Asturica Augusta

(Redirección desde «Astúrica Augusta»)

Asturica Augusta foi un cidade romana, capital do Convento Asturicense. A orixe e significado do topónimo antigo Asturica deu lugar a varias teorías, sendo na actualidade un topónimo moi discutido.[1] En época romana recibiu o sobrenome de Augusta, en honor ao emperador Octavio Augusto. Na actualidade correspóndese coa cidade de Astorga, na provincia de León.

Modelo:Xeografía físicaAsturica Augusta
Imaxe
Tipocidade romana Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGallaecia, Roma Antiga e Tarraconense, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°30′N 6°06′O / 42.5, -6.1
Murallas de Asturica Augusta.

A orixe da cidade parece estar relacionada cun campamento romano que se instalou no lugar no ano 25 a. C., con ocasión das Guerras Cántabras. Co Emperador Vespasiano pasou a ser capital do conventus iuridicus asturicense.

A estrutura urbana revela o típico plano campamental, común a outras cidades romanas, con rúas cruzadas perpendicularmente. No século III, como outras localidades hispanas, ante o perigo que supuxeran as invasións francas, rodeouse con murallas, das que subsisten bos lenzos. Non se conservaron restos de monumentos romanos.

A consideración legal da cidade é problemática, pois só aparece como res publica, a pesar de que Plinio o Vello, que a debeu visitar, a alcumou de "urbs magnifica". Tampouco se coñecen os típicos cargos municipais.

Aínda que a relixiosidade, a teor dos restos epigráficos coñecidos, mostra a coexistencia de deuses indíxenas e romanos, cabe salientar que o cristianismo estaba xa ben asentado aquí no século III. Para o efecto, unha consulta realizada arredor do ano 255 desde a próxima León (Legio) e dirixida á Igrexa de África. Na resposta evacuada desde Cartago, sinálanse as sés episcopais de Legio, Asturica, Augusta Emerita (Mérida) e Caesaraugusta (Zaragoza), o que revela a existencia dun núcleo cristián ben organizado, relacionado con África do Norte.

  1. Rodríguez Díez, M; Historia de Astorga. I. León: Celarayn. pp. 3-5. ISBN 84-85378-25-3

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.