Bea Lema
Beatriz Lema Rivera,[1] coñecida como Bea Lema, nada na Coruña en 1985 é unha ilustradora e autora de banda deseñada galega.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Lema Rivera 1985 (38/39 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | artista, ilustradora, artista de banda deseñada |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | bealema.com |
Traxectoria
editarTen feito ilustracións para revistas, carteis e libros infantís. Formada como dseñadora de produto na Universidade da Coruña, empezou en 2010 trabllando en Sargadelos. Desde 2013 ten realizado proxectos para entidades como Certamen Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Concello da Coruña e Xunta de Galicia.
No seu traballo, moitas veces autobiográfico, trata temas como a loucura, as relacións familiares, a relixión, a trauma, os ritos populares.[3]
O xerme da obra El cuerpo de Cristo foi en 2016 cunha versión en tinta negra: O corpo de Cristo, que foi premiada en 2017, trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha meniña. Despois en 2022 gozou dunha residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs do festival de Angoulême.[4] Titulada en francés Des Maux à dire (El cuerpo de Cristo, en Astiberri), levou varios premios. A primeira versión era moito máis sinxela, a liña, e foi mellorando coa cor, as formas e o bordado.[5] En 2024 traballaba na adaptación a curtametraxe de animación, producida por Uniko y Abano Produciòns, foi presentada no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy 2023.[6]
Premio Nacional de Banda deseñada 2024 por El cuerpo de Cristo[7]
editarO premio do Ministerio de Cultura (30.000 €) é por "unha obra arriscada no formal e innovadora, empregando texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética", segundo o xurado.[3]
Obras
editar- O corpo de Cristo (2018). Deputación da Coruña. 96 páxs. ISBN 978-84-9812-320-3.
- I Want to Eat! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
- I Want to Sleep! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
- I Want to Poop! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
- I Want to Bathe! (2021).China: Ed. S&S Alliance.
- Des maux à dire (2023). Sarbacane. 184 páxs. ISBN 9791040802396.
- El cuerpo de Cristo (2024). Bilbao: Astiberri Ediciones. 184 páxs. ISBN 9788419670144. Título orixinal Des Maux à dire.
Premios
editar- 2017: Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña por O corpo de Cristo, a primeira muller en recibir o premio.
- 2023: Finalista do Premio ACDCómic de autora emerxente, por El cuerpo de Cristo.
- 2023: Premio do Xurado do Festival BD en Périgord, por El cuerpo de Cristo.
- 2024: Premio Nacional do Cómic, por El cuerpo de Cristo.
- 2024: Premio do Público do Festival de Angoulême, por El cuerpo de Cristo.
- 2024: Gran Premio l’Héroïne Madame Figaro, por El cuerpo de Cristo.
- 2024: Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montréal á mellor obra estranxeira, por El cuerpo de Cristo.
- 2024: Finalista do Premio Miguel Gallardo á autora emerxente en Comic Barcelona, por El cuerpo de Cristo.
Notas
editar- ↑ "Lema Rivera, Beatriz". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-09-17.
- ↑ Diario, Nós (2024-09-25). "Bea Lema: "Comecei a facer páxinas empregando a técnica do bordado e sorprendeume o resultado"". Nós Diario. Consultado o 2024-09-26.
- ↑ 3,0 3,1 Novas, Gracia (2024-09-16). "La ilustradora gallega Bea Lema, Premio Nacional del Cómic 2024 con «El cuerpo de Cristo», «una obra innovadora, arriesgada en lo formal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-09-17.
- ↑ "En lice à Angoulême : Des maux à dire, en découdre avec la maladie mentale". Le Figaro (en francés). 2023-12-30. Consultado o 2024-09-17.
- ↑ Casais, Marta (2024-09-17). "“Hacer este cómic ha sido mi escuela”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-09-17.
- ↑ "Bea Lema::Astiberri Ediciones". www.astiberri.com. Consultado o 2024-09-17.
- ↑ "Bea Lema: "Para entender a loucura hai que coñecer o contexto"". G24. Consultado o 2024-09-17.