEFA. Fixo 419 aparicións en liga anotando 33 goles e 64 encontros e 8 goles nas competicións europeas.
A nivel internacional xogou 96 encontros coa selección absoluta de Alemaña do Oeste, anotando un gol. En 20 deles foi o capitán o equipo. Foi un xogador fundamental no campionato mundial de 1974 que gañou Alemaña. Tamén participou no equipo que venceu na Eurocopa de 1972.
Adestrador
editarDespois de rematar a súa carreira coma xogador, chegou ó cargo de seleccionador do equipo sub-20 de Alemaña, cargo no que estivo ata o ano 1990. En 1990, despois da vitoria da escuadra no Mundial de Italia foi ascendido a adestrador da selección absoluta. Nesta etapa conseguiu a Eurocopa de 1996. Posteriormente tamén adestrou á selección de Escocia e Kuwait, sen moito éxito.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio non oficial (Alemán) - Vogts non ten páxina oficial
- Leverkusen who's who