Basílica de San Francisco de Asís
A Basílica Papal de San Francisco (en italiano: Basilica Papale di San Francesco, en latín: Basilica Sancti Francisci Assisiensis) atópase en Asís, na rexión italiana de Umbría, e é Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.[1][2] Lugar da glorificación de San Francisco de Asís, distínguense nela dúas partes fundamentais: a Basílica inferior, baixa e escura, e a Basílica superior, espazosa e luminosa. Esta distribución interpretouse de xeito simbólico: a primeira representaría a vida de penitencia, mentres que a segunda simbolizaría a gloria.[3]
(it) La Basilica di San Francesco d'Assisi | ||||
Tipo | Basílica papal (pt) atracción turística basílica menor igreja monástica (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Francisco de Asís | |||
Parte de | Propriedades da Santa Sé (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Asís, Italia | |||
Localización | Piazza San Francesco, - Assisi | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 50 () × 80 () m | |||
Superficie | 14.563 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Ben cultural de Italia | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1228 | |||
Sitio web | sanfrancescoassisi.org | |||
A basílica forma parte de todo un complexo monumental franciscano. En fronte do atrio que precede o ingreso da basílica inferior atópase o ex Oratorio de San Bernardino, construído para a Terceira orde de San Francisco por oficiais longobardos arredor da metade do século XV. Tralo portal, éntrase no Sacro Convento que, ademais da comunidade de Freires Menores Conventuais, encargados da custodia da basílica, actualmente aloxa o Instituto Teolóxico de Asís (ITA), o Instituto de Ciencias Relixiosas (ISSRA), un Centro de documentación e un importante fondo de documentos e libros especializados en temas franciscanos.
A basílica ten grande importancia dende o punto de vista relixioso, xa que é a sede da Orde Franciscana e trátase dunha parada obrigada para moitos peregrinos durante a súa viaxe a Roma, e dende o punto de vista artístico, por contar con obras como A vida de San Francisco nos frescos de Giotto.
Notas
editar- ↑ Breve historia de Asís. Patrimonio da Humanidade fratefrancesco.org (Ver "Centro de peregrinaxe e de arte, e Patrimonio da Humanidade")
- ↑ "Assisi, the Basilica of San Francesco and Other Franciscan Sites" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ Basílica e tumba de San Francisco Fernando Uribe (Ver "Actualización")
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica de San Francisco de Asís |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en italiano)