Australidelfos
Australidelphia

Rango fósil: cretáceo - actualidade [1]

Coala (Phascolarctos cinereus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Szalay, 1982
Ordes e Familias
Véxae o texto

Os autralidelfos (Australidelphia) son un clado (magnorde ou superorde, segundo os autores) de mamíferos que inclúe ao redor das tres cuartas partes dos marsupiais actuais, practicamente todos orixinarios da Australasia, coa única excepción da especie Dromiciops gliroides, o popular colocolo, que vive nos bosques de Chile e a Arxentina. Os demais marsupiais americanos son membros do outro grupo ou clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) en que se divide a infraclase dos marsupiais, o dos ameridelfos.

Uómbat común (Vombatus ursinus).
Formigueiro marsupial ou numbat (Myrmecobius fasciatus).
Bandicut coello (Macrotis lagotis).
Dromiciops gliroides, o único australiadelfo americano.

Historia evolutiva

editar

Os australidelfios apareceron na Terra durante o cretáceo no continente austral coñecido como Gondwana (que englobaba a actual Australia, a Antártida e Suramérica), producíndose unha radiación adaptativa por todo o territorio, aínda que con posterioridade desaparecesen de grandes áreas, quedando na actualidade só un representante fóra de Oceanía, o chamado monito do monte (Dromiciops gliroides). E é precisamente a este ao que máis se asemellan as especies máis antigas coñecidas.[2]

En efecto, a análise dos sitios de inserción dos retrotransposóns no ADN nuclear dun certo número de marsupiais mostrou que a liñase do monito del monte é o máis basal do grupo.[3][4]. Os australidelfos forman un clado para o que se propuxo o nome de Euaustralidelphia, aínda que na actualidade o oficial é Australidelphia. As conexións dentro deste grupo seguen sen determinarse.[4].

Os estudos puideron mostrar igualmente que os máis primitivos de todos os marsupiais son as dúas liñaxes suramericanas (Didelphimorphia e Paucituberculata, a primeira delas certamente a máis antiga). Isto indica que os Australidelphia apareceron en América do Sur e que probabelmente alcanzaron Australia nun único episodio, despois da dispersión dos Microbiotheria.[3][4]

Clasificación

editar

O grupo foi descito en 1982 pola antropóloga e zoóloga australiana Alexandra Szalay, no seu traballo "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621–640, en M. Archer, ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.

Comprende as ordes familias seguintes:

Filoxenia

editar

Un cladograma resumido da magnorde é o seguinte:[5][6]—o Magnorde Australidelphia - Szalay, 1982

  |-o Superorde Microbiotheria - (Ameghino, 1889) 
  | `-o Orde Microbiotheria - Ameghino, 1889
  `-o Superorde Eometatheria - (Simpson, 1970)
    |-o Orde Notoryctemorphia - (Kirsch, 1977)
    |-o Orde Yalkaparidontia - Archer et al., 1988 (†)
    |-o Granorde Dasyuromorphia - (Gill, 1872)
    | `-o Orde Dasyuromorphia - (Gill, 1872)
    `-o Granorde Syndactyli - (Gill, 1871)
      |-o Orde Diprotodontia - Owen, 1866 
      `-o Orde Peramelemorphia - (Kirsch, 1968)
  1. Kielan-Jaworowska, Z.; Cifelli, R. L. & Luo, Z.-X. (2004): Mammals from the Age of Dinosaurs: Origins, evolution, and structure. Nova York: Columbia University Press.
  2. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit; Thomson Gale. ISBN 0-8760-7876-6573-8.
  3. 3,0 3,1 Schiewe, Jessie (2010): LATimes.Com Australia's marsupials originated in what is now South America, study says Los Angeles Times, 28 de xullo de 2010.
  4. 4,0 4,1 4,2 Nilsson, M. A.; G. Churakov, M. Sommer, N. Van Tran, A. Zemann, J. Brosius & J. Schmitz (2010): "Tracking Marsupial Evolution Using Archaic Genomic Retroposon Insertions" PLoS Biology 8 (7): e1000436.
  5. Brands, S. J. (comp.) (2005): Systema Naturae 2000. The Taxonomicon Universal Taxonomic Services, Amsterdam, Holanda.
  6. Mikko Haaramo (2007): Mikko's Phylogeny Archive Arquivado 05 de novembro de 2005 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Archer, M., ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.
  • Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.

Outros artigos

editar