A bandeira de Vigo é a bandeira oficial da cidade e do concello de Vigo. Atópase regulada por un acordo do seu Concello aprobado o 7 de abril de 1987. A descrición da bandeira tal e como aparece na norma que o regula é a seguinte:

Bandeira de Vigo
Bandeira de Vigo
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción7 de abril de 1987
Cores     Branca      Vermello
Recoñecer que a bandeira de Vigo consta de dúas cores, branca e vermella e can en forma de sautor: o branco aos laterais e o vermello enriba e embaixo.

No vórtice da bandeira adoita ficar o escudo da cidade.

Historia

editar
 
Bandeira do concello de Vigo

Unha das hipóteses da súa orixe é que fora usada na Reconquista de Vigo durante a Guerra da Independencia, porén xa nos anos 30 do século XX se estaba a usar a bandeira da matrícula marítima coma símbolo da cidade, un sautor (cruz de Santo André) coas súas cores branca e vermella. As cores teñen un referendo nacional declarado en 1914 polo que as cores nacionais mesturaranse coas da matrícula de Vigo.

Significado

editar

A cor vermella significa calor, lume, loita; a cor branca pureza. A disposición das cores indica o vórtice onde se acrisolan os vigueses.

Fontes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar