Avery Johnson, nado o 25 de marzo de 1965 en Nova Orleáns, Louisiana, é un ex xogador profesional e actual adestrador de baloncesto estadounidense. Na NBA adestrou aos Dallas Mavericks, liderándoos ata as Finais da NBA e a catro tempadas consecutivas con máis de 50 vitorias, e ós Nets, tanto en Nova Jersey coma en Brooklyn. Nos seus anos coma xogador, destacou na súa etapa nos San Antonio Spurs, con quen conseguiu o seu único campionato da NBA na tempada 1998-99.

Modelo:BiografíaAvery Johnson

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova Orleáns Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Augustine High School
New Mexico Junior College (en) Traducir
Southern University (pt) Traducir
Universidade de Cameron (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Golden State Warriors
Dallas Mavericks
Denver Nuggets
Houston Rockets
Brooklyn Nets
Seattle SuperSonics
San Antonio Spurs
Cameron Aggies men's basketball
1986–1988 Southern Jaguars men's basketball
Familia
FillosAvery Johnson Jr. Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: CoachAvery6 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Xogador

editar

Na súa etapa no instituto, en 1983, Johnson liderou á St. Augustine High School de Nova Orleáns a unha marca de 35-0 e ao campionato da Class 4A de Louisiana State. Johnson se matriculou no New Mexico Junior College antes de irse á Cameron University, e finalmente á Southern University, na cal no seu ano sénior en 1988 liderou a NCAA con 13.3 asistencias por partido, récord de todos os tempos que aínda conserva. Tras a súa graduación en 1988, Johnson non foi elixido no Draft da NBA dese mesmo ano. Johnson asinaría máis tarde cos Seattle SuperSonics, e pasou os 16 anos coma xogador na NBA, incluíndo etapas nos Denver Nuggets, Houston Rockets, Golden State Warriors, e Dallas Mavericks. Johnson foi todo un trotamundos coma xogador, traspasado moi frecuentemente, ou incluso cortado, a súa etapa máis importante nos San Antonio Spurs (1991, 1992–1993, 1994–2001), en particular o seu papel nos Spurs de 1999 que gañaron o campionato contra os New York Knicks, no cal anotou no 5º partido a canastra que lles deu a vitoria e o título da NBA aos Spurs. Os San Antonio Spurs retiraron o número 6 de Johnson o 22 de decembro de 2007 nun partido na casa contra os Los Angeles Clippers. Foi ademais incluído no "San Antonio Sports Hall of Fame" o 20 de febreiro de 2009.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar