Asentamento (estrutural)

O asento ou asentamento[1] nunha estrutura refírese á distorsión ou disrupción de partes dun edificio debido a

  • compresión desigual dos seus fundamentos;
  • encollemento, como o que se produce nos edificios con armazón de madeira cando a estrutura axusta o seu contido de humidade; ou
  • cargas indebidas aplicadas ao edificio despois da súa construción inicial.[2]
Edificio de entramado de madeira que mostra un asentamento considerable, pero tolerable.

Non se debe confundir o asentamento coa subsidencia do afundimento que resulta da redución do nivel do terreo de carga sobre o que se asenta un edificio, por exemplo nas áreas de explotación mineira onde os pozos colapsan baixo terra.

Algúns asentamentos son bastante normais despois de rematar a construción, pero un asentamento diferencial ou desigual ou pode causar problemas significativos aos edificios. Os edificios tradicionais con estrutura de carballo verde están deseñados para asentar co tempo a medida que o carballo se estaciona e se deforma, utilizándose morteiro ou argamasa de cal en vez de cemento Portland polas súas propiedades elásticas, e a vidraza emprega frecuentemente luces de chumbo (pezas pequenas de vidro unidas por perfís de chumbo, unha técnica común na vidraza tradicional) que poden aceptar movementos máis facilmente que os vidros de maior tamaño.

  1. "asento / asentamento". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-07-09. 
  2. James Stevens Curl (2006-03-09). A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture (Oxford Paperback Reference) (en inglés). Oxford University Press, EUA. ISBN 978-0-19-280630-7. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.