Baden-Württemberg

estado de Alemaña

Baden-Württemberg é un dos 16 estados federados (Bundesländer) en que está dividida Alemaña. Baden-Württemberg sitúase no suroeste do país, ó leste do río Rin. O estado limita ó norte co estado de Hesse, ó nordeste e ó leste co estado de Baviera, ó sur con 334 km de Suíza, ó oeste coa rexión francesa da Alsacia e ó noroeste co estado de Renania-Palatinado.

Modelo:Xeografía políticaBaden-Württemberg
Imaxe

Lema«Wir können alles. Außer Hochdeutsch.» (–2021)
«The Länd» (2021–) Editar o valor en Wikidata
EpónimoEstado de Baden e Estado de Württemberg Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°32′N 9°02′L / 48.54, 9.04
EstadoAlemaña Editar o valor en Wikidata
CapitalStuttgart Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.069.533 (2018) Editar o valor en Wikidata (309,62 hab./km²)
Lingua usadaLingua suaba
Lingua alemá de Suíza
Língua yeniche (pt) Traducir
Alemánico Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie35.751,65 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Constanza e Río Rin Editar o valor en Wikidata
Altitude327 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoFeldberg (1.493 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
9 de decembro de 19511951 Baden-Württemberg referendum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Minister-President of Baden-Württemberg (en) Traducir Editar o valor en WikidataWinfried Kretschmann (2011–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLandtag of Baden-Württemberg (en) Traducir , (Escano: 154) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Baden-Württemberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orzamento60.976.489.200 € (2024) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2DE-BW Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE1 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña08 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbaden-wuerttemberg.de Editar o valor en Wikidata
Twitter: regierungbw Instagram: regierung_bw Youtube: UCEHiTBtGu3IxAB8txgssT0Q Flickr: 63097749@N08 BNE: XX461348 Editar o valor en Wikidata

É o terceiro estado máis grande de Alemaña, cunha superficie de 35.752 km2 (extensión semellante á de Bélxica) e unha poboación de 10,7 millóns habitantes. A súa capital é Stuttgart. Baden-Württember é o resultado da unión entre os estados independentes de Baden e Württemberg, a partir de 1952 e grazas a unha consulta popular.

Historia

editar

A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formares parte da Confederación do Rin. Tralo congreso de Viena, o gran ducado de Baden, os principados de Hohenzollern e o Reino de Württemberg (parte da rexión de Suabia), pasaron a formar parte da Confederación Xermánica.

Trala segunda guerra mundial, as forzas aliadas delimitaron a zona en tres estados: Württemberg-Baden (ocupado polos EEUU), Württemberg-Hohenzollern e Sur de Baden (ocupados por Francia). En 1949 estes tres estados pasaron a ser parte da República Federal de Alemaña. O artigo 118 da Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña permitía, porén, a unión de estados. Tras un plebiscito celebrado o 9 de decembro de 1951 os tres estados uníronse a 25 de abril de 1952 en Baden-Württemberg.

En 1956 a Corte Federal Constitucional de Alemaña determinou que o plebiscito fora ilícito porque era desvantaxoso para a poboación de Baden. Entón, en 1970 volveuse a celebrar un plebiscito na área de Baden, que resultou nunha maioría (máis do 81% de votos) partidaria da unidade.

Xeografía

editar
 
Mapa físico

A Selva Negra, o Lago Constanza, os vales do Rin, o Danubio e o Neckar son os seus puntos xeográficos máis destacados.

Algunhas das súas cidades máis importantes son son: Baden-Baden, Stuttgart, Heidelberg, Friburgo, Mannheim, Karlsruhe, Ulm, Heilbronn, Pforzheim, Tubinga, Balingen, Reutlingen, Constanza, Hockenheim, Walldorf, Wiesloch ou Bruchsal.

A Selva Negra ("Schwarzwald" en alemán) forma o alicerce xeográfico do suroeste de Alemaña. Dende a cidade de Pforzheim no norte, até Waldshut no sur, ten unha lonxitude duns 160 km. Na zona norte, a Selva Negra ten unha anchura de 20 km e no sur de 60 km. Os cumes máis altos chegan a unha altura de 1.166 m (Hornisgrinde) no norte, até de 1.493 m (Feldberg) na Selva Negra sur. No oeste, a montaña baixa rapidamente á chaira do Rin cunha altitude de menos de 200 m. No leste, a baixada aos vales dos ríos Danubio e Neckar (de 600 m) é máis suave.

Aínda que a Selva Negra é idónea para longas excursións a pé, tamén se pode percorrer en coche. Unha das recomendacións máis atractivas é a estrada Schwarzwald-Panoramastraße. Recibiu esa denominación pola multitude de vistas panorámicas polas que pasa nun percorrido de 70 km. Se o tempo o permite, un pode ver até os Alpes dende algunhas das paradas. A estrada panorámica empeza en Waldkirch, subindo en serpentinas escarpadas até o mosteiro de Sankt Peter (San Pedro). Adianta pola montaña Kandel e o pobo de Sankt Märgen. Tras pasar por Breitnau, a estrada termina na poboación de Hinterzarten.

O clima é amornado con temperaturas decrecentes coa altura. O Val do Rin é a rexión máis cálida de Alemaña, con temperaturas que no verán roldan os 20 °C (máxima media de 26°) e no inverno os 2 °C (máxima media de 5°), con precipitacións moderadas, ao redor de 800 mm por ano. Karlsruhe foi unha das cidades nas cales se rexistrou a temperatura máxima de Alemaña, con 40,8 °C, no ano 2003. Na Selva Negra, en cambio, a temperatura é considerablemente menor: nos vales a 600 m de altura, a temperatura de xullo alcanza os 17 °C (máximas de 23°) e a de xaneiro -2 °C (máxima de 1°), por tanto hai frecuentes nevadas que posibilitan a práctica de deportes como o esquí. Ademais, as precipitacións son superiores, de 1000 a 1500 mm anuais. En todo o estado hai choivas durante todo o ano.

No sueste faise sentir no outono, inverno e primavera o Foehn, vento cálido proveniente dos Alpes que pode elevar as temperaturas a até 15 °C arriba da media.

Economía

editar
 
Catedral de Ulm

Baden-Württemberg é un dos estados máis prósperos de Alemaña[1] é unha das rexións máis ricas de Europa tradicionalmente cunha baixa taxa de desemprego. Unha serie de empresas bastante coñecidas teñen a súa sede neste estado coma Daimler AG, Porsche, Robert Bosch GmbH (da industria do automóbil), Carl Zeiss AG (óptica) ou SAP AG (a meirande empresa de software de Europa). Porén, a economía de Baden-Württemberg está dominada por empresas de pequeno e mediano tamaño. Aínda que pobre en recursos naturais (antes chumbo, zinc, ferro, prata, cobre e sales) e aínda con moitas áreas rurais, a rexión está fortemente industrializada. En 2003, había polo menos 8.800 empresas manufactureiras con máis de vinte empregados, máis só 384 con máis de 500. Esta última categoría representa o 43% dos 1.2 millóns de persoas empregadas na industria.

O Mittelstand ou mediana empresa é a columna vertebral do Estado. Empresas de tamaño medio e unha tradición de ramificación en diferentes sectores industriais permitiron a especialización nunha ampla gama. Unha quinta parte da industria da "antiga" República Federal era xerada polo Baden-Württemberg. O volume de negocios da industria manufactureira en 2003 superaba os 240.000 millóns de euros, dos cales o 43% proviña das exportacións. A rexión depende en certa medida do desenvolvemento económico global, a pesar da gran capacidade da economía da rexión de adaptarse a través das crises. A metade dos empregados na industria manufactureira atópanse nos sectores da mecánica, enxeñería electrónica e construción automobilística, sendo este o lugar onde se poden atopar as máis grandes empresas.

A importancia da industria mecánica de precisión esténdese máis aló dos límites da rexión, ao igual que as industrias ópticas, reloxeiras, xogueteiras, metalúrxicas e electrónicas. A industria téxtil, que antano dominaba gran parte do estado, agora está xa practicamente desaparecida. A Investigación e Desenvolvemento (I D) están financiados conxuntamente polo Estado e a Industria, atopándose no Baden-Württemberg unha quinta parte dos 100.000 empregados do I D de toda Alemaña, sobre todo no área de Stuttgart[2]. Baden-Württemberg é tamén un dos Catro Motores de Europa.

Turismo

editar
 
Castelo de Sigmaringen.

Baden-Württemberg é un destino popular para as vacación só rivalizado con Baviera nas súas paisaxes naturais[1]. Os principais puntos de interese son a capital Stuttgart, os balnearios de Baden-Baden, a arquitectura de Ulm ou as cidades universitarias de Heidelberg e Tubinga. Friburgo é unha base ideal para explorar a Selva Negra e os viñedos de Breisach.[1] Tamén é destacable o Lago Constanza (en alemán: Bodensee).

A Gastronomía de Baden corresponde aos costumes e gustos culinarios da comarca, cun clima suave camiño do Mediterráneo, que lle permite o cultivo de viño. É unha das 13 comarcas produtoras de viño alemán, que vai dende a cidade de Heidelberg na parte setentrional, ao Lago Constanza no sur, ocupando unhas 15.900 ha, no que se denomina Rexión Vinícola de Baden. A proximidade con Francia e Suíza fai que teña algunhas influencias da cociña destes dous estados, o que deu por resultado que a gastronomía desta comarca sexa un pouco máis lixeira que a media da cociña alemá.

En canto aos pratos típicos existen diversas especialidades da rexión, debido á densidade forestal da Selva Negra e á abundancia de carne de caza; nalgúns pratos é de precepto o veado, o xabarín etc. Famoso dentro desta área é o xamón da Selva Negra.

Administración

editar

Baden-Württemberg está divido en 35 distritos (Landkreise) e 9 cidades independentes (Stadtkreise), ambos agrupadas en catro Distritos Administrativos (Regierungsbezirke): Friburgo, Karlsruhe, Stuttgart e Tubinga.

 
Cidades e Concellos de Baden-Württemberg

As nove cidades independentes son:

Os trinta e cinco distritos son:

Educación

editar
 
U. de Heidelberg

Baden-Württemberg é fogar dalgunhas das máis antigas, nomeadas e prestixiosas universidades de Alemaña, como as de Freiburg, Heidelberg e Tubinga. Ademais atópanse catro das nova Universidades Alemás de Excelencia (Freiburg, Heidelberg, Karlsruhe e Konstanz). A Universidade Internacional en Alemaña está situada en Bruchsal.

Outras cidades universitarias son Mannheim e Ulm. Ademais disto, dúas universidades se atopan na capital do Estado, Stuttgart: a Universidade de Hohenheim e a Universidade de Stuttgart. Ludwigsburg é fogar da famosa escola internacional de cinema Filmakademie Baden-Württemberg (Academia de Cinema de Baden-Württemberg).

Cultura

editar

Linguas

editar
 
Campaña: Podemos falar de todo excepto Alemán Estándar, en referencia aos característicos dialectos da rexión

En moitas areas de Baden-Württemberg os seus habitantes seguen falando distintos dialectos suabos e alemánicos, os cales son coñecidos por ser case inintelixibles para os alemáns do norte, especialmente nas súas variedades máis fortes do campo. Na parte norte do Estado, entre Heidelberg e Mannheim, fálase un terceiro dialecto coñecido coma Kurpfälzisch. Os dialectos falados na meirande parte do Baden-Württemberg están relacionados coas rexións veciñas da Alsacia, norte de Suíza, Liechtenstein e Vorarlberg, entre unha orixe Suaba ou Alemánica.

Relixión

editar
Relixión %
Católicos 37.8% 4.0M
Igrexa Evanxélica Alemá 33.8% 3.6M
Musulmáns 5.60% 600 000
Budistas 0.23% 25 000
Hinduístas 0.14% 15 000
Xudeus 0.08% 9 000
Non relixiosos 22.3% 2.4M

Debate sobre os velos musulmáns

editar

Baden-Württemberg foi o primeiro dos dezaseis estados alemás que prohibiron o uso de velos por parte das profesoras musulmás nas escolas públicas, despois dunha prohibición semellante en Francia en 2004. Varios destes casos recibiron a atención internacional.

Un coñecido exemplo foi o da profesora Doris Graber, que levaba ensinando dende 1973, comezando a levar o velo en 1995. O 18 de marzo de 2008 un tribunal alemán ditaminou que non se podía utilizar o pano na cabeza, a pesar do argumento de que ela podía levalo en virtude ás leis de igualdade de trato, xa ás monxas se lles permitía ensinar cos seus hábitos relixiosos[3]. O fiscal do estado referiuse a isto último coma unha "excepción histórica"[3], xa que a escola, era un antigo mosteiro absorbido polo Estado[3].

No caso de Fereshta Ludin, a ministra de educación, Annette Schavan, afirmou que os panos son "entendidos coma símbolo da exclusión da muller de a sociedade civil e cultural"[4].

Política

editar

A política do Baden-Württemberg está dominada polo partido conservador Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU), que gobernou en tódalas lexislaturas dende a fundación do Estado en 1952. A CDU actualmente está en minoría na Asemblea Estatal, estando en coalición cos liberais do Partido Democrático Libre (FDP). A oposición está liderada pola esquerda do partido Socialdemócrata e Alianza 90 - Os Verdes. Até 2001 o partido conservador anti-inmigración Die Republikaner tiña escanos na Asemblea Estatal.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar