BMW Sauber
Nome completo | BMW Sauber F1 Team |
---|---|
Bandeira | Alemaña |
Baseada en | Hinwil, Suíza e Múnic, Alemaña |
Tempadas en activo | 4 (2006 - 2009) |
Número de pilotos | 4 |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2006 |
Carreiras | 70 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1 |
Pole positions | 1 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 308 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Dabi de 2009 |
BMW Sauber F1 Team, ou simplemente BMW Sauber, foi unha escudaría de Fórmula 1 que corría baixo bandeira alemá, propiedade do fabricante de coches BMW e integrada en BMW Motorsport, a súa sección de competición en deportes do motor. Con base en Múnic, Alemaña, onde se traballaba no tren de potencia[1], no cambio de marchas[1] e na electrónica[1], tamén tiña instalacións en Hinwil, Suíza, onde se localizaba a sección de desenvolvemento do chasis[1], que incluía o departamento aerodinámico[2] e o túnel de vento[2], e do despregue do equipo de carreira[1] e de tests[1].
Debutou na tempada de 2006 tras comprar Sauber en 2005, de onde viña o nome, que se mantivo como un xesto de amabilidade en referencia ao pasado da escudaría dirixida por Peter Sauber, que posuía o 20% das accións da escudaría[3] e que seguiu na disciplina do equipo como consultor de Credit Suisse[3] e de Petronas[4], dous dos principais patrocinadores do equipo; mentres que Willy Rampf era o Enxeñeiro Xefe e o Xefe de Equipo era Mario Theissen.
Logo de catro tempadas, BMW decidiu retirarse da Fórmula 1 por motivos económicos. Peter Sauber retoumou o control da escudaría e a pesar de que a marca de coches teutoa non pedira a entrada para o 2010, o equipo logrou a 13º praza para a tempada, e aínda que continúa a competir co mesmo nome por motivos legais, considérase unha continuación da antiga Sauber.
Historia
editarAntecedentes de BMW na Fórmula 1
editar- Véxase tamén: BMW Motorsport.
Após case 30 anos de competición en Fórmula 2 en varias etapas, e participacións esporádicas dos seus monoprazas en Fórmula 1 nos Grandes Premios de Alemaña de 1952[5], 1953[6] e en 1968[7], en 1980 BMW anunciou a súa entrada na máxima categoría automobilística como fabricante de motores turbo para Brahbam, debutando en 1982 co M12/13 e gañando na súa primeira participación o GP do Canadá. En 1984 xa eran tres as escudarías que levaban propulsores de BMW, con ATS e Arrows. En 1986 asina un contrato con Benetton, debutante na categoría, engadíndose á lista de escudarías cos seus motores, e en 1987, anuncia a súa retirada da Fórmula 1 para o final dese ano [Cómpre referencia]. Porén, a historia do BMW M12/13 non remataba aquí, pois Megatron mercou os dereitos para que Arrows puidera seguir utilizándoos [Cómpre referencia], até que en 1988 os motores turbo foron prohibidos polas regulacións da FIA [Cómpre referencia]. Este motor foi o primeiro en acadar os 1000 cabalos de potencia, chegando aos 1400 con especificacións de cualificación [Cómpre referencia].
En 1997, BMW anuncia un acordo de cooperación con Williams [Cómpre referencia] para desenvolver un coche, sendo BMW a encargada do motor e Williams do chasis. Este traballo conxunto levaríaos á vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1999 co BMW V12 LMR. Após este éxito, o acordo ampliouse no 2000, cando BMW desenvolveu o propulsor E41 V10 para Williams [Cómpre referencia]. O contrato, con distintos motores desenvolvidos, durou até o 2005, crebándose por mor dunha degradación evidente nas relacións entre ámbalas dúas entidades [Cómpre referencia], a pesar de que o acordo estaba asinado até 2009. Durante este tempo, Williams conseguiu dez vitorias en carreira, tendo o pico máximo de rendemento no campionato de 2003, cando Juan Pablo Montoya disputoulle ó título a Michael Schumacher case até a derradeira carreira dun ano no que Williams - BMW remataría segundo no Campionato de Construtores.
Sauber
editar- Véxase tamén: Sauber F1.
Sauber foi unha escudaría suíza fundada por Peter Sauber, que xa construía e competía cos seus propios coches desde a década dos 70. Antes da súa participación en Fórmula 1, estivo a competir nas 24 horas de Le Mans, onde acadou a vitoria en 1989; e en varias series de Sport Prototipos, gañando o Campionato Mundial de Sport Prototipos en 1989 e 1990. As tres vitorias acadáronse co mesmo coche, o Sauber C9 con motor Mercedes M119 5.0L Turbo V8, que foi o máis exitoso que xamais construíu a escudaría.
Debutou en F1 en 1993, onde ficou competindo 12 anos, até que foi mercado por BMW. Disputaron a súa primeira tempada co Sauber C12 con motores Ilmor baixo o nome de Sauber V10, que foi pilotado por Karl Wendlinger e por JJ Lehto, conseguindo os seus dous primeiros puntos no seu primeiro Gran Premio, o de Gran Premio de Suráfrica de 1993, e atinxindo a final de tempada o 7º posto no Campionato de Construtores con 12 puntos. En 1994 xa correron con motores Mercedes, colaboración que só durou un ano, xa que en 1995 e 1996, coa entrada de Dietrich Mateschitz como novo accionista maioritario, pasaron a utilizar motores Ford.
Desde 1997 até 2005, o equipo utilizou motores e caixas de cambios construídos por Sauber Petronas Engineering, unha empresa constituída con ese único fin. Porén, estes motores eran realmente construídos a partir dos mesmos deseños que os de Scuderia Ferrari, chegando a haber incluso enxeñeiros da escudaría italiana como empregados desa empresa. 2001 foi o ano máis exitoso da escudaría en F1, acadando o 4º posto no Campionato de Construtores con 21 puntos, co Sauber C20 pilotado por Nick Heidfeld e Kimi Räikkönen. De 2004 datan os dous maiores activos do equipo, o túnel de vento máis tecnolóxicamente avanzado do momento, e o supercomputador Albert, utilizados ambos para labores de aerodinámica.
Época moderna: BMW Sauber
editarA creación da escudaría
editarOs antecedentes de BMW Sauber remóntanse aos comezos da tempada de 2005, cando saltaron rumores sobre a posibilidade de que BMW subministrara motores a outra escudaría alén de Williams[8]. De feito, o 22 de febreiro de 2005, Sir Frank Williams confirmaba que os motores ían ser tamén vendidos a Sauber[9], información desmentida dous días despois por Peter Sauber e por Mario Theissen, responsábeis de Sauber e de BMW Motorsport respectivamente[10]. Estas declaracións, e mais os pobres resultados que a escudaría inglesa estaba a lograr no 2005, comezaron a facer ver posíbeis distanciamentos entre BMW e Williams, e incluso houberon rumores de ruptura[11].
A comezos de maio, saltaron os primeiros rumores sobre a posibilidade de que o trato con Sauber fora alén do planeado anteriormente, da venda de motores[12]. Xa a mediados dese mes ficaba bastante claro que as relacións entre BMW e Williams estaban a pasar por un pésimo momento, cunha evidente falta de comunicación[13], e ataques públicos desde os responsábeis da escudaría inglesa[14][15][16][17]. Un dos motivos que levou a esta ruptura foi a negativa desde Williams á petición de BMW de participar na investigación do chasis[18].
O 22 de xuño de 2005, anunciábase oficialmente a compra de Sauber por BMW[19][20], decisión que foi finalmente tomada na mesma madrugada do día do anuncio[21]. Nese momento, Sauber era propiedade do banco suízo Credit Suisse, que tiña un 63.25% das accións da escudaría[22], aínda que Peter Sauber era quen tomaba as decisións malia que só era dono do 36.75% restante das accións, pois as que posuía incluían o voto maioritario.[22] Pouco tempo após mercar a escudaría, BMW comezaba un plan de expansión que incluía a modernización das instalacións de Hinwil da nova escudaría e a construción dalgunhas novas[23][24], e a contratación de máis de cen novos traballadores[24][25], malia que estas instalación fican baixo a dirección dunha compañía suíza independente asociada a BMW[26]. O 14 de novembro, anunciábase o nome definitivo da escudaría e a súa inscrición na FIA[27], manténdose o nome do antigo equipo suízo, Sauber. En palabras de Theissen "Isto reflicte a integración do equipo, dirixido por BMW pero cunha base de case 300 empregados de Sauber"[27]. Tamén ficaron antigos patrocinadores de Sauber, como a propia Credit Suisse[3] ou Petronas[28], aos que se uniron Intel[29] e O2[30].
Aínda quedaba resolver o tema dos motores de Williams[31]. Coa creación desta nova escudaría por parte de BMW, dábase por suposto que o contrato que os unía ía crebarse [Cómpre referencia], e así rematou por ser: o 15 de agosto confirmouse o acordo entre Williams e Cosworth para os propulsores do ano 2006[32].
Tempada de 2006
editarDúas incertezas principais roldaban aos interesados na Fórmula 1 para a tempada de 2006: os pilotos que formarían parte do proxecto e o deseño do primeiro coche que construiría a escudaría e que estes conducirían [Cómpre referencia].
A primeira incógnita desvelouse pouco a pouco, e non sen incerteza nin rumores previos (especulouse cun gran número de pilotos, como Pedro Martínez de la Rosa[33], Mika Häkkinen[34], Michael Schumacher[35], Giancarlo Fisichella[36], Heikki Kovalainen[36], Mark Webber[37] ou Dan Wheldon[38]) mais o 16 de setembro de 2005 confirmábase a elección de Nick Heidfeld[39], e o 1 de decembro anunciábase a permanencia de Jacques Villeneuve[40][41], quen xa pilotara para Sauber, como pilotos titulares. Especialmente dificultosa foi a presenza de Villenueve no coche, pois BMW non concordaba moito con mantelo na súa disciplina[42], cousa que tivo que facer por motivos contractuais[43]. O terceiro piloto foi Robert Kubica, tal e como se anunciou o 20 de decembro[44].
A respecto do monopraza, BMW Sauber debutou en adestramentos privados de pretempada cun Sauber C24 con motor BMW P86 no Circuíto de Catalunya, a finais de novembro de 2005[45]. Este coche sería utilizado provisoriamente até o 17 de xaneiro de 2006, data en que o BMW Sauber F1.06 foi presentado nun acto na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia[46], tomando o seu primeiro contacto cos circuítos ese mesmo día no Ricardo Tormo[47]. As cores coas que está decorado son branco e azul con lixeiras estrías vermellas. O deseño do alerón traseiro tivo que ser modificado dúas veces ó longo da tempada por non cumprir as regulacións da FIA, unha antes do GP de Australia[48] e outra antes do GP de Francia[49]. Precisamente neste último Grand Prix BMW Sauber utilizou uns apéndices aerodinámicos consistentes nunhas derivas verticais situadas xusto diante do piloto[50], que foron alcuñados como "As Torres Xemelgas"[51][52] en homenaxe aos dous edificios de Kuala Lumpur propiedade de Petronas, patrocinador da escudaría[51]. Após ese GP a FIA prohibiunos por quitarlle visibilidade dianteira e lateral ao condutor[51][53], aínda que esa explicación foi negada por Jacques Villeneuve, piloto titular nese momento[51].
Xa na pista, o equipo debutou o 12 de marzo no Gran Premio de Bahrain [Cómpre referencia], onde Villeneuve non conseguiu rematar e Heidfeld acadou o décimo segundo lugar, resultados que se viron mellorados na segunda participación, onde Jacques conseguiu os dous primeiros puntos para BMW Sauber cun sétimo posto. Xa en Australia, os dous pilotos puntuaron, sendo a primeira vez na historia da escudaría que os dous pilotos remataban[Cómpre referencia], e tamén a primeira que ambos os dous facíano nos puntos[Cómpre referencia]. Após unha xeira de finalizacións nos oito primeiros postos, no Gran Premio de Hungría Heifeld rematou na terceira posición, sendo ese o primeiro podio da escudaría [Cómpre referencia].
Precisamente ese GP foi o primeiro de Robert Kubica como piloto en carreira, substituíndo a Villeneuve, que no Gran Premio de Alemaña da fin de semana anterior sufriu un accidente que non lle permitiu disputalo[54]. Foi descualificado após rematar sétimo en carreira porque o monopraza pesaba dous quilogramos menos do obrigatorio de forma inintencionada[55]. Ao día seguinte, BMW Sauber anunciaba o despido de Villeneuve[56] e a súa substitución polo piloto polaco, pasando Sebastian Vettel a exercer de terceiro piloto.
Aínda que no GP de Turquía Kubica non puntuou por unha elección equivocada de pneumáticos[57] e Heidfeld por un accidente na primeira curva[57], en Italia, Kubica acadou o segundo podio da escudaría[58] e o seu primeiro persoal[58], chegando a liderar a carreira algunhas voltas durante as entradas a boxes [Cómpre referencia]. Xa en China, os dous puntos conseguidos por Heidfeld puxeron os cimentos dun quinto posto no Campionato de Construtores, que se viu confirmado pola retirada dos dous monoprazas de Toyota no Brasil, o derradeiro da tempada.
Ao final da tempada o equipo acadou 36 puntos, 23 de Nick Heidfeld, noveno no Campionato de Pilotos, 7 de Jacques Villeneuve, décimo quinto, e 6 de Robert Kubica, décimo sexto.
Tempada de 2007
editarA tempada de 2007 resultaba nun comezo moi prometedora para a escudaría teutoa[59][60][61][62], vistos os resultados do seu primeiro ano na categoría.
O 19 de outubro de 2006, BMW Sauber confirmou os seus pilotos para este ano, mantendo a Nick Heidfeld e a Robert Kubica como condutores titulares[63], mentres que Sebastian Vettel seguiu a ser o terceiro piloto[63], após un tanteo sen éxito feito a Christijan Albers[64]. Asemade, o 21 de decembro anunciábase a fichaxe de Timo Glock como segundo piloto de probas[65]. Canto o monopraza, o F1.07, cun motor BMW P86/7, utilizou pneumáticos Bridgestone após Michelin decidira deixar a competición na categoría. A súa presentación fíxose o 16 de xaneiro de 2007 en Valencia, España[66].
A tempada comezou de xeito irregular para os seus dous pilotos [Cómpre referencia]: mentres que nas dúas primeiras carreiras Heidfeld acadou o cuarto posto, Kubica tivo de retirarse na primeira por mor dun problema coa caixa de cambios [Cómpre referencia], e na segunda remataba 18º por un problema mecánico[67]. Porén, a partir dese momento da tempada comezaron a finalizar constantemente nos puntos, coa excepción dos Grandes Premios de España e dos Estados Unidos, onde Heidfeld tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios[68] e coa transmisión [Cómpre referencia], respectivamente; e no GP do Canadá, onde Kubica sufriu un accidente moi forte[69] que ocasionou que non tomara parte do GP seguinte [Cómpre referencia], tendo de ser substituído por Sebastian Vettel, que acadou un oitavo posto no GP dos EEUU e que o 31 de xullo[70] abandonou a disciplina da escudaría alemá[70], confirmándose o mesmo día[71] que ía ocupar o posto de piloto titular en Scuderia Toro Rosso[71], debutando no GP de Hungría.
Durante 6 Grandes Premios consecutivos, desde o de Francia, até o de Italia, Heidfeld e Kubica conseguiron puntuar en tódalas probas a pesar da colisión na que se viron envoltos ambos pilotos na primeira volta do GP de Europa[72], e chegando incluso o alemán a conseguir o segundo podio da tempada no GP de Hungría cun terceiro posto. Porén, o noveno posto de Kubica no GP de Bélxica interrompeu a xeira.
O rendemento do equipo teutón, que conseguiu que polo menos un dos seus pilotos puntuase en cada Gran Premio da tempada, poríalle como terceira escudaría en resultados detrás de McLaren e de Ferrari, e a unha grande distancia dos seus perseguidores [Cómpre referencia]; mais a sanción que recibiu McLaren, pola que se lles retiraban todos os puntos e se lles impedía gañar máis[73], deulle a BMW o segundo posto no Campionato de Construtores.
Tempada de 2008
editarO 21 de agosto de 2007, Mario Theissen confirmou a Robert Kubica e a Nick Heidfeld como pilotos titulares para o 2008[74], mais sen saber aínda cal será o seu terceiro piloto, após liberar do seu contrato a Timo Glock o día 29 de novembro de 2007[75] para que este poida estar presente nos adestramentos libres de Xerez[75], que teñen lugar entre o 4 e o 7 de decembro de 2007, coa súa nova escudaría, Toyota Racing. Na súa procura do terceiro piloto, BMW probou a varios condutores, como o alemán Christian Vietoris[76], o brasileiro Augusto Farfus[77], o español Javier Villa[78] ou o estoniano Marko Asmer[78].
Canto ao monopraza, o BMW Sauber F1.08 será presentado o 14 de xaneiro de 2008[79] en Múnic, Alemaña[79], debutando no Circuíto Ricardo Tormo de Valencia, España[79] o día seguinte[79].
Tempada de 2009
editarRetirada do Campionato e venda
editarCores da escudaría
editarEstrutura directiva
editarBMW Sauber F1 Team formaba parte da sección de competición de deportes do motor de BMW, BMW Motorsport. Mario Theissen é tanto director de BMW Motorsport desde 1999 como Xefe de Equipo de BMW Sauber desde a súa fundación, e polo tanto o máximo responsábel da escudaría. O segundo de abordo era Willy Rampf, procedente de Sauber, e que tiña o cargo de Enxeñeiro Xefe. No momento da retirada do equipo e durante a maior parte da súa participación na categoría os principais empregados eran os seguintes:
Posición | País | Nome |
---|---|---|
Pilotos | Alemaña | Nick Heidfeld |
Polonia | Robert Kubica | |
Piloto de probas | Austria | Christian Klien |
Director de BMW Motorsport | Alemaña | Dr. Mario Theissen |
Director xeral | Austria | Walter Riedl |
Enxeñeiro xefe | Alemaña | Willy Rampf |
Deseñador xefe | Suíza | Christoph Zimmermann [80] |
Aerodinamista xefe | Países Baixos | Willem Toet |
Xefe de motores | Alemaña | Markus Duesmann |
Xefe de mecánica de fluídos (CFD) | Suecia | Torbjoern Larsson |
Enxeñeiro de carreira de Heidfeld | Reino Unido | Paul Russell |
Enxeñeiro de carreira de Kubica | España | Antonio Cuquerella |
Enxeñeiro de pista xefe | Italia | Giampaolo Dall'Ara |
Mecánico de carreira xefe | Suíza | Amiel Lindesay |
Enxeñeiro de probas xefe | Finlandia | Ossi Oikarinen |
O papel de Peter Sauber
editarInstalacións da escudaría
editarMúnic, Alemaña
editarHinwil, Suíza
editarPatrocinadores de BMW Sauber
editarPetronas
editar- Artigo principal: Petronas
Petronas (acrónimo de Petroliam Nasional Berhad) é unha compañía petrolífera propiedade do Estado de Malaisia fundada o 17 de agosto de 1974. Con sede central nas Torres Petronas de Kuala Lumpur, é, segundo o Fortune Global 500 do 2007, a 121ª compañía máis grande do mundo[81]. Oficialmente, Petronas é o Premium Partner (Socio Premium) de BMW Sauber.
Petronas comezou a súa andaina en Fórmula 1 o 29 de maio de 1995[82], cando foi anunciado un contrato de patrocinio por dous anos con Sauber[82], após esta escudaría disputárallo a Jordan, Arrows e Pacific[82]. En 1996, foi renovado para outras catro tempadas, até o 2000 máis[83]. Mais logo de pouco tempo, a colaboración foi alén do patrocinio, estabelecendo entrambas as entidades de xeito conxunto a Sauber Petronas Engineering[83] dirixida polo enxeñeiro xaponés Osamo Goto[84], que aínda que nun comezo ía servir para comercializar tecnoloxías procedentes da Fórmula 1[83], xa a finais de 1996[85] comezou a fabricar os motores de Sauber a partir de unidades de Ferrari pagadas por Petronas[86], e renomeadas baixo o nome da petroleira[87], polo que a escudaría comezou a coñecerse como Sauber Petronas[88]. A fundación desta nova compañía conxunta permitía ao Goberno Malaio mellorar as habilidades dos enxeñeiros patrios da industria da automoción, así como dar a coñecer as marcas malaias[84][89]
O plan inicial era modificar os motores Ferrari durante as tempadas de 1997 e 1998, para a partir de 1999[90] fabricar os seus propios propulsores, porén, a crise asiática de 1998 evitou que o proxecto se levara a cabo[90][91], e Sauber Petronas seguiu a utilizar motores Ferrari.
Credit Suisse
editar- Artigo principal: Credit Suisse
Credit Suisse é unha entidade financeira multinacional con base en Zürich, Suíza. Fundada en 1856, comezou a súa expansión internacional abrindo unha oficina en Nova York en 1940, chegando a se converter na actualidade no segundo banco máis grande do país helvético e un dos máis importantes do mundo. Credit Suisse é, oficialmente, un dos Official Partners de BMW Sauber.
A entrada desta entidade suíza no mundo da Fórmula 1 como patrocinador de Sauber F1 fíxose oficial o 27 de xaneiro do 2001[92] durante a presentación do C20[92], o monopraza da escudaría para esa tempada. O contrato, asinado o día 12[92], tiña unha duración de tres anos[92] e os rumores situábano nuns 17 millóns de dólares ao ano[93], e obxectivo do banco suízo era expandir os seus servizos de xestión de carteiras de clientes a nivel mundial, sobre todo en novos mercados como Asia[92]. Para Sauber, este contrato supuxo, alén da inxección económica, o acceso a máis contratos de patrocinio a través dos contactos de Credit Suisse[94], como sucedeu coa firma de software Temenos[94].
Porén, o 9 de xaneiro de 2002[95], apenas após un ano de contrato, facíase pública a venda dun 63.25% de Sauber a Credit Suisse[95], nun paquete de accións que até entón atopábase en mans da compañía de bebidas enerxéticas Red Bull[95], que até o 2004, ficaría só como patrocinador[96]. A capacidade de decisión aínda recaía en Peter Sauber[95], xa que o fundador da escudaría retivo o resto das accións e o voto maioritario[95] coa complicidade de Credit Suisse, que, en verbas de Ruth Stadelmann, portavoz da entidade financeira naquel momento, consideraba que "dirixir unha escudaría de Fórmula 1 non é certamente unha das competencias básicas da empresa"[95]. O 10 de outubro de 2003[97], renovouse o patrocinio para o 2004[97].
O 22 de xuño de 2005, anunciouse a venda de Sauber a BMW, o que significaba que Credit Suisse traspasáballe a marioría das accións que posuía da escudaría[98]. Porén, o traspaso do paquete estase a facer de xeito gradual, terminando a finais de 2008[98], e a entidade suíza segue a ser patrocinador de BMW Sauber, tal e como se anunciou en outubro de 2005[3], cando se asinou un contrato por tres tempadas que rematará en 2008. A achega anual de Credit Suisse ascendía a uns 17 millóns de euros[99] .
A relación entre banco e escudería terminou o 19 de xaneiro de 2009[99][100], cando se anunciou que o contrato que unía a ámbalas dúas entidades non ía ser prorrogado. A explicación oficial foi que Credit Suisse se ía "concentrar en patrocinar eventos e institucións rexionais en lugar de eventos internacionais"[100], porén, a Crise económica de 2009[99] e a saída do que fora presidente executivo do banco até 2007 e grande afeccionado á Fórmula 1 Oswald Grübel[99] puideron ser as razóns extraoficiais.
Intel Corporation
editar- Artigo principal: Intel Corporation
Intel Corporation, multinacional fundada en 1968 por Robert Noyce e Gordon Moore e baseada en Santa Clara, California, Estados Unidos; é a empresa fabricante de supercondutores máis grande do mundo, e inventora da arquitectura x86 á cal pertencen os chips Pentium, presentes en moitos ordenadores. Alén de microprocesadores, tamén fabrican placas nai, dispositivos de memoria e outros dispositivos electrónicos. Intel é o Official Corporative Partner (Socio Corporativo Oficial) de BMW Sauber[101].
A entrada de Intel na Fórmula 1 anunciouse o 15 de xaneiro de 2004 [102], data en que foi feito público un contrato de patrocinio con Toyota Racing[102]. Porén, logo dun ano[103], a compañía americana xa estaba a procurar por un contrato maior cun equipo punteiro[103], a pesar de que o enfado de Intel polo contrato asinado entre a FIA e AMD, o seu principal rival na fabricación de chips, estivo a piques de lles facer abandonar a Fórmula 1[104][105][106]. O candidato mellor situado para asinar un contrato foi McLaren[105], cuantificado por algunhas fontes en 50 millóns de dólares[104] e por outras en 55[105]; mais as negociacións non chegaron a bo porto, malia estaren moi cerca do final[107], e McLaren asinou con Vodafone[107].
Intel, pola súa parte, asinou un contrato de colaboración co BMW Group, anunciado o 15 de decembro de 2005[108][109]. Este pacto coincidiu no tempo cunha mudanza da imaxe corporativa da compañía americana, en que se incluía un novo logo e un novo lema[110]. O patrocinio permitiu a Intel dar a coñecer estes trocos[110]. Porén, non só era un contrato de patrocinio, senón que todos os concesionarios BMW pasaron a utilizar produtos de Intel como parte dun proceso de estandarización[108], así como todos os seus ordenadores portátiles e os máis dos seus PDA's pasaron a ser Intel[108], alén do desenvolvemento dun estándar aberto que permite a integración de dispositivos nos vehículos BMW[108].
Alén do patrocinio, Intel colaborou na fabricación dunha supercomputadora fornecendo os procesadores[111][112] para substituír a Albert, herdado de Sauber F1[111]. Esta supercomputadora, chamada Albert2[112], ten unha capacidade de 12 billóns de cálculos por segundo[112] e un peso de 21 toneladas[112], e é utilizada para cálculos de dinámica computacional de fluídos (DCF)[112][113], evitando así a construción dun segundo túnel de vento[114]. Segundo Willem Toet, xefe de aerodinámica da escudaría, no momento da súa presentación era "o máis rápido empregado en Europa con fins industriais"[114].
Dell
editar- Artigo principal: Dell
Dell é unha compañía tecnolóxica estadounidense baseada en Round Rock, Texas e fundada o 4 de novembro de 1984. Entre os seus produtos atópanse computadoras persoais, PDA's ou dispositivos de almacenamento de datos. Segundo a lista Fortune Global 500, é a 102ª empresa máis grande do mundo[81]. Dell é Official Partner (Socio Oficial) de BMW Sauber.
Outros
editarAlén dos mencionados e malia que os seus logos non aparecen no monopraza, BMW Sauber ten outros patrocinadores. Baixo o nome de Official Partners, ademais de Credit Suisse e Dell, está incluídos Puma, empresa téxtil deportiva alemá, que equipa á escudaría con material deportivo. Baixo o nome Technichal Partner áchase Bridgestone, fabricante xaponés de pneumáticos, que fornece a toda á grella da Fórmula 1 coas súas gomas.
BMW Sauber ten outras dúas categorías de patrocinadores. Co nome de Official Suppliers atópanse, entre outras, compañías como Certina, DuPont, Würth ou Man; e co nome de Promotional Suppliers, entre outras están Mitsubishi, Lista ou Klauke.
Resultados completos en Fórmula 1
editar(Lenda) (Os resultados en letra grosa indican que o piloto acadou a pole position)
Ano | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 (36 pts, 5º) | F1.06 | BMW P86 | M
|
BAH | MAL | AUS | SAN | EUR | ESP | MON | RU | CAN | USA | FRA | ALE | HUN | TUR | ITA | CHN | XPN | BRA | |
Nick Heidfeld | 12 | Ret | 4 | 13 | 10 | 8 | 7 | 7 | 7 | Ret | 8 | Ret | 3 | 14 | 8 | 7 | 8 | Ret | ||||
Jacques Villeneuve | Ret | 7 | 6 | 12 | 8 | 12 | 14 | 8 | Ret | Ret | 11 | Ret | ||||||||||
Robert Kubica | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | PP | DSQ | 12 | 3 | 13 | 9 | 9 | ||||
2007 (101 pts, 2º) | F1.07 | BMW P86/7 | B | AUS | MAL | BAH | ESP | MON | CAN | USA | FRA | RU | EUR | HUN | TUR | ITA | BEL | XPN | CHN | BRA | ||
Nick Heidfeld | 4 | 4 | 4 | Ret | 6 | 2 | Ret | 5 | 6 | 6 | 3 | 4 | 4 | 5 | 14 | 7 | 6 | |||||
Robert Kubica | Ret | 18 | 6 | 4 | 5 | Ret | Les | 4 | 4 | 7 | 5 | 8 | 5 | 9 | 7 | Ret | 5 | |||||
Sebastian Vettel | 8 | |||||||||||||||||||||
2008 (135 pts, 3º) | F1.08 | BMW P86/8 | B | AUS | MAL | BAH | ESP | TUR | MON | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | EUR | BEL | ITA | SIN | XPN | CHN | BRA | |
Nick Heidfeld | 2 | 6 | 4 | 9 | 5 | 14 | 2 | 13 | 2 | 4 | 10 | 9 | 2 | 5 | 6 | 9 | 5 | 10 | ||||
Robert Kubica | Ret | 2 | 3 | 4 | 4 | 2 | 1 | 5 | Ret | 7 | 8 | 3 | 6 | 3 | 11 | 2 | 6 | 11 | ||||
2009 (36 pts, 6º) | F1.09 | TBA | B | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | TUR | GBR | GER | HUN | EUR | BEL | ITA | SIN | JPN | BRA | ABU | ||
Robert Kubica | 15 | Ret | 13 | 18 | 11 | Ret | 7 | 13 | 14 | 13 | 8 | 4 | Ret | 8 | 9 | 2 | 10 | |||||
Nick Heidfeld | 10 | 2‡ | 12 | 19 | 7 | 11 | 11 | 15 | 10 | 11 | 11 | 5 | 7 | Ret | 6 | Ret | 5 |
‡ Só se repartiron a metade dos puntos correspondetes por posición xa que se disputou menos do 75% da carreira.
Estatísticas en Fórmula 1
editarPor ano
editarTempada | Nome co que se inscribiu | Chasis | Motor | Pneumáticos | Grandes Premios disputados | Vitorias | Segundas posicións | Terceiras posicións | Poles | Voltas rápidas | Puntos | Posición no Mundial |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | BMW Sauber F1 Team | BMW Sauber F1.06 | BMW P86/6 2.4 V8 | Michelin | 18 | – | – | 2 | – | – | 36 | 5º |
2007 | BMW Sauber F1 Team | BMW Sauber F1.07 | BMW P86/7 2.4 V8 | Bridgestone | 17 | – | 1 | 1 | – | – | 101 | 2º |
2008 | BMW Sauber F1 Team | BMW Sauber F1.08 | BMW P86/8 2.4 V8 | Bridgestone | 18 | 1 | 7 | 3 | 1 | 2 | 135 | 3º |
2009 | BMW Sauber F1 Team | BMW Sauber F1.09 | BMW P86/9 2.4 V8 | Bridgestone | 17 | – | 2 | – | – | – | 36 | 6º. |
Total | 70 | 1 | 10 | 6 | 1 | 2 | 308 |
Por piloto
editarNome | Ano | Grandes Premios disputados | Vitorias | Segundas posicións | Terceiras posicións | Poles | Voltas rápidas | Puntos | Mellor posición no Mundial con BMW Sauber |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nick Heidfeld | 2006–2009 | 70 | – | 6 | 2 | – | 2 | 163 | 5. (2007) |
Robert Kubica | 2006–2009 | 57 | 1 | 4 | 4 | 1 | – | 137 | 4º (2008) |
Jacques Villeneuve | 2006 | 12 | – | – | – | – | – | 7 | 15º (2006) |
Sebastian Vettel | 2007 | 1 | – | – | – | – | – | 1 | 14º (2008) |
Total | 1 | 10 | 6 | 1 | 2 | 308 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 (en castelán) Saward, Joe (2006). "O home máis ocupado da F1?". F1 Racing edición española (84): 42–47. B-4993-1999.
- ↑ 2,0 2,1 (en inglés) BMW reforza o departamento aerodinámico de Sauber, en grandprix.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 (en inglés) Credit Suisse únese a BMW Motorsport, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) Peter Sauber - A F1 non é como unha piscina de quenllas, na páxina de Credit Suisse.[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Participación de BMW en 1952, en f1db.com Arquivado 27 de agosto de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) Participación de BMW en 1953, en f1db.com[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Participación de BMW en 1968, en f1db.com[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Theissen se reúne co Consello de BMW con plan para mercar Sauber, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) Williams - BMW subministraralle motores a Sauber, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Sauber - Aínda non hai acordo con BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW desmente suposta ruptura con Williams, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Mercará BMW a escudaría Sauber?, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Williams non sabe que plans ten BMW, en f1racing.net Arquivado 26 de maio de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Head - Theissen é deshonesto, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Williams - BMW: unha relación 'hostil', en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Williams admite 'rencillas' con BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Rematará BMW o seu acordo con Williams?, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Cooper, Steve (2007). "Metamorfose". F1 Racing edición española (96): 26–33. B-4993-1999.
- ↑ (en castelán) BMW merca Sauber Petronas[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) BMW merca Sauber, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) "Cara a cara: Mario Theissen". F1 Racing edición española (80): 46. 2005. B-4993-1999.
- ↑ 22,0 22,1 (en inglés) Como BMW conseguiu un trato barato sobre Sauber, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) Os plans de expansión de BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ 24,0 24,1 (en inglés) BMW amplía as instalacións de Sauber, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) BMW comeza a expansión de Sauber, en f1racing.net Arquivado 13 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) BMW confirma a venda de BMW, en formula1.com Arquivado 09/07/2008, en Wayback Machine.
- ↑ 27,0 27,1 (en castelán) BMW Sauber F1 Team inscrito na FIA[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) BMW confirma os cartos de Petronas, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) BMW confirma trato con Intel
- ↑ (en inglés) BMW fai un trato con O2
- ↑ (en castelán) Williams quere unha 'resposta' de BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Oficial: Williams - Cosworth no 2006, en f1racing.net Arquivado 09 de marzo de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) De la Rosa interesado en pilotar para BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Hakkinen - Non volverei á F1, en f1racing.net Arquivado 28 de novembro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) BMW ofreceu asento a Schumacher, en f1racing.net Arquivado 28 de novembro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ 36,0 36,1 (en castelán) Fisichella ou Kovalainen a BMW?, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Webber non quiso asinar con BMW Sauber, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Dan Wheldon e BMW, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) Oficial: BMW asina a Heidfeld por tres anos Arquivado 08 de decembro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Oficial: Villeneuve quédase en BMW Sauber, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) MW confirma a Villeneuve, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) Unha reunión en Múnic, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) Villeneuve - Os contratos teñen un grande poder, en f1racing.net Arquivado 29 de novembro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) BMW asina a Kubica como terceiro piloto, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW-Sauber satisfeito cos tests en Barcelona, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW Sauber presenta o novo F1.06, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Debut sen problemas para o F1.06, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW e McLaren terán que modificar aleróns, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW terá que modificar alerón traseiro[Ligazón morta]
- ↑ "Foto das derivas verticais do F1.06 no Gran Premio de Francia de 2006". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2006.
- ↑ 51,0 51,1 51,2 51,3 (en castelán) A FIA prohibe as derivas de BMW, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) "Cando unha boa idea é de súpeto unha mala idea?". F1 Racing, edición española (92): 19. 2006. B-4993-1999.
- ↑ (en castelán) FIA prohibe aleróns verticais de BMW Sauber, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Kubica substituíra a Villeneuve en Hungría, en thef1.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Kubica: Descalificación foi frustrante, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW Sauber rescinde contrato a Villenueve, en f1racing.net Arquivado 28 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ 57,0 57,1 (en castelán) Balance GP de Turquía equipo BMW, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ 58,0 58,1 (en castelán) Balance do GP de Italia do equipo BMW, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Berger ve forte a BMW para o 2007, en gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Theissen: Realizamos moi bos progresos, en gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Theissen: Este ano queremos máis podios, en gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Theissen: BMW vai polo bo vieiro, en gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ 63,0 63,1 (en castelán) BMW confirma os seus pilotos para o 2007, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Albers coquetea con BMW Sauber[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Glock, segundo piloto de probas de BMW, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) BMW presentará o novo F1.07 en Valencia[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Kubica di que o seu forte é a capacidade mental, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Heidfeld, frustrado e indignado co seu equipo, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Brutal accidente de Kubica no GP do Canadá, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ 70,0 70,1 (en castelán) BMW libera a Vettel do seu contrato, en gpupdate.net Arquivado 18 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 71,0 71,1 (en castelán) Vettel substituirá a Speed en Toro Rosso, en gpupdate.net Arquivado 17 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Heidfeld e Kubica liman asperezas, en gpupdate.net Arquivado 18 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) McLaren excluído do mundial de construtores, en gpupdate.net Arquivado 26 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) BMW confirma a Heidfeld e Kubica para 2008, en gpupdate.net Arquivado 25 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 75,0 75,1 (en castelán) BMW libera a Glock para que adestre con Toyota, en gpupdate.net Arquivado 30 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Vietoris probará un BMW Sauber en Valencia, en gpupdate.net Arquivado 19 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Fafus pilotará un BMW Sauber en Valencia, en gpupdate.net Arquivado 25 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 78,0 78,1 (en castelán) Villa e Asmer probarán para BMW en Xeréz, en gpupdate.net Arquivado 03 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 79,0 79,1 79,2 79,3 (en castelán) BMW presentará F1.08 en Múnic, en gpupdate.net Arquivado 23 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) “BMW Sauber appoint new chief designer” Arquivado 30/10/2007, en Wayback Machine. (Formula1.com o 29 de outubro 2007)
- ↑ 81,0 81,1 (en inglés) Fortune Global 500 do ano 2007, do 100 ao 200, en cnn.com
- ↑ 82,0 82,1 82,2 (en inglés) Sauber gaña a batalla de Petronas, en grandprix.com
- ↑ 83,0 83,1 83,2 (en inglés)E para Sauber, agora que?, en grandprix.com
- ↑ 84,0 84,1 (en inglés)Goto e Sauber
- ↑ (en inglés) Larini a Sauber-Ferrari
- ↑ (en inglés) Motores: Sauber Petronas Engineering, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) Sauber, a toda velocidade para febreiro; en grandprix.com
- ↑ (en inglés) Progreso en Sauber
- ↑ (en inglés) Lotus e Malaisia, en grandprix.com
- ↑ 90,0 90,1 (en inglés) Cuestións sobre Petronas, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) Sauber puxando por Mecachrome, en grndprix.com
- ↑ 92,0 92,1 92,2 92,3 92,4 (en inglés) Credit Suisse únese á "batalla dos bancos" da Fórmula 1, en grandprix.com
- ↑ (en castelán) Máis F1 para Credit Suisse, en grandprix.com
- ↑ 94,0 94,1 (en inglés) As compañías tradicionais descobren a Fórmula 1, na páxina de Credit Suisse[Ligazón morta]
- ↑ 95,0 95,1 95,2 95,3 95,4 95,5 (en inglés) Sauber vende as accións de Red Bull a Credit Suisse, na páxina de Credit Suisse[Ligazón morta]
- ↑ (en inglés) Sauber dille adeus a Red Bull, en gpupdate.net
- ↑ 97,0 97,1 (en inglés) Patrocinio estendido, na páxina de Credit Suisse[Ligazón morta]
- ↑ 98,0 98,1 (en castelán) Sauber - O acordo garante unha continuidade ao equipo, en gpupdate.net Arquivado 02 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ 99,0 99,1 99,2 99,3 (en castelán) Credit Suisse deixa de ser Patrocinador de BMW Sauber, en thef1.com Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ 100,0 100,1 (en inglés) Credit Suisse se retira do patrocinio de BMW Sauber, en guardian.co.uk
- ↑ (en castelán) BMW leva o seu Pit Lane Park ás Vegas, en gpupdate.net Arquivado 18 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 102,0 102,1 (en inglés) Toyota dálle o bono da F1 a Intel, en grandprix.com
- ↑ 103,0 103,1 (en inglés) Intel en xogo?, en grandprix.com
- ↑ 104,0 104,1 (en castelán) Intel, indignada, podería ignorar a F1, enn gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ 105,0 105,1 105,2 (en inglés) O contrato con Intel de volta, en grandprix.com
- ↑ (en inglés) [http://www.grandprix.com/ns/ns15610.html McLaren e Intel, é o final antes de comezar?
- ↑ 107,0 107,1 (en inglés) Por que Vodafone escolleu a McLaren en vez de a Ferrari?, en grandprix.com
- ↑ 108,0 108,1 108,2 108,3 (en castelán) Intel e BMW establecen unha ampla colaboración, na web de Intel[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Intel patrocinará a BMW Sauber, en gpupdate.net[Ligazón morta]
- ↑ 110,0 110,1 (en inglés) Por que está Intel en F1?, en grandprix.com
- ↑ 111,0 111,1 (en inglés) BMW decide investir nunha supercomputadora, en thef1.com[Ligazón morta]
- ↑ 112,0 112,1 112,2 112,3 112,4 (en castelán) "BMW gaña a carreira informática". F1 Racing edición española (89): 19. 2007. B-4993-1999.
- ↑ (en inglés) Estudo do caso de BMW Sauber F1, na web oficial de Intel.
- ↑ 114,0 114,1 (en castelán) A velocidade da Alta computación trasládase aos circuítos de Fórmula 1, en idg.es/computerworld[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: BMW Sauber |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de BMW Sauber Arquivado 18 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés).
- Páxina oficial de BMW Motorsport (en inglés).
- Páxina oficial de BMW (en inglés).
- Páxina sobre BMW Sauber na web oficial de Intel, patrocinador da escudaría (en inglés)
- Novas de BMW Sauber na páxina web de Credit Suisse, patrocinador da escudaría (en inglés)
- Páxina web feita por seareiros de BMW Sauber (en inglés).
Os monoprazas de BMW Sauber | |||||||
F1.06 - 2006 | F1.07 - 2007 | F1.08 - 2008 | F1.09 - 2009 |