Atrás Tigre
Atrás Tigre é un grupo galego de música pop formado en 2016 en Santiago de Compostela. Está formado por Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias (baixo), Pedro Solla (voz e guitarra) e Antón Blanco (batería). O seu estilo foi definido entre o pop C-86, o dream pop e o jangle pop con intensidade shoegaze[1].
Atrás Tigre | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, Galicia |
Xénero(s) | Música pop |
Selo(s) discográfico(s) | Triunvirato |
Membros | Olalla Cociña Xiana Arias Antón Blanco Pedro Solla |
Na rede | |
Bandcamp |
Historia
editarEn 2016 publicaron o seu EP Atrás Tigre, editado en formato casete por Triunvirato, gravado en Laboratorio Soyuz por Máster do Son (Malandrómeda)[2]. En 2017 publicaron o LP Fainos saír (Triunvirato), gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow)[3].
As súas letras teñen unha fonda carga poética, e inclúen versos de Aníbal Núñez, Estevo Creus, Olvido García Valdés e Gonzalo Hermo[4].
Discografía
editar- Atrás Tigre (Triunvirato, 2016; casete)
- Fainos saír (Triunvirato, 2017; LP)
Notas
editar- ↑ Atrás Tigre en La Fonoteca.
- ↑ Atrás Tigre, en La Fonoteca.
- ↑ Fainos saír, en La Fonoteca.
- ↑ «Atrás Tigre: "É aburrido e violento ter unha sorte de obriga de xustificar a música que fas cun sesudo discurso"», entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 7 de xullo de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Atrás Tigre, en Bandcamp.