Baamonde, Begonte

parroquia civil do concello de Begonte

Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres), 47 menos ca en 2004 e 74 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Baamonde
Igrexa de Santiago de Baamonde.
ConcelloBegonte[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°10′31″N 7°45′23″O / 43.175316035584, -7.7563252560658
Poboación302 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo Baamonde ten orixe no nome de posuidor Badamundus (do xermánico *Badu "loita" e *Mund-, "man, protección") a través do xenitivo (Villa) Badamundi.[2]

Situación

editar

Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8. A estación de Baamonde de tren de Adif está situada na liña A Coruña-Palencia.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de Santiago é de orixe románica,[3] e ao seu carón hai un calvario cun conxunto de tres cruceiros, o do centro con imaxes de Cristo e a Virxe Dolorosa.[4] Na vila de Baamonde está a casa museo do escultor Víctor Corral.[5] En Aldea de Arriba situábase a torre de Camarasa, declarada Ben de Interese Cultural a pesar da súa desaparición durante as guerras irmandiñas.[6] O río Parga pasa pola parroquia. Ten unha praia fluvial a carón dun muíño, cunha presa que fai de piscina natural. Neste lugar encóntrase o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.[7]

Festas

editar

A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Baamonde

editar
Lugares da parroquia de Baamonde no concello de Begonte (Lugo)

Aldea de Arriba | Baamonde | A Chafareta | O Pazo | A Rega | Riocovo | A Silvosa | Vilasuso

Parroquias de Begonte

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Begonte

Baamonde (Santiago) | Baldomar (San Xoán) | Begonte (San Pedro) | Bóveda (Santalla) | Carral (San Martiño) | O Castro (Santa María) | Damil (San Salvador) | Donalbai (San Cristovo) | Felmil (Santiago) | Gaibor (San Xiao) | Illán (Santiago) | Saavedra (Santa María) | San Fiz de Cerdeiras (San Fiz) | San Martiño de Pacios (San Martiño) | San Vicente de Pena (San Vicente) | Santalla de Pena (Santalla) | Trobo (Santa María) | Uriz (Santo Estevo) | Virís (Santa Helena)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 17. ISBN 978-84-947823-2-9.Mart�nez Lema&rft.btitle=Toponimia de Begonte e Rábade&rft.date=2018&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-2-9&rft.pages=17&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/RAG.333&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  3. "Patrimonio relixioso". Concello de Begonte. 
  4. Calvário de Baamonde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  5. Baamonde, Begonte na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  6. Mancebo, Marta (8 de xuño de 2021). "Bens que resisten, outros que nin existen". El Progreso. 
  7. "Benvida". Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar