A baddeleyita é un raro mineral de óxido de circonio (ZrO2) ou circonia. Atópase en diversos cristais monoclínicos prismáticos. Pode ser transparente ou translúcido, cun alto índice de refracción, e un rango de cores que van desde o incolor até o amarelo, o verde e o marrón escuro. É un material refractario, cun punto de fusión de 2700 °C. O hafnio, moi similar ao circonio, é unha impureza e preséntase sempre polo menos en pequenas porcentaxes de 0,1 %.

Baddeleyita
Fórmula químicaZrO2
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorIncoloro, amarelo, marrón escuro
BrilloDe vítreo a resinoso
Dureza6,5 ( escala de Mohs )
FracturaConcoide
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade5,5-6 g/cm³

A baddeleyita foi descrita por primeira vez en 1892 en Ratnapura, Sri Lanka, por Joseph Baddeley.[1] Logo tamén foi descrita en Minas Gerais e Jacupiranga, São Paulo, Brasil, como noutros lugares do mundo.

É atopada frecuentemente como grans detríticos en gravas. A súa principal aparición é en vetas a altas temperaturas e é un mineral accesorio da sienita, da diabase, do gabro, da anortosita, da carbonatita, da kimberlita e de intrusións de lamproíta. Tamén se ten atopado en tectitas, meteoritos e no basalto lunar. Minerais asociados son a ilmenita, a zirkelita, a apatita, a magnetita e a perovskita, na mina de Jacupiranga, Brasil; e a fluorita, a nefelina, o pirocloro e a allanita en Monte Somma, Italia.[1]

Debido á súa natureza refractaria, como á súa estabilidade baixo certas condicións, os grans de baddeleyita, xunto co circón, úsase na datación radiométrica ao uranio-chumbo.

Estrutura cristalina da baddeleyita[2]
  1. 1,0 1,1 Baddeleyita no Handbook of Mineralogy
  2. Drabińska, A., Physical Review B; Grodecki, K., Strupiński, W., Bożek, R., Korona, K. P., Wysmołek, A., Stępniewski, R., Baranowski, J. M. (2010). "Growth kinetics of epitaxial graphene on SiC substrates" 81. p. 245410. doi:10.1103/PhysRevB.81.245410. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar