Bamaco
Bamaco[1][2] (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953 600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos. Bamaco é a capital do único distrito do país. Concentra o 70% da produción industrial total do estado.[3] As principais producións son as manufacturas, como os téxtiles, a carne, os metais e a pesca. Ademais, o sector terciario está moi estendido, sobre todo o artesanado e o comercio. É sede das grandes empresas nacionais e da Administración do estado.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Malí | ||||
Rexión | Bamako Capital District (en) | ||||
Cercles (pt) | Bamako (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.227.569 (2023) (17.255,38 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua de Sinais de Bamako (pt) Kita Maninka (en) Eastern Maninkaka (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 245 km² | ||||
Bañado por | Río Níxer | ||||
Altitude | 350 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ML-BKO | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | bamako.ml |
Historia
editarA área onde se asenta Bamaco está habitada dende o paleolítico, segundo a tradición fundárona os xefes bambaras Seribadian Niaré e Soumba Coulibaly no século XVII, a cidade foi un importante centro comercial e de estudo islámico, posteriormente decaeu e a fins do XIX apenas tiña 800 habitantes. En 1883 os franceses ocuparon Bamaco e en 1908 convértese na capital do Sudán francés e ao obter Malí a independencia en 1960, Bamaco convértese na súa capital.
Xeografía
editarA cidade de Bamaco nunha curva do río Níxer, rodeada de montes. Esténdese por unha superficie de 267 km². Ten unha poboación de 1 690 471 habitantes (2006) e un porto fluvial importante sobre o río Níxer. É relativamente chan excepto ao norte, onde hai unha escarpa, formada por un antigo volcán.
Comunicacións
editarUnha liña de ferrocarril une Bamaco con Dakar, no Senegal, pasando por Kati, Négala, Kita e Kayes. Outra forma de comunicarse coa cidade é o propio río Níxer. Ademais, existen camiños asfaltados que comunican a capital de Malí coas principais cidades das distintas rexións do país. O proxecto da Estrada Transaheliana vai facer pasar por Bamaco a vía procedente de Dakar para logo dirixirse cara a Burkina Faso, Níxer, Nixeria e o Chad. Por vía aérea, o Aeroporto Internacional de Bamaco-Sénou conecta a cidade con múltiples destinos africanos, ademais de con París, a onde voan as compañías Aigle Azur, Air France e Air Mali.
Demografía
editarEvolución demográfica[4] | |
---|---|
Ano | Poboación |
1900 | 10 000 |
1926 | 15 600 |
1936 | 22 000 |
1938 | 24 900 |
1946 | 70 500 |
1950 | 101 100 |
1954 | 120 000 |
1960 | 182 000 |
1970 | 387 700 |
1976 | 419 200 |
1987 | 658 300 |
1995 | 913 000 |
1998 | 1 016 300 |
O crecemento demográfico de Bamaco é moi acusado nos últimos anos, pasando dos 2 500 habitantes en 1884, 8 000 en 1908, a máis de 160 000 en 1960, durante a época da independencia, até chegar a unha poboación de máis de 1 600 000 habitantes actualmente. Bamaco é a sexta cidade do mundo cunha proxección de crecemento de poboación máis grande, prevista para o ano 2020.[5]
Notas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Bamaco (Malí)
- ↑ "Lingua Galega Dúbidas Lingüísticas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2016.
- ↑ Censo industrial realizado no 2006, comunicación do Consello de Ministros do 20 de decembro de 2006.
- ↑ Fonte:POPULATION STATISTICS
Jan Lahmeyer (2002). "MALI historical demographical data of the urban centers" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. - ↑ city mayors statistics. "The world’s fastest growing cities and urban areas from 2006 to 2020" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bamaco |