Becerreá

concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo

Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O xentilicio é becerrego ou becerreense.[1]

Modelo:Xeografía políticaBecerreá
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°51′04″N 7°10′23″O / 42.851111111111, -7.1730555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalBecerreá Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.711 (2023) Editar o valor en Wikidata (15,84 hab./km²)
XentilicioBecerreense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie171,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude668 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Martínez Núñez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Becerreá Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27006 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellobecerrea.es Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 2987 (2015)
Menores de 15 anos 207 (6,93 %)
Entre 15 e 64 anos 1714 (57,38 %)
Maiores de 65 anos 1064 (35,62 %)
Evolución da poboación de Becerreá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9153 7864 7015 5091 3424 3250 3121 3072 3048 2921 2987 2921 2856 2827 2818 2760 2826 2755 2711
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

editar

Hai restos arqueolóxicos de diversas etapas: a cova dos Penedos (Fraiás, San Pedro) e os castros de Castro de Castelo (Castro de Ouro, O Salvador), Castro de Guilfrei (Galgao, San Martiño) e castro de Guillén (Goás, San Pedro).

Na zona habitaban o pobo prerromano dos zoelas, que tiñan a súa capital no poboado de Ocellum Gallaicorum (actual Ouselle). Por alí pasaba a vía romana que unía Lugo e Astorga.

O liño zoélico tiña sona en Roma, sendo usado para a confección de pezas de roupa e para a curación de chagas e feridas. Se ben xa non se cultiva na zona, aínda se conservan na comarca antigas teas e útiles usados na súa elaboración.

Xa na época medieval, creouse na zona o mosteiro bernardino de Santa María de Penamaior, único cenobio galego dependente da abadía de Císter. Desta época consérvanse sepulcros medievais en Lagoa, San Vicente.

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española os guerrilleiros locais lograron apoderarse dun numeroso arsenal bélico francés preto da ponte sobre o río Cruzul.

En Becerreá publicáronse os periódicos El Monitor de Becerreá e El Adoptivo.

Galería de imaxes

editar

Lugares de Becerreá

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Becerreá vexa: Lugares de Becerreá.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Becerreá

Agüeira (San Xoán) | Armesto (San Román) | Becerreá (San Xoán) | Cadoalla (San Pedro) | Cascallá (Santa María) | O Cereixal (San Xosé) | Cruzul (San Martiño) | Ferreirós de Valboa (Santa María) | Fontarón (Sancti Spiritus) | Furco (San Xoán) | Guilfrei (Santa Eulalia) | Guillén (San Pedro) | Liber (San Remixio) | Morcelle (San Xulián) | Ouselle (San Cosme) | Ousón (Santo Adrao) | Pando (San Xoán) | Penamaior (Santa María de San Lourenzo) | Quintá de Cancelada (Santa Eulalia) | Sevane (San Xoán) | Tortes (San Pedro) | Veiga (Santa Mariña) | Vilachá (San Pedro) | Vilaíz (Santiago) | Vilamane (Santa María) | Vilouta (Santa Mariña)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.Costas González&rft.btitle=Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega&rft.date=2016&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8158-706-7&rft.pages=42&rft.place=Vigo&rft.pub=Universidade de Vigo&rft_id=https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Xentilicios_0.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.