Beate Uhse
Beate Uhse-Rotermund, nada como Beate Köstlin o 25 de outubro de 1919 en Wargenau e finada o 16 de xullo de 2001 en Sankt Gallen (Suíza), foi unha piloto de aviación e unha personalidade dos negocios alemá. Fundou, rematada a segunda guerra mundial o primeiro sex-shop do mundo.[1] A día de hoxe, a sociedade "Beate Uhse AG" cotiza no mercado de valores e é a máis grande empresa xermana de produtos eróticos.
(1971) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Beate Köstlin 25 de outubro de 1919 Wargenau, Rusia (en) |
Morte | 16 de xullo de 2001 (81 anos) Sankt Gallen, Suíza |
Causa da morte | pneumonía |
Residencia | Braderup |
Actividade | |
Campo de traballo | Acrobacia aérea (pt) e sex shop (pt) |
Ocupación | aviadora, educadora sexual, emprendedora, sex shop owner (en) |
Período de actividade | 1939 - |
Carreira militar | |
Rango militar | Hauptmann (pt) |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Nai | Margarete Köstlin-Räntsch |
Parentes | Bodo Uhse |
Premios | |
Traxectoria
editarEra filla dun labrego e doutor prusiano. Con 17 anos xa tiña licenza de voo e con 24 loitou na Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. En 1945, fuxiu de Berlín cara a Schleswig-Holstein cando, despois de ser arrestada polo exército británico e liberada o mesmo ano, comezou a dar clases de inglés, vender xoguetes feitos á man e dar instrucións sobre anticonceptivos aos mozos desa rexión. Creou unha revista sobre temas sexuais que vendeu 32 000 exemplares. En 1960 tiña un millón de clientes por catálogo e dous anos despois fundou o primeiro sex shop do mundo.
Morreu de pneumonía.
Notas
editar- ↑ "Folha Online - Mundo - Morre Beate Uhse, alemã pioneira em lojas de artigos sexuais - 18/07/2001". www1.folha.uol.com.br (en portugués). 18 de xullo de 2001. Consultado o 2018-07-01.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beate Uhse |
Bibliografía
editar- Beate Uhse und Ulrich Pramann: Ich will Freiheit für die Liebe — Beate Uhse [Beate Uhse: I Want Freedom For Love]. Die Autobiographie. Ullstein Taschenbuch. 2001. ISBN 3-548-60049-2.
- Beate Uhse: Mit Lust und Liebe. Mein Leben. Ullstein. 1989. ISBN 3-550-06429-2.
- Elizabeth Heineman: Before Porn Was Legal: The Erotica Empire of Beate Uhse. The University of Chicago Press. 2011. ISBN 978-0-226-32521-7.