Baía de Toquio
A baía de Toquio (東京湾 Tōkyō-wan?) áchase ao sur da rexión de Kanto, entre a península de Boso ao leste, da Prefectura de Chiba, e a península de Miura ao oeste, da Prefectura de Kanagawa. O seu nome antigo é a baía de Edo.
Tipo | baía | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Toquio | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Toquio, Xapón, Prefectura de Kanagawa, Xapón e Prefectura de Chiba, Xapón | ||||
Localización | Kanto - 関東地方 | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Profundidade | 700 m 40 m | ||||
Superficie | 1.380 km² | ||||
A súa área total, incluíndo o canal de Uraga, é de 1320 kms², cunha extensión de 249 km² de terras gañadas ao mar. Alberga os portos de Toquio, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka. Abriga unha única illa natural no seu interior, Saru, alén de diversas outras illas artificiais creadas nas Eras Meiji e Taisho como fortificación navais. Está cercada por áreas de grande ocupación de poboación e de importantes industrias. Unha ponte-túnel une Kawasaki, na prefectura de Kanagawa, con Kisarazu (Chiba).
Na costa leste da baía, entre Toquio e Yokohama, atópase a área industrial de Keihin, que se encontra alí dende a Era Meiji, que se expandiu cara a área industria de Keiyo, polas costas norte e leste, despois da segunda guerra mundial.
Os portos de Toquio, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka conteñen bases navais de forzas dos Estados Unidos no Xapón, ademais de Forzas da Mariña xaponesa.
Historia
editarA baía de Toquio foi escenario das negociacións do Comodoro Matthew Perry co bakufu xaponés na década de 1850, así como da maior parte dos contactos entre o Xapón e os europeos en vésperas da Restauración Meiji.
A fin da segunda guerra mundial é a rendición do Xapón, que se asinou a bordo do navío USS Missouri, ancorado na baía o 2 de setembro de 1945.