Ascalón
Ascalón (en hebreo: אַשְׁקְלוֹן, Ashkelon; en árabe: عسقلان Asqalun) é unha cidade de Israel, situada a 56 km ao sur de Tel Aviv e a 73 km ao suroeste de Xerusalén. Atópase á beira do mar Mediterráneo e preto do deserto do Néguev. A cidade goza dun clima especialmente agradable, tanto fresco como seco. Os días chuviosos son raros e posúe unha das praias de areas máis finas do país, así como innumerables lugares de entretemento. Mencionada na Estela de Merenptah, floreceu baixo o réxime de gregos e romanos. Herodes agrandou e embeleceu en gran medida a cidade, a cal se cre que foi o seu lugar de nacemento. Plinio o vello fala no seu tempo dela como cidade libre.[1]
אַשְׁקְלוֹן (he) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | Israel | ||||||
Distrito | Distrito Sul (pt) | ||||||
Subdistrito | Ashkelon Subdistrict (en) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 134.454 (2016) (2.801,13 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 48 km² | ||||||
Altitude | 10 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 950 a. C. | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde | Tomer Glam (pt) | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 78*** | ||||||
Fuso horario | |||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Côte Saint-Luc (pt) Sopot Pankow (en) Entebbe (pt) Portland Baltimore Aviano (pt) Vani (pt) Xinyang (pt) Iquique Aix-en-Provence Sacramento Kutaisi (1987–) | ||||||
Sitio web | ashkelon.muni.il… | ||||||
Algúns xudeus permaneceron en Ascalón cando esta se converteu nunha cidade cristiá baixo o réxime bizantino. Tomada polos musulmáns en 638, estaba tan ben fortificada e defendida que os cruzados non puideron conquistala ata 1153, cando aínda quedaba unha pequena comunidade xudía no lugar. Destruída completamente no 1270 polo sultán Baibars, estivo abandonada durante séculos e ficou esquecida a súa localización. A cidade foi buscada sen éxito pola exploradora británica Hester Stanhope en 1830.
A vila árabe de al-Majdal ou al-Majdal Asqalan (árabe: المجدل; hebreo: אל-מג'דל, מגדל), foi establecida a uns poucos quilómetros cara ao interior da cidade histórica do século XV, baixo goberno otomán. En 1920 pasou a formar parte do Mandato británico de Palestina. Al-Majdal tiña unha poboación de 10.000 habitantes antes da guerra árabe-israelí de 1948, e en outubro de 1948 a cidade acollía a centos de refuxiados das localidades veciñas.[2] Al-Majdal serviu de posto avanzado para as forzas exipcias asentadas en Gaza.[3] Finalmente foi conquistada polas forzas israelís o 5 de novembro de 1948, e para entón a maioría da poboación árabe xa abandonara a cidade,[4] deixando só 2 700 habitantes, dos cales 500 foron deportados polas tropas de Israel en decembro dese ano.[4] A cidade pasou a coñecerse como Migdal Gaza, Migdal Gaz e Migdal Ashkelon polos novos habitantes xudeus.
En 1953 o asentamento veciño de Afridar quedou incorporado e readaptouse o nome Ascalón para a cidade. En 1961 Ascalón foi situada no posto 16 entre os centros urbanos de Israel, cunha poboación de 24.000 habitantes.[5] En 2016 a súa poboación era de 130.660 habitantes.[6]
Notas
editar- ↑ Plinio el viejo Historia Natural libro V -68.
- ↑ Masalha, Nur (2012). The Palestine Nakba: Decolonising History, Narrating the Subaltern, Reclaiming Memory. Londres: Zed Books, Limited. pp. 115–116. ISBN 1848139705.
- ↑ Morris, Benny (2008-10-01). 1948: A History of the First Arab-Israeli War (en inglés). Yale University Press. p. 331. ISBN 0300145241.
- ↑ 4,0 4,1 B. Morris, The transfer of Al Majdal's remaining Palestinians to Gaza, 1950, in 1948 and After; Israel and the Palestinians.
- ↑ Golan, Arnon (2003). "Jewish Settlement of Former Arab Towns and their Incorporation into the Israeli Urban System (1948–1950)". Israel Affairs 9: 149–164. doi:10.1080/714003467.
- ↑ "Censo de Israel" (PDF) (en hebreo). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ascalón |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Concello de Ascalón (en hebreo)
- "Ashkelon, ancient city of the sea", National Geographic, Xaneiro de 2001 (en inglés)
- Antigo Ascalón Arquivado 24 de abril de 2008 en Wayback Machine.—Universidade de Chicago
- Imaxes de Ascalón
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |