Asemblea Rexional de Murcia

A Asemblea Rexional de Murcia (en castelán: Asamblea Regional de Murcia) é o parlamento autonómico da Rexión de Murcia (España), con sede na cidade de Cartagena. Na actualidade intégrana 45 deputados que representan ás cinco circunscricións en que a Disposición Adicional Primeira do Estatuto de Autonomía divide a Rexión. Os deputados son elixidos democraticamente cada catro anos polos cidadáns da Rexión, aplicándose para a súa elección en cada circunscrición o sistema D'Hondt, pero só si a formación do deputado así elixido conta cun mínimo dun 5% de votos en toda a Rexión.

Parlamento autonómico da Rexión de Murcia, situado en Cartagena.

Entre as funcións da Asemblea está o nomear de entre os seus membros ao presidente autonómico, lexislar sobre aquelas materias que son competencia exclusiva da comunidade e aprobar os Orzamentos Xerais da comunidade autónoma.

Circunscricións electorais

editar

A Lei Electoral Murciana resulta sumamente limitadora para os partidos minoritarios ao ser xunto a Asturias unha das dúas comunidades autónomas españolas que estableceron circunscricións electorais inferiores á provincia (co cal resúltalles imposible obter representación en zonas pequenas).

Composición da Asemblea

editar

Tralas eleccións autonómicas de 2011 a Asemblea Rexional de Murcia está composta polos seguintes grupos parlamentarios:[1]

Presidentes

editar

En toda a historia da Asemblea Rexional houbo cinco presidentes distintos, catro deles do Partido Socialista e un do Partido Popular.

Miguel NavarroCarlos Collado
  1. "Deputados Rexionais - VIII Lexislatura". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar