Bares, Mañón

parroquia civil do concello de Mañón

Santa María de Bares[1] é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor. No ano 2011 tiña 197 habitantes.

Bares
Igrexa de Santa María
ConcelloMañón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889
Poboación197 hab. (2011)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Historia

editar

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias mámoas.

O peirao do porto de Bares, unha gran construción de grandes pelouros coñecida co nome do Coído, pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no noroeste da Península Ibérica, talvez de orixe fenicia[Cómpre referencia]. Moitos expertos, incluíndo Federico Maciñeira e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achados efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao século XIII ou XIV, cando se xeneralizou a caza da balea no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os barcos baleeiros.

Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencente ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 trala caída do pano de aceiro e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.

No alto do monte de Bares hai unha garita de pedra que entraba en comunicación con outras dúas en Espasante e no alto do Ortegal, cumprindo unha misión de vixilancia do territorio. A súa orixe estímase no século XVIII.

Patrimonio

editar

En 1948 foi atopado no porto de Bares un tesouro monetario, coñecido como Tesouro de Bares, composto por 608 moedas romanas, que foi depositado no Museo Provincial de Lugo.[2][3][4]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Bares

editar
Lugares da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Anido | Campelo | O Faro da Estaca de Bares | O Porto de Bares | A Vila de Bares | Vilela

Parroquias de Mañón

editar
 
As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Vázquez Seijas, M. (1953). “Hallazgo de Denarios romanos en Bares". En Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo. Tomo V. Páxinas 304 e ss.
  3. "C.1.- Bares (Mañón, A Coruña)". Balseiro García, A. et al. (2021). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 773-774. ISBN 978-84-89157-85-9
  4. "Tesouro de Bares (Mañón, A Coruña". Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. Páxina 54. ISBN 978-84-8192-573-9

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar