Baixa Navarra
A Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea; en francés: Basse-Navarre) é unha rexión histórica do País Vasco francés ou Iparralde. Antigamente tamén era coñecida como Terra de Vascos ou abrev. Vascos[1][2][3] Hoxe en día, o seu territorio forma parte do departamento dos Pireneos Atlánticos, xunto cos dos antigos vizcondados de Labort, Sola e Bearne. A Baixa Navarra é un dos tres territorios históricos franceses (os outros dous son Labort e Sola) que forman parte do territorio denominado tradicionalmente Vasconia ou Euskal Herria, de acordo á recomendación da Euskaltzaindia.[4][5] Formou parte do Reino de Navarra xunto coa actual Comunidade Foral de Navarra (Alta Navarra) ata 1512, data na que foi conquistada por Fernando o Católico, coa incorporación do territorio que logrou controlar (a Alta Navarra) á Coroa de Castela.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.983 (2006) (22,63 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.325 km² | ||||
Sucedido por | Reino de Francia | ||||
A Baixa Navarra, que reverteu esta conquista (ao ser abandonada polo emperador Carlos V pola súa difícil defensa), permaneceu con institucións e leis propias como parte dos dominios da casa de Albret, asociándose ao Reino de Francia ao ascender o seu rei, Henrique III de Navarra, primeiro da casa de Borbón, ao trono francés. Así, os monarcas franceses intituláronse "Reis de Francia e de Navarra". En 1620 Lois XIII limitou os poderes das institucións navarras, aínda que mantendo a súa autonomía (así, cando Lois XVI convocou os Estados Xerais de Francia, Navarra non enviou formalmente deputados a estes, senón ao Rei en persoa, de xeito independente e co seu propio Caderno de agravios).[6] Porén, o seu status diferenciado dentro da Coroa rematou coa Revolución francesa iniciada en 1789.
As 76 comunas que o compoñen formaban parte do distrito de Bayona e dos cantóns de Bidache (parcialmente), Hasparren (parcialmente), Iholdy, La Bastide-Clairence (parcialmente), Saint-Étienne-de-Baïgorry, Saint-Jean-Pied-de-Port e Saint-Palais (parcialmente) ata o ano 2015, en que, mantendo o distrito, pasaron a formar parte dos novos cantóns de País de Bidache, Amikuze e Ostibarre (45 comunas), Montaña Vasca (30), Nive-Adour (1) e Orthez e Terras de Ríos e Sal (1).
Historia
editarAta época moderna non recibe o nome de Baixa Navarra por influencia do francés (Basse Navarre), do mesmo xeito que outras provincias de Francia (por exemplo, Alta e Baixa Normandía). Na Idade Media e ata o século XI o territorio formou probablemente parte do ducado de Vasconia. A mediados do século XI é entregada ao reino de Navarra. Esta medida non é aceptada polos baróns locais, que se manteñen en rebeldía ata que en 1191 Ricardo Corazón de León lla entrega de novo ao reino de Navarra. Ata 1530 formou parte de Navarra, denominándose Meiriñado de Ultraportos ou Terra de Ultraportos por atoparse todo o seu ámbito na vertente norte dos Pireneos, alén do porto de Roncesvalles. Dentro do reino mantivo certa autonomía aínda que, pese á tradición popular, non pode considerarlla propiamente un meiriñado.
En 1512 Fernando o Católico coa escusa de apoiar ao bando navarro beamontés na Guerra Civil de Navarra, invadiu dito reino e tomou o título de rei, uníndoo ao de Aragón.[7] En 1513 as Cortes de Navarra á que só acudiron beamonteses nomearon rei a Fernando o Católico. Posteriormente as Cortes de Castela en Burgos en 1515 decidiron a incorporación ao Reino de Castela, sen acudir ningún navarro a dita asemblea. Desta forma, o título real navarro pasou a estar ligado á Corona castelá.[8] Ao unirse as dúas coroas en Carlos I, o título permaneceu vinculado aos títulos reais españois.[9]
Os monarcas navarros Xoán III de Albret e Catarina de Foix e posteriormente Henrique II nunca renunciaron ao seu dereito sobre o reino de Navarra e de feito intentaron reconquistalo varias veces, aínda que non lles foi posible. Do mesmo xeito que os reis españois, seguiron ostentando o título real simultaneamente. En 1530 o emperador Carlos V, decidiu por razóns estratéxicas, debido á imposibilidade de controlalo, renunciar definitivamente á parte transpirenaica do Reino de Navarra co que Henrique II de Albret, Rei de Navarra, puido exercer a soberanía deste territorio como un máis dos seus dominios. Sobreviviu xa que logo o Reino de Navarra en Baixa Navarra, baixo plena soberanía dos seus Reis, ata o ano 1610 en que uníronse dinásticamente os Reinos de Navarra e Francia, aínda que mantendo teoricamente a súa identidade. O seu capitalidade ostentouna a cidade de Saint-Palais, onde se reunían as Cortes do Reino. Este Reino de Navarra recalcaba a súa independencia do resto de Francia ata a Revolución francesa, en 1789:
- As Cortes reunidas en Saint-Palais acordan:«A nación francesa pode chegar a darse unha constitución bastante prudente ou xuizosa para que Nabarra pense un día renunciar aos seu e unirse a Francia, pero mentres ese día chega, non fará o sacrificio da súa propia constitución que asegura o seu repouso e a súa liberdade».
En 1548, Xoana de Albret, raíña de Navarra, casou co Duque de Vendôme Antón de Borbón, de cuxo matrimonio naceu Henrique III de Navarra, herdeiro deste reino. En 1589 accedeu este ao trono de Francia como Henrique IV de Francia, portando na súa cabeza a coroa de ambos reinos e iniciando a dinastía Borbón.
Tras acceder a casa de Borbón, que ostentaba o título de rei de Navarra (do mesmo xeito que os reis españois), ao trono de Francia, o goberno efectivo como senescais das terras que pertenceran á casa de Albret, a Baixa Navarra, Bearn, o Vizcondado de Soa, as terras de Labort, a alcaldía de Baiona (practicamente a totalidade do que hoxe constitúe o departamento francés de Pireneos Atlánticos), recaeron baixo a Dinastía Agramont (Gramont, en francés), histórica familia aliada dos Reis de Navarra, con sede no Principado de Bidache.
En 1610 unificáronse Francia e Baixa Navarra, aínda que os sucesivos reis franceses seguiron ostentando ambos títulos por separado. Como os reis españois non renunciaron ao seu título de Reis de Navarra, deuse o caso de que tanto uns como outros autodenominábanse Reis de Navarra.
Reis da Baixa Navarra
editarOs reis da Baixa Navarra trala conquista do resto de Navarra foron os seguintes:
- Casa de Foix:
- Catarina de Navarra e Xoán III de Albret (1512-1516)
- Catarina de Navarra (1516-1518)
- Casa de Albret:
- Henrique II (1518-1555)
- Xoana III de Albret e Antón de Borbón (1555-1562)
- Xoana III de Albret (1562-1572)
- Casa de Borbón:
- Henrique III de Navarra e IV de Francia (1572-1610)
Cultura
editarAdemais do francés, oficial e falado por toda a poboación, o uso do éuscaro (no seu dialecto baixo-navarro) está moi estendido. No 2001, dos 28.000 habitantes da Baixa Navarra, 17.080 declarábanse vascófonos (bilingües éuscaro-francés ou bilingües pasivos), o que representaba o 61% da poboación e constituía o segundo maior porcentaxe de entre os tres territorios do País Vasco francés, só por detrás de Soule, cun 64%.[10] O máis recente estudo, porén, marca unha regresión, especialmente entre os máis novos, situándose actualmente nun 55,5%.[11] Na zona sur-occidental da Baixa Navarra, nas comunas de Aldudes, Banca e Urepel, fálase o dialecto alto-navarro.
Con respecto á súa identidade cultural, e ante a pregunta "Considérase vostede vasco?", un 63% dos baixonavarros responderon afirmativamente, un 9% que en certa medida, e outro 24% de forma negativa.[12]
Notas
editar- ↑ "Información del Virrey sobre unha falsa carta do Papa (1560) que circula por Navarra, recoñecendo aos seus lexítimos reis" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de agosto de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ Palacio Hualde de Erratzu
- ↑ "Sancho III el Mayor. Un rey pamplonés e hispano", Sancho III el Mayor: rey de Pamplona, rex Ibericus (2007)
- ↑ Así o recolle a Euskaltzaindia nun informe do 18 de xullo de 2003, dispoñible en Euskaltzaindia sobre la denominación Euskal Herria
- ↑ Mapa de la Baja Navarra de la oficina de turismo bajonavarra
- ↑ Enciclopedia Auñamendi. Behe Nafarroa, Historia, los Bajonavarros y los estados de 1789
- ↑ Titulación do rei en documento do arquivo da Igrexa de Tudela (outubro de 1514):"D. Fernando, pola graza de Deus, rei de Aragón, de Navarra, das Dúas Sicilias, de Xerusalén, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega, Conde de Barcelona, Duque de Atenas e de Neopatria, Conde do Rosellón e de Cerdania, Marqués de Oristán e de Gosiano..."[1]
- ↑ "Doña Johana y don Carlos, su hijo, por la gracia de Dios, reyna y rey de Castilla, de Navarra, de Aragon, de Leon, de Granada, de las Dos Sicilias, de Jherusalem, de Valençia, de Mallorcas de Cerdeyna, de Corçega" etc.[2]
- ↑ "Don Carlos, por la dibina clemencia Enperador senper Augusto... e doña Joana, su madre, y el mismo don Carlos, su hijo, por la gracia de Dios reyes de Castilla, de Leon, de Navarra, de Aragon, de Granada, de Toledo, de Sevilla, de Jherusalem, de Valencia, de Mallorcas, de Menorcas, de Cerdeña, de Cordova, de Corcega, de Murcia, de Jahen, de los Algarves, de Algezira, de Gibraltar, de las Yslas de Canaria, Indias, Yslas y Tierra Firme del mar Oceano, condes de Varcelona, señores de Vizcaya y de Molina, duques de Atenas y de Neopatria, condes de Ruysellon y de Cerdeña, marqueses de Oristan y de Gociano, archiduques de Austria, duques de Vorgoña y de Brabante, condes de Flandes y de Tirol etc. [3]
- ↑ Jacques Leclerc. "Les variétés dialectales du basque Arquivado 02 de novembro de 2007 en Wayback Machine.", Université Laval, Trésor de la langue française au Québec, 23 de marzo de 2006
- ↑ Encuesta Sociolingüística 2006, Viceconsejería de Política Lingüística, Gobierno Vasco[Ligazón morta], Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz, 2008 (ISBN 978-84-457-2775-1), especialmente págs. 79-80, así como "Resultados de la IV Encuesta Sociolingüística en el País Vasco Norte: una grave situación con signos de esperanza", documento de la Oficina Pública de la Lengua Vasca (encargada desde 2004 de coadyuvar a mejorar la situación, v. noticia de septiembre de 2010), pág. 7: "La Baja Navarra y Zuberoa son los territorios que cuentan con el mayor porcentaje de bilingües, un 55,5% de su población lo es, 18.200 personas en total...".
- ↑ Richard Y. Bourhis. "La continuidad del euskera: Clasificación de la población según la identidad cultural. Universidad de Québec en Montréal (novembro de 1994). Consultado o 12-3-2007
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Navarra |
Bibliografía
editar- Lapitz, J. J. (1984): Amar a Euskadi conociéndola. Hondarribia ISBN 84-400-5011-9