Banco (mobiliario)

tipo de asento para varias persoas á vez

Un banco[1] é un moble no que poden tomar asento varias persoas ao mesmo tempo. Esencialmente ten forma de cadeira alongada, feito normalmente de madeira tamén se usan outros materiais como o metal, a pedra ou materiais sintéticos. Moitos bancos teñen respaldo, os que non os teñen adoitan a ser accesibles polos dous lados. Normalmente tamén teñen repousabrazos, dispostos aos extremos.

Banco de pedra. San Martiño do Grove.

Historia

editar

Atopáronse bancos de pedra, pegados aos muros interiores de edificios, nas antigas construcións cretenses e do período micénico. Tamén se utilizaron bancos de pedra para conformar as butacas dispostas nas bancadas dos teatros, hipódromos, circos e edificios similares de época grega e romana. Da época grega e romana coñecemos a klinè, un banco que se utilizaba para comer deitado e durmir. Os gregos non o inventaron, senón que se inspiraron nos modelos exipcios.[2] No senado, as cortes e os teatros (agás os anfiteatros, que eran de pedra) estaban os subsellia (singular subsellium), uns bancos sen respaldo. A súa forma sinxela e austera era un símbolo de humildade e modestia para os ediles.[3]

Xunto a banqueta, durante a Idade Media, era o único moble para sentarse, e a xente levábao aos distintos lugares onde o necesitaban.[4] Eran mobles (móbiles, no sentido etimolóxico da palabra) para levar ás diferentes casas do nobre, normalmente moi escasamente amobladas. Nas igrexas, os fregueses seguían as cerimonias de pé, só había asentos para o clero.

Ata o século XIV o banco tiña formas moi sinxelas. A partir de entón, empezáronse a decorar como as cadeiras e foron evolucionando ata o sofá que coñecemos.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. "banco". academia.gal. Consultado o 2023. 
  2. Kamperidou, Vasiliki; Vasileiou, Vasileios (2013). "Ancient greek furniture: source of inspiration for the designers and manufacturers of modern times" (PDF). Proceedings of the xxvi International Conference Research for Furniture Industry. 
  3. "Geschiedenis van het bankstel" [Historia do banco]. isgeschiedenis.nl. Consultado o 2017. 
  4. Viollet-le-Duc, Eugène (1873). "Banc". Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque carlovingienne à la Renaissance (Librairie centrale d'architecture): 31–37. OCLC 47996543.