Benigno Fernández Salgado
Benigno Fernández Salgado, nado en Ferreiravella (concello de Riotorto, Lugo) en 1962, é un escritor, profesor e tradutor galego.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Ferreiravella, España |
Formación profesional | Filoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | filólogo |
Familia | |
Fillos | Hadrián Fernández Eiros |
Premios | |
Ramón Cabanillas de Tradución | |
Lista
|
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1985) e Doutor en Filosofía pola Universidade de Oxford (1996). Foi asesor lingüístico da TVG (1985-88) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94). É profesor nas Facultade de Comunicación de Pontevedra e de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, onde imparte as materias de Lingua Galega e Linguaxe Publicitaria nos Graos en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e en Educación Primaria e Infantil. Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego da Editorial Xerais e coordinou o Dicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades para a Editorial Galaxia.
Obras
editar- Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1999, 384 páx.
- Os rudimentos da Lingüística galega. Un estudio de textos lingüísticos galegos de principios do século XX (1913-1936), USC, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2000, 353 páx.
- Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, coordinación, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela, 2004, 1328 páx.
- El Agricultor. Agrarismo Solidario e Rexionalismo Lingüístico (2007).
Traducións
editar- A liña de sombra de Joseph Conrad, 2000, Ir Indo, despois incluída na Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
- A perla, Editorial Galaxia, Vigo, 2012, 100 páxinas, de John Steinbeck.
- Diario de Eva, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1992, 112 páxinas, de Mark Twain (Premio Ramón Cabanillas de Tradución).
- A morte das linguas, con Mariña Castro Eiroa, Editorial Galaxia, Vigo, 2003, 268 páxinas, de David Crystal.
- Linguaxe. Introdución ó estudo da fala, Universidade de Santiago de Compostela, 2010, 390 páxinas, de Edward Sapir.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo "FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno" da GEG.