Lingua avéstica

(Redirección desde «Avéstico»)
Avéstico

avesta

Falado en: Persia antiga
Extinción: século VIII; lingua litúrxica en uso
Familia: Indoeuropea

 Indo-iraniana

  Iraniana

   Avéstico
Escrita: Alfabeto avéstico
Códigos de lingua
ISO 639-1: ae
ISO 639-2: ave
ISO 639-3: ave

O avéstico[1] (tamén coñecido como zenda[2], proveniente da palabra avéstica zainti, que significa 'interpretación'[3]) é unha lingua iraniana oriental, próxima ao sánscrito, pertencente á familia das linguas indoeuropeas, empregada na antiga Persia, na que está escrito o Avesta (tamén chamado Zendavesta[4]), o libro sagrado do zoroastrismo.

Características xerais

editar

O avéstico tiña tres xéneros gramaticais: masculino, feminino e neutro e tres números: singular, dual ou plural. Como outras linguas indoeuropeas, o avéstico é unha lingua flexionada: os substantivos declinan en oito casos (nominativo, acusativo, instrumental, dativo, ablativo, locativo e xenitivo).

O alfabeto avestano é unha evolución da escritura palavi tardía que á súa vez deriva do alfabeto arameo.

Estudo

editar

A lingua avéstica segue a ser estudada e empregada como lingua litúrxica zoroastriana. Un dos filólogos occidentais que mostrou interese nesta lingua foi Rasmus Rask, que publicou Om Zendsprogets og Zendavestas Ælde og Ægthed ("Sobre a idade e a autenticidade da linguaxe Zenda e do Zendavesta").

  1. "Dicionario; avéstico-a". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-23. 
  2. "Significado de zenda no Dicionário Estraviz". estraviz.org (en galego-portugués). Consultado o 2022-06-23. 
  3. Barreto, Lima (2017-07-14). Crônicas da Bruzundanga: A literatura militante de Lima Barreto (en portugués). e-galáxia. ISBN 978-85-8474-168-7. 
  4. "Significado de zendavesta no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-06-23. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.