Beiralúa
Beiralúa é o quinto álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu.[1] Componse de dezasete temas máis un bonus track, e foi publicado en maio de 2018.[2][3]
Beiralúa | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de SonDeSeu | ||||
Publicado | 2018 | |||
Estudio(s) | Auditorio Milladoiro da ETRAD / Anxest / Disquesí Estudios | |||
Xénero(s) | Música galega e folk | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Tamén contou coa participación de varios músicos convidados: Susana Seivane, Rosa Cedrón, Toño Domínguez, Treixadura e o Cuarteto de Vento Metal Ribeira de Piquín.[4] Este álbum conta coa particularidade de recoller unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, titulada "San Martiño".[4] Esta suite foi composta para o espectáculo "O Canto das Illas" e consta de 10 motivos (dende a pista 8 até a 17) inspirados na fauna e contorna da illa de San Martiño, a máis meridional das tres que conforman o arquipélago de Cíes.
Listaxe de cancións
editarBeiralúa | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Ciclotimias" | Quico Comesaña | 4:37 | ||||||
2. | "Aí vén o maio" | Manuel Curros Enríquez | 3:29 | ||||||
3. | "Maneo de Malpica" | Tradicional | 4:45 | ||||||
4. | "Rumba de Ribeira de Piquín" | Tradicional | 4:52 | ||||||
5. | "Danza da lúa espida" | Rodrigo Romaní | 6:22 | ||||||
6. | "Campanas de Bastabales" | Rosalía de Castro | 5:01 | ||||||
7. | "Aires de Berducido" | Tradicional | 3:36 | ||||||
8. | "San Martiño a vista de paxaro" | Anxo Pintos | 1:27 | ||||||
9. | "Mar de fondo na enseada de Concela" | Anxo Pintos | 1:57 | ||||||
10. | "Alalá do horizonte calmo no Cabo dos Bicos" | Anxo Pintos | 1:20 | ||||||
11. | "Mar fractal. Ardora azul" | Anxo Pintos | 2:06 | ||||||
12. | "Na codia profunda da Enseada de Fornos" | Anxo Pintos | 1:54 | ||||||
13. | "Balbordo de aniñar. Un mar de aves coidando niños na Illa Boeiro" | Anxo Pintos | 1:47 | ||||||
14. | "Un minuto de ruilenzo" | Anxo Pintos | 1:20 | ||||||
15. | "De Gademotta (Etiopía) a San Martiño" | Anxo Pintos | 2:03 | ||||||
16. | "Verán" | Anxo Pintos | 1:33 | ||||||
17. | "Muiñeira da Punta Cabaliño" | Anxo Pintos | 3:03 | ||||||
18. | "Bando do alcalde (Bonus track)" | Manuel María | 3:06 |
Notas
editar- ↑ sondeseu.org (ed.). "Beiralúa". Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ "A orquestra SondeSeu presenta o seu novo disco, 'Beiralúa'". crtvg.es. 13 de maio de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ Selina, Otero (16 de maio de 2018). "SondeSeu lanza o seu quinto disco: 'Beiralúa'". Faro de Vigo. Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Presentación do novo disco da orquestra folk SondeSeu o 19 de maio en Cangas". xornaldevigo.gal. 11 de maio de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2018.